Segundo o meu amigo Anxo, hoxe Rosalía recitaría así…

Adeus peixes, adeus leite
adeus todo canto temos
adeus cartos aforrados
… non sei cando nos veremos

Miña terra, miña terra
terra onde me eu criei
caciques que quero tanto
os chourizos que eu votei

Catro parvos traballando
empregos que leva o vento
paxarracos timadores
casiña do meu banqueiro

Paparemos as castañas
e veremolo Luar
mentras poñan a Gayoso
non hai tempo a protestar

O Pokemon e a Carioca
operación Campeón
e tamén temos a Orquesta
adeus, para sempre adeus

Adeus Cason e o Egeo
chapapote onde nacín
non nos chegaba co Urquiola
e trouxeronos o Prestige

Deixo os montes ben queimados
deixo merdiña no mar
deixo todo feito un asco
quen poidera non deixar

Advertisements

Unha opinión sobre “Segundo o meu amigo Anxo, hoxe Rosalía recitaría así…

Comentarios pechados.