A Xustiza ilegaliza as sinais de tráfico en galego

 ( SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: LA VOZ DE GALICIA)

Parece unha brincadeira, pero non vos riades, que o conto é triste…
Como os galegos somos tan parvos que non damos para entender o que di este sinal de tráfico, pois recorremos ante a Xustiza para que nos quiten a multa por aparcar indebidamente. Que argumentamos? Que non entendemos o que di o sinal porque está en galego…
Ou será que somos listos demais e que non nos cae a cara de vergonxa á hora de utilizar o nome do noso idioma en van, grazas a todas as argucias (trampas) legais que hoxe así o permiten?
Que pasaría se eu argumentara o mesmo en relación a un sinal escrito en español? Sería tamén atendido o meu recurso pola Xustiza?
Seguro, seguro que non!
E por que non?
Talvez, porque o galego non está en pé de igualdade co castelán (ou español). Talvez porque esa cooficialidade recollida nas Leis non é tal. Talvez porque Xaquín Marín tiña razón…

Advertisements

3 opiniones sobre “A Xustiza ilegaliza as sinais de tráfico en galego

  1. Esto é unha vergonzanon dou decreto ao que leo,si estando en galicia nos queren poñer as sinais en castelán e moi penoso!
    Pero si de verda defendesemos o galego e luchasemos pa que estivera en igualdade de condicións que o castelán non farían tal falcatruada coas sinais de tráfico,ademais todos entenden perfectamente o que queren decir,iso non e motivo para reclamar unha multa. Se eres galego e vives en galicia,aínda que non o fales,debelo conocer senón eso aínda e máis penoso!

    Gústame

  2. Vergonzoso!
    Que queiran quitar as señais de tráfico porque non se entenden ao estar escritas na lingua deste territorio, que case todos utilizamos, é vergonzoso.
    Contra estas sinais a xente protesta, pero ninguen fai nada por quitar o stop, que esta escrito en inglés. Ou acaso esto non lle molesta? Porque hai máis exemplos como warning ou exit, pero estas si que as entendemos.
    Pareceme excesivo o de ilegalizalas sinais, só porque uns personaxes non queiran pagar as súas multas.
    E por ultimo, cando istas sinais esten en castelán, creo que a xente protestará porque non as “entenden”.

    Gústame

  3. Non creo que sexa vergonzoso posto que para esa persoa non existe a vergoña.
    Tiña asimilado que existian persoas que non valoran a lingua, mesmo que non lle importaría desprezala. O que non sabía era o prezo, cento oitenta euros.
    Debo recoñecer que me gustaría manter unha conversa con esa persoa, presentarmonos e falar un pouco. Sei que sairía cun sorriso ben grande e pensando pra min, que persoa tan maravillosa e educada ¡así da gusto!
    Seino, porque para recurrir unha sanción na que sabes que es ti o unico culpable tes que ser moi “intelixente” e saber controlar moi ben as túas emocións. Alágo a este ser.
    É unha lástima que fose mal educado e ninguén lle ensinase que desprestixar a propia lingua dunha persoa é desprestixiarse a sí mesma, desprestixiar a propia integridade, destruir o que se é. O que resulta desprezable é que se “destruíse” polo diñeiro.
    Por isto, felicito a ese pontevedrés, que con tan só desfacerse da pouca dignidade que posuía, aforrou e puxose un prezo de 180 euros.

    Gústame

Comentarios pechados.