O uso do galego nos medios está penalizado polo mercado

Unidos para ser máis fortes, para reivindicar fronte ás administracións un trato xusto e equilibrado para os medios en galego e para resistir neste momento de crise do xornalismo e dos medios. Nace a Asociación de Medios en Galego, na que polo de agora se agrupan dez cabeceiras: Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info. A diferenza da Asociación de Medios Escritos en Galego, que se formou en 2004 e que se limitaba a medios impresos e dixitais, nesta nova entidade poden participar medios de todos os soportes. Tampouco hai limitación pola norma do galego que se escolla usar.

Nesta nova entidade poden participar medios de todos os soportes. Tampouco hai limitación pola norma do galego que se escolla usar

Henrique Sanfiz, director de Radiofusión, é tamén o primeiro presidente da AMG. Sanfiz sitúa a interlocución coas administracións como a primeira prioridade da nova entidade e afirma que debe “cesar a actual discriminación”. Tamén valora positivamente a experiencia de Vitaminas para o Galego, unha iniciativa impulsada o pasado ano que desenvolveu varios eventos xornalísticos e culturais en defensa do noso idioma. Sanfiz parte da premisa de que “os medios en galego son necesarios” e de que hai unha gran masa de lectores que reclama a súa existencia.

FONTE: PRAZA PÚBLICA

2 opiniones sobre “O uso do galego nos medios está penalizado polo mercado

  1. Eu nesta noticia, teño dúas perspectivas, ou dúas visións.

    1.Paréceme xenial que haxa xente que se implique para que nos medios de comunicación estea o galego de por medio.

    2.Chámame moito a atención esas últimas palabras da noticia, as que din: “hai unha gran masa de lectores que reclaman a súa existencia”.Esto recordame o xornal “Galicia Hoxe” que tivo que pechar, xa por falta de vendas… se hai tantas persoas que ansian por leer en galego, por que ese famoso xornal, que el mesmo debaixo do seu membrete dicía “único xornal en galego” tivo que pechar? Por iso me chama tanto a atención esas últimas palabras.

    Gústame

  2. Por fin unha grata nova en torno ao galego neste bloge!
    Pareceme moi ben que creen unha asociacion para axudar a que teñamos medios de comunicación na nosa lingua. Actualmente eu só coñezo a TVG e algun que outro xornal que se escriba en galego, pero xa a TVG e unha canle moi solicitada xa que a ven persoas de todo o mundo, principalmente América do Sur. Como ben di Sanciz, os medios en galego son necesarios, incluso atreveríame a decir que para algunhas persoas son imprescindibles.
    Espero que esta asociación axude principalmente aos xornais en galego, xa que desgraciadamente quedan moi poucos. As novas de Galicia, mellor en galego.

    Gústame

Comentarios pechados.