É 23 de abril: Vivan os ríos de palabras!

LORD DUNSANY / EPITAFIO

–Bos días, decíanlle as fadas
que dormen da outra banda do mar.
Boas noites!, decíanlle as fantasmas
que despertan cando canta a curuxa.
E no camiño de Carcasona saudábano
os que endexamais chegarían acolá.
Soñou todas as cousas invisible
e no que toca ao home, veu indiferente
pasar aos que non se lle asemellaban…
E cando lle chegou a hora, soñando estaba
un país onde chovían bolboretas
para que se fixese a luz. E a luz foi feita.
Agora el mesmo, na sombra perdido,
fada é, e fantasma e vagabundo
por quen aprender a guiarse as estrelas.

ÁLVARO CUNQUEIRO

FONTE: UN LECTOR (Blogue de Agustín Fernández Paz)

MÁIS SOBRE O DÍA DO LIBRO: CADERNO DE ESCOLA