A edición de libros en galego caeu un 36% nos cinco últimos anos

 Un informe do Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura, revela que a edición en galego continúa a descender, acumulando unha caída do 36% dende 2008. O sector do libro xera en Galicia uns 190 postos de traballo, pero en 2012 perdéronse un 18,6% dos empregos. En total, 39 postos de traballo menos, acumulando unha caída de 101 traballadores dende 2009.

O Observatorio sinala que “o número de títulos editados en galego tocou fondo no ano 2012, con 1.322 títulos editados”. O galego está moi por baixo do catalán (9.326) e por primeira vez é superado polo éuscaro (1.810) en número de títulos. En 2008 acadouse un máximo, con 2070 títulos publicados en galego, setecentos máis que o pasado ano. O informe subliña que aínda que o contexto xeral de caída é global para todas as linguas do Estado, “a lingua máis afectada é a galega”.

INFORMACIÓN TIRADA DE: PRAZA PÚBLICA