En galego, é de lei!

Manifesto Correlingua 2013

Os Golgorotos de 4º ESO do IES A Pinguela de Monforte fanse co primeiro premio no certame do Manifesto para o Correlingua 2013. O segundo premio foi para o alumnado de 4ºESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Auí deixo o manifesto gañador…

A miña lingua é segura,

O falar non ten cancelas

Unha casa  sempre  aberta

Que todos debemos protexer.

A miña lingua  é  miña nai

É honroso ter unha lingua

Fermosa, digna, que abre portas

Que non ten chaves, que nada pecha,

Ela mesma é a chave do mundo.

A miña fala é o máis importante,

Debo honrala cando a uso

Sentirme orgulloso de tela

Por ser o meu carné de identidade.

O galego é unha lingua con historia,

O galego é unha lingua honorábel,

É unha lingua con pasado, con memoria

Con prestixio e con tradición formidábel.

 

Do seu pasado glorioso no medievo

Debemos sentirnos en débeda

E propoñernos fortemente devolverlle

a importancia que nunca debeu perder.

Loitemos xuntos por fortalecela

Fagamos visíbel esa chave de ouro

Que nos abre todas as portas do mundo,

E ofreceremoslle un futuro digno.

Soñemos que somos os  dignos fillos

Da nai patria que todo nolo entregou,

Defendamos esta cultura e esta fala

Que coas súas bágoas protexeu

E en herdanza nos legou .

O galego é unha lingua con historia,

O galego é unha lingua honorábel,

É unha lingua con pasado, con memoria

Con prestixio e con tradición formidábel.

Sexamos herdeiros merecentes

Da fala de rosalía, do pobo de pondal

Do progueso de curros, da poesía social

De celso emilio, dos contos de ánxel fole,

Da patria que amou o artista castelao,

Da imaxinación prodixiosa de cunqueiro,

Da nova narrativa galega, do  noso teatro,

E até do códice calixtino….

E doutros mil nomes máis da nosa literatura,

Pero non debemos quedar só aquí,

Os soños poden ser realidade.

Debemos saír das tristes tebras,

Das néboas para poder ver lucir o sol.

O galego é unha lingua con historia,

O galego é unha lingua honorábel,

É unha lingua con pasado, con memoria

Con prestixio e con tradición formidábel.

 

Propoñamos como bandeira

A defensa da nosa lingua

Poñamos a nosa alma en falala

Que o noso corazón sexa o galego,

Que o brillante azul do noso mar

Sexa o brillo da nosa lingua

Sexamos nós valerosos soldados

Que loitan con pacífica arma

Que leda sae dos  nosos beizos,

Non a deixaremos morrer,

Sempre estaremos á súa beira,

Mesmo coa propia vida gardaremos

A importante chave que  temos .

O galego é unha lingua con historia,

O galego é unha lingua honorábel,

É unha lingua con pasado, con memoria

Con prestixio e con tradición formidábel.