O meu paso polo Félix Muriel (por Sara Roo)

Aquel verán tardou moito en pasar.
Cando cheguei era unha das máis cativas, toda asustada coas miñas
amigas do colexio. Chegamos con ganas de comer o mundo, con ganas de que
ter a primeira clase, de comezar xa.
A primeira vez que pasaron lista para saber que clase nos ía tocar, con
que nía estar, comíanme os nervios. Ese día marcaría todo o meu ano de
estudo. Por sorte, tocoume con elas, coas miñas amigas, uf! E os profesores
resultaron bastante levadeiros.
Cando comezaron as clases, tomeinas con moi bo humor, (só ao
principio), pois co paso do curso foi caendo unha certa monotonía rotineira
sobre nós. As clases comezaron a ser máis aburridas, sobre todo Sociais.
Esperabamos a chegada das vacacións con ansiedade e iso que só eramos
ananas de primeiro da ESO.
As vacacións ían pasando e o curso fuxía. Nós viviamos agobiadas
polos exames, pero todo foi ben. Ao remate do curso, eu estaba feliz, non tería
que volver por alí en setembro ! Non volvería a ver aquelas paredes ata que
comezara o próximo curso.
O verán pasou máis rápido do esperado.
De novo comezaron as clases! Agora xa non tiña tanto “entusiasmo” como a primeira vez. Xa sabía como era o instituto, sabía os profesores que ía ter, e os compañeiros intuíaos.
Desta volta tocoume unha clase máis animada, 2ºE. Esa letra non tiña boa fama no instituto. Cada curso, a xente á que lle tocaba a letra E era a máis rebelde, a das notas máis baixas, a que pasaba mási tempo en xefatura que na aula. Por non variar, o ano que me tocou a min non foi diferente. Había algún que outro repetidor na nosa clase e todas nos deixamos levar… atendíamos menos, as nosas notas baixaban, pero as clases eran máis divertidas e levadeiras, agás para os profesores, claro!.
Ao final do curso, aínda ue aprenderán a “levarnos”, os profesores xa estaban fartos da nosa clase e estou ben segura de que desexaban tanto coma
nós que rematase o curso. Chegaron as notas e, outra vez, viñan todas aprobadas. Iso regalábame un verán moi aliviado.. Polo visto os profesores eran máis comprensivos do que eu cría.
O verán volveu voar.
Terceiro curso! Agora si que había máis emoción, novos compañeiros, materias novas..Aínda que máis para diante averiguaría que iso non ía ser bo. Cambiamos de pavillón! Xa non eramos os grandes do pavillón pequeno, senón os pequenos do pavillón grande.
O cambio foi notable, terceiro era moito máis complicado que segundo! Con estudar o día antes do exame non chegaba. Os profesores xa non nos consentían tantas cousas, pois xa eramos grandiños para saber o que
facíamos e para asumir responsabilidades. Tiñamos que tomar as cousas en serio, áinda que daquela nós seguíamos sen decatarnos, só queríamos pasalo ben e que o curso fora o máis levadeiro posible.
Empecei a odiar certas materias, como Tecnoloxía, como Física e Química. Outras, como Matemáticas, Galego ou Francés eran “divertidas”, todo o “divertida” que pode ser unha materia no instituto.
De novo rematou o curso. Outra vez o boletín escolar e, por primeira vez dúas suspensas, como non! Tiñan que ser Tecnoloxía e Físic e Química. Ese verán non había ser tan bo como os anteriores.
Ese verán non vou, só pasou.
E comezou cuarto. O meu último ano da ESO e o meu derradeiro ano no instituto. Tiña que tomalo en serio, pero non foi así. A clase que me tocou en sorte non era precisamente a mellor, mesmo era peor que a que tivera en segundo. O primeiro trimestre leveino moi ben, a pesar de que suspendín dúas materias, pero atendía na clase e caíanme ben todos os profesores, ou case todos…
No segundo trimestre cambiáronme de sitio. Iso foi a miña perdición! Deixei de atender porque estaba seguido a xogar co meu compañeiro. E as notas notárono: Catro suspensas!
Por fin chegou o terceiro e último trimestre!. Xa só faltaban tres meses para o verán… e para París! Si, este ano por fin ían facer excursión de fin de curso! Nestes últimos meses decidira aplicarme máis. Cambiáronme ao
compañeiro, pero con ovo a cháchara ía a máis. Só atendía un chisquiño, o suficiente para recuperar dúas das suspensas.
E chegou o final de curso, e chegaron as notas. Sigo con Sociais
suspensa (rabia!) e uniuselle o Inglés (máis rabia!).
O verán volverá a pasar lento.
Para o ano xa non estarei neste instituto, e botarei de menos moitas
cousas: ás miñas amigas, a moitos dos meus compañeiros e, aínda que soe
raro dicilo, tamén a algúns profesores, pois non todos son odiosos