Hai polémica! Podemos escribir PULPO en galego?

O concello do Carballiño, onde se celebra a famosísima Festa do Polbo, solicitoulle á Real Academia Galega que inclúa no dicionario galego o nome do produto protagonista desta senlleira festa, que este ano celebrará a súa edición número 52.

Evidentemente o nome dese cefalópodo xa está incluído no noso dicionario, “polbo“. O problema é que o Concello do Carballiño quere que a Academia inclúa no noso dicionario o nome en español, “pulpo“. A razón que argumenta é que “sempre foi pulpo”. Como sempre foi “cuchara”, e “sartén”, e “silla”, e… podemos argumentar nós.

Pero o preocupante é a resposta do presidente da Real Academia Galega: non se pronuncia. Alonso Montero di que a decisión deben tomala “especialistas en lexicografía”.

Deberán tamén decidir eses especialistas, algún día, a inclusión de El Roblecito, en troques de O Carballiño, na toponimia galega?

FONTE: SERMOS GALIZA

GRAZAS, ANXO, POR ESTE MAGNÍFICO DOCUMENTO SOBRE O GALLEGO DA RAG!

Advertisements

35 opiniones sobre “Hai polémica! Podemos escribir PULPO en galego?

  1. Se na nosa língua xa temos un termo para designar unha cousa non creo que debamos aceptar un termo de outras língua seca o castelan ou calquera outra. A explicación que dan os do Carballiño non é nin medio aceptable, porque se alguien usa mal a língua e se colle a costumbre tense que dar por bo e aceptalo? Se a Académia acepta iso sería unha pau moi grande as nosas normas lingüísticas por parte de quen se supon que a defende.

    Gústame

  2. Pois eu sinto moito pero creo que engadir a palabra pulpo ao dicionario non me parecería mal. É máis, eu creo que esas palabras anteriores todas deberían formar parte do gallego porque os idiomas avanzan por influencias doutros idiomas, e se neste século lle tocaron as influencias do castellano pois haberá que asumilo. Acaso o gallego-portugués non foi derivando no gallego que coñecemos hoxe? Pois eu creo que as futuras xeracións deben coñecer o gallego actual e non ese gallego inventado.
    Teño ou non teño razón?

    Gústame

    1. Querida Dolores de LaCoru: O que ti propós é que a Academia oficialice o castrapo. É dicir que o galego non vale como lingua de seu, senón que é unha mestura ou unha forma de castelán mal falado, como dicían durante a ditadura franquista. E logo por que non lle pides á Academia española que oficialice o español de Galicia, cheo de galeguismos? No si? De aquella estarías contenta?

      Gústame

  3. Non concordo co que vostede di, admin. Na dictadura iso dicíase por uns motivos determinados que hoxe por hoxe non se dan, pois tampouco hai censura lingüística como daquela. E se o que hai que facer é oficializar o castrapo, pois que así sexa, aínda que eu non lle chamaría dese xeito, xa que creo e manteño que o que vostede denomina castrapo como nome pexorativo, para min é unha simple continuidade e evolución do idioma. Todo idioma foi e continúa sendo influenciado por outros e iso será inevitable.
    En canto a da época de Franco, hoxe en día penso que adquiriría outro carácter, na vez de avergonzarse de falar como vostede di que se falaba, un castelán mal falado, sentiríase o orgullo de falar un galego normativo, correcto e co que a maioría da poboación se sentiría identificada deixando así de lado argumentos como “iso que ti falas é un galego inventado”, entre outros.

    Gústame

  4. Na miña opinión admitir a palabra pulpo no noso dicionario supón a entrada de máis palabras castelás na nosa lingua…E polo tanto, contaminación da mesma… O galego xa está sufrindo bastante contaminación lingüística co castelán, o que provoca que se perda vocabulario da nosa lingua e que pouco a pouco vaia desaparecendo… Ademáis de que o feito de que “sempre se dixo así” non é un argumento… Estou segura de que as persoas que defenden isto non teñen nin a menor idea da situación do galego, nin o que supon engadir esta palabra ao dicionario, cousa que parece un feito sinxelo e sen importancia.
    Por outra banda, non considero correcta a actitude do presidente da RAG respeto a este tema… Creo que debería pronunciarse en defensa do galego… Ou como mínimo pronunciarse.

