Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro

O xoves, 16 de xaneiro presentouse publicamente o
descubrimento de textos poéticos inéditos de Rosalía de
Castro
. Trátase de manuscritos autógrafos (isto é, escritos

pola propia autora) que conteñen versos descoñecidos
seus (poemas e fragmentos) e que botan nova luz sobre
os inicios da súa carreira poética en galego e -dun xeito
especialmente revelador- sobre os últimos pasos da súa
obra en castelán.
É esta unha novidade que pon un brillante ramo ás
conmemoracións do ano do sesquicentenario de Cantares
Gallegos
e que sen dúbida será de grande interese tanto

para os investigadores e investigadoras da obra rosaliana
coma para a xeneralidade do público galego, dada a
significación especial da autora.

FONTE: REAL ACADEMIA GALEGA

OBRA: Manoscritos inéditos de Rosalía de Castro. H. Monteagudo e Mª X. Lama

PARA MÁIS INFORMACIÓN: SERMOS GALIZA, PRAZA PÚBLICA

Advertisements

Unha opinión sobre “Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro

  1. Que atopasén eses escritos tan valiosos de Rosalia, para os que estudan a sua traxectoría maís para os seus lectores debe ser magnífico, xa que este texto como ben din son dos seus inicios como poeta. A foto do texto vese moi desgastada claro se vé que o escrito xa ten os seus anos. Rosalia no meu punto de vista fixose famosa por ser censurada en moitas das suas obras escritas en galego, na época dos seus comezos como poetisa só se podia escribir en castelán, pero alguns das suas obras escritas nese castrapo da antiguedade son mágnificas.

    Gústame

Comentarios pechados.