ACABOU O CURSO…

O curso foi longo e chuvioso, pero chegou o final, agás para a chuvia…

Agora toca facer balance, volver a ollada ao labor realizado e avaliar os resultados así como o proceso. A meta xorde sempre como o obxectivo a conquistar, mais o que realmente nos enriquece e nos axuda a medrar como persoas é o camiño que percorremos cara a esa meta, final que moitas veces non acadamos; pero iso non supón que non tivesemos camiñado…

Avaliado o voso proceso de ensino-aprendizaxe, avaliado o voso percorrido ao longo deste curso; neste relanzo do camiño, facemos unha breve parada para tomar folgos, volver a ollada ao treito andado e preguntarvos as vosas impresións arredor do labor que vimos de realizar conxuntamente.

Agora correspóndevos a vós avaliar o meu labor docente.

Deixovos a seguinte enquisa para que a cubrades con “cabesiña”…

BO VERÁN, AÍNDA QUE CHOVA!

SE PREFERIDES, PODEDES TAMÉN REALIZALA AQUÍ

Advertisements