    Gústame

  5. A min sempre me gustou iso de CONTAMÍNAME. Gosto da mestizaxe e considero que persoas e linguas enriquecémonos mesturándonos, aprendendo unhas de outras. Perdemos o medo ao descoñecido, coñecéndoo. Pero unha cousa é enriquecer a nosa lingua coa palabra “tortilla”, que o galego non posúe, e outra substituír unha palabra propia como “polbo” por outra allea como “pulpo”. Cando os termos non existen na nosa lingua, son préstamos que nos enriquecen (chocolate, cheminea, millo, pataca, pallaso…); pero se xa temos as nosas propias palabras (vestíbulo, cadeira, coitelo, corredor, pobo…) substituílas por outras alleas (hall, silla, cuchillo, pasillo, pueblo…), empobrécenos, pois colaboramos na substitución da nosa lingua por outra. Abandonamos o noso patrimonio. Deixamos de ser nós!

    Gústame

  6. Desde o meu punto de vista a palabra pulpo non debe incluirse no dicionario da Real Academia Galega e menos co argumento sempre foi así. Se sempre foi así é porque o galego é unha lingua con interferencias lingüísticas do castelán maioritariamente debido ao proceso castelanizador que unha vez sufrimos. O concello argumenta que “pulpo” é igual que “chuchara” ou “silla”, e niso ten razón pois todos eles son termos denominados castelanismos, pois son termos que aparecen na nosa lingua substituíndo aos termos autóctonos como neste caso serían “polbo” ou “cadeira”. Como xa dixen ao comezo, para min este termo non debe estar na RAG senón na RAE

    Gústame

  7. Non creo que o normal sexa aceptar termos doutra lingua na nosa,xa que outras linguas non habían aceptar os nosos termos na súa,ou acaso sí?
    Pero tamén vemos que nestes casos non temos ningunha defensa, nin moito menos do noso querido presidente da RAG, pero nestes casos tamén podemos ver quen está onde está porque a lingua lle interesa e non quere que sexa contaminada ou quen tan só está aí polos cartos que leva ao cabo de cada mes, porque polo que defende a súa lingua, o seu patrimonio, a súa cultura non debería estar aí.Tamén cabe dicir que é moi vergonzoso que nin tan sequera se pronuncie, aínda que non queira tomar unha decisión, poderíase pronunciar, para que os galego-falantes puidesemos ter unha defensa na contaminación de palabras doutras linguas, que nos fan perder os nosos propios termos, o noso patrimonio….
    Dolores de la Coruña, non comparto a túa opinión, pero eu creo que non hai moito máis que dicir con tan só mirar para o nome da túa conta vese que amosas claramente que debes utilizar o castelán no teu día a día, porque senón non se che ocorrería poñerlle ese nome á túa conta. Por iso xa non debemos intentar facerche entrar en razón dicindo que non debemos aceptar termos doutras linguas no noso idioma, pero eu non vou dicir máis e moito menos pronunciarme nese tema contigo, por un momento vou xogar ao xogo do presidente da RAG.

    Gústame

  8. Home, a min… Como que me da igual si lle chamas “pulpo” ou “polvo” porque eu chamar chámolle pulpo sempre, pero metelo na Real Academia Galega como termo, xa non me parece ben, porque esa palabra non é nosa.

    Gústame

  9. Estimada Jenny:
    Que non te asoballen os prexuízos! Pois que non escriba ou fale con corrección ou cultamente como moitos de vós facedes non significa que sexa castelán falante habitual. A túa argumentación só serve para facer a miña máis forte, significativa e verdadeira, pois ti utilizaches moi correctamente a túa liberdade de opinión, mais non quixeches (ou non poideches?) mostrar uns argumentos alleos a sinxelas opinións para contradicirme ou para mostrar o meu suposto erro. Decántaste polo cómodo, prexuzgas sen fundamentos e como mellor acolchado para finalizar un comentario que pouco che interesa profundizar ou ben do que só coñeces por ruxe-ruxes. Tiras a pedra e agochas a man.

