Nada de “correlingua” nos telexornais da tvg

Desde o 2 ata o 16 de maio, tiveron lugar nas cidades galegas e noutras localidades, as marchas do “Correlingua”, percorridos simbólicos de milleiros de escolares por Galicia en defensa do noso idioma.
Así o recolleron os distintos medios de comunicación nalgunhas das cidades, resaltando a participación multitudinaria (por exemplo, en Vigo 3.000 persoas) e o ambiente festivo e pacífico en tóda-las convocatorias.
http://www.atlantico.net/noticia/242250/correlingua/vigues/congregou/mais/3000/escolares/
http://www.sermosgaliza.com/artigo/lingua/milleiros-de-escolares-percorren-a-coruna-no-correlingua-defendendo-o-galego-como-chave-para-estar-no-mundo/20130513142050014825.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/05/13/correlingua-fai-do-canton-ferrol-unha-porta-aberta-ao-futuro-do-galego/0003_20130520130513193658214.htm
http://www.laregion.es/noticia/252619/lingua/correu/ourense/
http://elprogreso.galiciae.com/nova/248490-defensa-gallego-vuelve-muralla-lugo
Durante eses días, a TVG deu información dalgunhas das marchas, en programas como A Revista… o Galicia noticias… os locais… algún Bós días… PERO NADA DE NADA NOS TELEXORNAIS (nin o do mediodía nin o do serán), que son os espazos informativos máis destacados.

FONTE: EU NON MANIPULO, E TI?