O poema inédito de Rosalía xa vira a luz na revista dun instituto de Noia

Dinche o corazón na man

 

A Real Academia Galega fixo público, a semana pasada, o descubrimento de poemas inéditos de Rosalía de Castro. Os textos manuscritos da nosa máis grande autora, foron editados polo secretario da Academia, Henrique Monteagudo, e pola investigadora Mª X. Lama, nunha publicación baixo o título Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro.

A descoberta céntrase en tres poemas escritos en castelán, que formarían parte dunha derradeira obra da autora, Postrimerías, que Rosalía non chegaría a concluír porque a morte levouna antes. E un poema escrito en galego, na mesma época en que escribira Cantares Gallegos, obra da que se ven de celebrar ao longo de 2013 o seu 150 aniversario.

Este poema galego, Dinche o corazón na man,  é o responsable da polémica, pois a Academia deuno a coñecer como inédito se ben fora xa publicado en xullo de 2013 na revista do Instituto Virxe do Mar de Noia, coñecida como Casa da Gramática.

Ante esta información, o profesor Henrique Monteagudo fixo pública, na páxina web da Academia, unha NOTA ACLARATORIA SOBRE O POEMA “DINCHE O CORAZÓN NA MAN”, na que recoñece que non tiña coñecemento da publicación previa e que, polo tanto, o devandito poema non era totalmente inédito. Ademais felicita ao profesor Ramón Torrado, a quen corresponde o mérito de telo publicado por vez primeira.

PARA SABER MÁIS:

Advertisements