    Gústame

  10. Perdoa, no comentario anterior faltoume unha aclaración nas últimas oracións. Dicía, estimada Jenny que te decantas polo cómodo, prexuzgas sen fundamentos e como mellor acolchado para finalizar un comentario que pouco che interesa profundizar ou ben do que só coñeces por ruxe-ruxes optas por un silecio imitando ao presidente da RAG que nas liñas iniciais criticas. Non che parece algo incoherente? Ou debería dicir, vergonzoso? Tiras a pedra e agochas a man.

    Gústame

  11. Ola!
    Estiven lendo os diferentes comentarios e opinións, e finalmente caín na tentación de escribir algo. Eu estou dacordo coa opinión de Dolores de A Coruña. Eu creo coma ela que se debe aceptar a que vos chamades contaminación, e que eu denominaría contaminación negativa cara o galego segundo os argumentos de Carme e Cristina Lourenzo. As linguas están expostas a esa contaminación, mais neste caso é contaminación positiva pois se agrupacións como a RAG apoiaran estas polémicas, a xente galego falante coma min que o único galego que aprendeu foi o que os seus abuelos e os seus pais lle ensinaban, sentiríanse menos discriminados e identificados como ben menciona Dolores.
    E polo resto de opinións, ningunha me convence porque me parecen simples comentarios dunha tarefa de clase que mandou o profesor facer e que se fan de pasada, salvo a de Dolores, admin, Cristina Lourenzo e algo a de Jenny.
    Aínda así, eu apoio a Dolores.
    Di que si Dolores!! Que non cambien a túa opinión estas sinxelas críticas! Eres a voz que me representa!

    Gústame

  12. Si os teus avós e os meus aprenderon así o galego é porque non tiveron posibilidades de acceder a aprender normativa do galego, que é moi recente por certo… E non creo que se sintan incómodos porque agora existan dicionarios, libros e por fin o galego teña unha norma culta. Se comezamos a engadir termos do castelán ao noso dicionario, acabarase dicindo que é un dialecto. Insisto, “porque sempre se dixo así” non é un argumento…

    Gústame

  13. Sempre me pareceu unha barbaridade ter que cambiar a túa forma de expresarte según a clase social a que te dirixas,eu non me sinto discriminada por falar galego, e como case todos os galegos falantes non o facemos según a normativa e vexoo como un atentado a intención de integrar palabras casteláns na nosa lingua, sinceramente dame igual que sexa pulpo ou polvo pero porque ahora nos obrigen a cambiar a nosa forma de falar según a normativa o pobo seguirá falando como se falou sempre.

    Gústame

  14. Creo que teñen que dar unha razón con máis peso, “porque sempre se dixo así…..” non é suficiente.
    Na nosa língua o termo é “polbo”, entón, debemos dicilo así, sen darlle máis importancia, e se non lle dámos importancia, tampouco será polémica.
    A Real Academia, tería que contestar o que calquera persoa contestaría, en galego xa hai un termo co que se denomina este cefalópodo, polo tanto
    será “Festa do Polbo”.

    Gústame

  15. Eu estou de acordo con que si xa hai un termo que nomea o significado da palabra “polbo” non faga falta introducir un ca palabra pulpo. Volvemos ás mesmas de minorizar o galego introducindo castelanismos, e se se lle deixa despois pedirán máis e máis … e xa o galego pasariía a segundo plano como a maior parte das veces.
    Eu desde logo tamén lle chamo pulpo pero sei que é un castelanismo, pero tamén sei que en galego é polbo, así que debe seguir estando recollida a palabra “polbo”.

    Gústame

  16. Considero que engadir a palabra “pulpo” ao dicionario non é unha mala idea, xa que se fala de maneira distinta en diversos lugares de galiza. Eu falo galego desde que nacín e sempre dixen “pulpo”, en vez de “polvo”. Na miña opinión, este tipo de cousas non inflúen de ningunha maneira na nosa lingua.

