¿HABLA GALLEGO? ¡LLAMAD A LA POLICÍA!

Xornais galegos introducen en noticias de sucesos delitivos, e como trazo distintivo d@ persoa responsábel de cometer o delito, o feito de que fale galego ou teña sotaque de Galiza. Non, non é brincadeira. Pasa.

O último, que non derradeiro exemplo, foi esta mesma semana nunha nova de La Voz de Galicia: “Non eran ladróns de luva branca aínda que os levaban postos. Eran tres varóns que falaban galego os que, sobre as tres da madrugada, asaltaron a unha viúva que vive soa en Vilagarcía”. Mais este tipo de referenzas a que os protagonistas de sucesos falen galego non é algo aillado na prensa galega, como lembra Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. No seu blogue, Callón recolle até 20 exemplos de novas de diferentes medios de comunicación de Galiza nos que botan man para describir un delincuente o feito de que, en Galiza, “ou fala o noso idioma ou ten o noso acento. En ocasións mesmo se subliña que os causantes do delito teñen “un acento gallego pronunciado”.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: SERMOS GALIZA

MÚSICA DOUTRO MUNDO CON JIMI HENDRIX. Por Eduardo Domínguez (4A)

O 5 de Marzo deste mesmo ano estreouse o undécimo álbum de estudio de Jimi Hendrix, “People, Hell & Angels”. Este novo álbum demostra o talento e creatividade deste artista, que 43 anos despois da súa morte, segue tendo cancións como para lanzar discos.

Este novo álbum ve a luz grazas ao esforzo da súa irmá, Janie Hendrix, encargada da produción do disco. O álbum posúe 12 temas grabados entre os anos 1968 e 1967, interpretados por un Hendrix con ansias por experimentar con novos sons.

Antes de continuar estaría ben coñecer un pouco da historia de Hendrix:

James Marshall Hendrix naceu en Seattle no ano 1942. Amante dende sempre ao blues de BB King, Albert King, Muddy Waters e incluso Eric Clapton. Aos 14 anos conseguiu a súa primeira guitarra ao comprarlla por 5 dólares a un amigo de seu pai. Foi a partir deste momento no que Hendrix se namorou da guitarra e non a soltou ata o día no que morreu. A súa primeira eléctrica foi unha Supro Ozark sin amplificador. Hendrix aprendeu de ver tocar aos demais e no 1962 empezou a actuar en locais co seu amigo Billy Cox, pero foi a partir de 1964, e tras mudarse a Harlem, Nova York, onde empeza o ascenso ata o exito.

Despois de actuar con un montón de músicos, incluido BB King, Tina Tarner ou Little Richard, no 1966 conoce a Chas Chlander que lle propón ir a Londres para grabar un disco e forma unha nova banda: The Jimi Hendrix Experience. Con esta nova banda lanzaría os seus tres álbums de estudio: “Are You Experienced?” (1967), “Axis: Bold as Love” (1967) e “Electric Ladyland” (1968).

Con esto non remata a súa historia, xa que entre os anos 1967 e 1970 Hendrix estivo en numerosos concertos e festivales que foron retransmitidos e grabados en audio e video. Algúns deles son o Festival de Monterrey (1967), Woodstock (1969), as sesións na BBC (1969), o concerto no Royal Albert Park (1969), o Festival da isla de Wight (1970) ou o concerto en Fillmore East (1970).

Ademais dos directos, entre 1968 e 1970, Jimi grabou cerca de 40 pezas (algunhas todavía seguen perdidas) que serian lanzadas en diferentes álbums tras a súa morte: “Blues” (1994), “First Rays of the New Rising Sun” (1997), “Valleys of Neptune” (2010) e “People, Hell & Angels” (2013).

Finalmente falece o 18 de septiembre 1970 deixando un legado enorme, incluso maior despois da súa morte.

“People, Hell & Angels” é un gran álbum, sobre todo innovador, xa que, nesta obra, Hendrix “xogou” con estilos como o “funky”ou “jazz”. Non digo que este sexa o seu mellor traballo, pois os seus tres primeiros discos deixaron o listón moi alto, pero anda moi cerca.

En resumen, “People, Hell & Angels” posúe 12 pistas perdidas que soan máis que ben.

1. «Earth Blues»

2. «Somewhere»

3. «Hear My Train a Comin’»

4. «Bleeding Heart»

5. «Let Me Move You»

6. «Izabella»

7. «Easy Blues»

8. «Crash Landing»

9. «Inside Out»

10. «Hey Gypsy Boy»

11. «Mojo Man»

12. «Villanova Junction Blues»

En xeral creo que existe consenso sobre o que este home significou para o rock: un verdadeiro revolucionario. Isto pódese percibir no seu son hipnótico e nos seus riffs tan ecléticos e brutais. É máis, se tivese que definilo cunha palabra, esta sería liberdade.

Despois de tanto tempo escoitando a Hendrix, creo que o seu poder transformador non solo se baseou no seu talento, senón que é algo que esta arraigado a súa personalidade: non se sentía atado a ningunha norma existente, facía as cousas como quería. E a pesar de todo non lle daba importancia ao éxito que estaba vivindo, senón que o consideraba todo unha cuestión de sorte. Quizás por iso se sentía tan agradecido co seu público, co feito de que o respetaban, pois en definitiva todo o que facía era experimental. Dende a súa entrada a escena no 67 ata a súa morte no 70 non dubidou do que quería facer e non tivo medo do que opinasen. Era un home libre, e grazas a eso chegou a sumerxirse nunha atmósfera musical inexplorada.

Nunca saberemos si máis adiante cedería ante as convencións do negocio da música e o peso da fama. O que si sabemos é que a súa enerxía, a súa creatividade e a súa música permanecerán para sempre.