Grândola, vila morena, o povo é quem máis ordena, dentro de ti, ò cidade!

“Meus senhores, como todos sabem, há diversas modalidades de Estado. Os estados sociais, os corporativos e o estado a que chegámos. Ora, nesta noite solene, vamos acabar com o estado a que chegámos! De maneira que, quem quiser vir comigo, vamos para Lisboa e acabamos com isto. Quem for voluntário, sai e forma. Quem não quiser sair, fica aqui!” Salgueiro Maia na noite do 24 de abril de 1974 no Cuartel de Santarem.

Hai 38 anos desenvolveuse en Portugal a  Revolución dos Caraveis. Nela os militares portugueses subleváronse contra a ditadura de Salazar. O Exército rebelouse de forma pacífica para tentar instaurar un réxime libertario. Portugal entrou nunha fase de liberdade que nunca antes vivira, posto que a república fora interrompida por Oliveira Salazar e a súa ditadura fascista. Durante o réxime, o presidente republicano estaba ás ordes de Salazar que xa tiña formada unha institución policial fascista, a PIDE. Convocáronse eleccións ó longo deste período, mais os mandatarios utilizaban a fraude electoral para resultar gañadores de novo.
O dito rexime provocou que, a pesares da súa riqueza, o territorio portugués fose un dos máis pobres a nivel europeo.
Xa con Marcelo Caetano como gobernante (sucesor de Salazar), desenvolveuse o maior problema do réxime: nas colonias loitábase por unha independencia á que os fascistas responderon con masacres da poboación e escravitude para os colonos.
As Forzas Armadas eran rexeitadas polos mozos, que se vían obrigados a exiliárense para librárense de ingresar no Exército. Tamén os militares rexeitaban pelexar, cansos de batallas sen sentido. Deste xeito, formaron o Movemento das Forzas Armadas que se rebelou contra a ditadura salazarista. A maioría deles eran capitáns, polo que tamén se lles coñeceu como os Capitáns de Abril. Tentaban chegar á democracia sen violencia.

Asi, o 25 de abril do 1974 as tropas saíron á rúa. Unha muller comezou a repartir caraveis aos soldados, caraveis que foron colocados nos canóns das armas. A Revolución logrou triunfar sen derramar máis que o sangue de catro persoas en Lisboa, que recibiran os tiros da policía criminal da DGS da ditadura. A súa memoria perdurou no pobo portugués a través dunha canción de Zeca Afonso, Grândola, vila morena.

GRAZAS A Carme Iglesias e Raquel Ríos do ENL do CPI de Trazo (25/04/2006)

GRAZAS A Gonzalo Docampo (do IES Félix Muriel)