    Gústame

  17. Non me parece ben que se engada a palabra “pulpo” ao noso dicionario, xa que nós xa temos unha palabra para denominar ese cefalópodo, e iso sería incluír castelanismos na nosa lingua.

    Gústame

  18. A min non me parece ben que se engada a palabra “pulpo” porque nós xa temos o noso idioma para chamrlle ás cousas polo seu nome, e se nos engaden máis castelanismos pódese acabar perdendo o galego.

    Gústame

  19. Toda lingua ten norma propia e vocabulario propio e paréceme unha falta de respeto que se comece a aceptar termos casteláns na Real Academia Galega xa que se así fora, converteríamonos nun dialecto do castelán.

    Gústame

  20. Pareceme moi mal que queiran engadir a palabra «pulpo» ao dicionario co argumento ese de que «porque sempre se dixo así…..» É certo que non falo galego normativo , e digo pulpo, tamén digo silla e digo Jueves e digo Miércoles e digo mil castelanismos, pero sei ben que está mal dito. Non sei porque queren engadilo ao dicionario, se non lle queres chamar polbo, chámaslle pulpo, porque se hai que engadir no dicionario todas as palabras que dicimos en castelán o galego desaparece.

    Gústame

  21. Non estou de acordo en que se engada unha nova palabra cando xa hai unha, non hai por que meter máis palabras castelás na nosa lingua.

    Gústame

  22. Paréceme unha falta de respeto porque xa hai moitas palabras en castelán no noso dicionario e moi pronto perderase a nosa lingua.

    Gústame

  23. As linguas evolucionan, iso está claro, pero empezar agora engadindo castelanismos no galego cando a nosa lingua xa está bastante desprestixiada non me parece moi ben. Pero ben, cada un ao seu. O que está claro é que, coma sempre, nós non imos facer nada.

    Gústame

  24. Non me parece correcto que intenten incluír a palabra pulpo, xa que é un castelanismo. Tampouco me parece unha razón válida a que argumentan “sempre foi pulpo”. Claro que sempre foi pulpo e tamén cuchara, sartén e silla e falamos desta forma e aínda por riba pensamos que falamos galego. Non podemos dicir eu falo galego pero digo pulpo xa que nin falas galego nin castelán.

    Gústame

  25. Na miña opinión considero que non é necesario engandir unha palabra do castelán ao noso dicionario pola simple razón de que xa a temos no noso propio idioma.
    “Sempre se dixo así” non é un argumento de peso, con iso o único que conseguirían e darlle outra patada á nosa lingua, por estas cousas é polas que se vai aplastando, non deberiamos deixar que o castelán seguise a contaminar a nosa lingua, deberíamos protexela e non estropeala!
    Tamén me parece vergonzoso que o presidente da Real Academia Galega nin sequera se pronuncie xa que el tería que ser o máximo defensor das palabras tal e como están XA recollidas no dicionario.

    Gústame

  26. Eu non considero que se deba engadir “pulpo” ao dicionario, se xa temos palabra para referirnos ao “cefalopodo” sería poñer máis castelanismos. Se alguén o di mal como os do Carballiño non se pode aceptar porque usen mal a lingua.

    Gústame

  27. Non me parece ben que a unha festa de Galiza non se lle poida chamar “Festa do polbo” e si “Festa do pulpo”, con tantos castelanismos vaise acabar perdendo a nosa lingua

    Gústame

  28. Estou totalmente en desacordo, se xa temos unha palabra que é a correcta en galego “polbo” para que precisamos meter castelanismos como “pulpo” na nosa lingua? O único que se consigue facendo isto é minorizar a nosa lingua. E respecto aos motivos que argumenta o Concello de Carballiño se seguimos nesa liña a nosa lingua desaparecería por completo, se sempre se dixeron esas palabras foi porque non che ensinaban o galego normativo na escola e ademáis as linguas vanse actualizando.

    Gústame

  29. Aquí por esta zona do Barbanza e máis na miña familia sempre escoitei de meus avós, meus pais.. chamarlle pulpo porque sempre foi así chamado. Eu, cando vou comer o pulpo ou o polbo chamolle ir a unha pulpería non sei que calificativo se empregaría ¿polberia? non sei, a min persoalmente non me soa moi ben.
    Por iso é que a min gustaríame que pulpo tamén aparecera no Dicionario da Real Academia Galega porque é o nome que para min e o mais comun e que pa min ten mais historia a que tamen mantendo a palabra en galego polbo.

    Gústame

  30. Tócame, pois, concluír…
    Angela, vexo que non te aclaras nin contigo mesma. En que quedamos? Ves como “un atentado integrar palabras castelás” pero “que non nos obriguen a cambiar a nosa forma de falar impoñendo a normativa”? Isto é unha contradición en si mesma.
    Rodrigo, se “ese tipo de cousas non inflúen de ningunha maneira na nosa lingua”, por que non substituímos todas as palabras galegas polos termos casteláns que usamos a cotío? Por que non introducimos de vez no noso dicionario “silla”, pasillo”, “tenedor”, “puerro”, “merluza”, “plato”, “servilleta”, “pueblo”, “iglesia”, “Dios”, “miércoles”, “lunes”, “estuche”… se son as palabras que usamos cada día? Talvez porque quedariamos sen lingua?
    E, por outra banda, por que non pedimos que a Real Academia Española introduza no seu dicionario “y luego”, “de aquella”, “no te me pongas así”,”o no?”, “reseso”, “ya voy yendo”, “rajo”, “moza” … se son as palabras que usamos cada día falando en español?
    Ou é que ti cres que a xente só ten eses problemas co galego? Que os galegos só falan mal o galego? Digo eu que un galego-falante falará peor o castelán, ou non?
    Que cres que che responderían os académicos da lingua española?
    Borxa, como xa dixo ao comezo Carme e repetiuse en moitos comentarios, “que sempre fose así” non é un argumento. Sempre as mulleres sufrimos a violencia machista… Sempre houbo corridas de touros… Sempre os negros foron escravos… Sempre se asegurou (até o séc. XVI, con Copérnico e Galileo) que a Terra era o centro do Universo e o sol xiraba arredor dela… Sempre os pais mallaron nos fillos para que os “respectasen” e os mestres para que aprendesen que “a letra con sangue entra”… Sempre, sempre, sempre. Que argumento é ese?
    Por que cres que os teus avós (coma os meus) ou os teus pais (coma os meus) usaban e usan “pulpo”? Que escola tiveron? Recibiron formación en galego? En que lingua aprenderon a ler e a escribir? Cres que se o galego tivese unha historia “normal” cabería esta discusión? Cres que cabe a posibilidade de discutir o mesmo con respecto ao español?
    Acabo.
    Ahinoa, fago miñas as túas palabras, pódese dicir máis alto, pero non máis claro. Di que si!

    Despídome con dúas versións axigantadas do asunto “pulpo”. Ironías miñas…
    “…pues mi mozo te me va a aprender a cocinar, porque ya te estoy harta de ir comer fuera; lo que no te sé es si daré hecho la receta de rajo con pan reseso que el te quiere que le haga”.
    “…a miña novia vaicheme enseñar a cociñar. Xa che estou farto de ir comer fóra ao restorán todos os días de Dios. O que non che sei é se che darei feito a receta esa da lubina rechea de merluza, puerros e berenjenas, con lechuga e patacas fritas…”

    En que lingua veño de escribir? En que lingua falas ti?

    Gústame

  31. Creo que xa quedou máis que argumentada a posición en contra de que o “pulpo” entre a formar parte do noso dicionario! Que falemos con castelanismos ou ao revés non quere dicir que estea ben feito!
    Sempre tan irónico o admin.!

    Gústame

  32. Coa cantidade de desvíos que existen no galego é utópico pretender que se fale maioritariamente o normativo, aínda que o cartel se cambiara e puxera “Festa do polbo” só os máis sibaritas lle chamarían como tal, pois para eles a perrona, e se con iso logran realmente erradicar ese castelanismo, mellor que mellor.

    Gústame

Comentarios pechados.