TOCOULLE Á RIANXEIRA!

Patrimonio é o conxunto de bens e dereitos pertencentes a unha persoa. Do latín patri (pai) e onium (o recibido), ven significar “o herdado por liña paterna”. Mais nunha acepción máis ampla da palabra, patrimonio son tamén os bens, dereitos e obrigas aos que os individuos acceden tamén como membros dunha comunidade. No ámbito xudicial, patrimonio significa o “conxunto das relacións xurídicas pertencentes a unha persoa física (ser humano) ou xurídica (empresa, comunidade, nación, Humanidade) constituídas por deberes e dereitos. É dicir, por ser eu galega teño dereito ao usufructo, isto é, ao uso e desfrute do patrimonio galego; pero tamén teño a obriga de preservar ese patrimonio se quero seguir sendo galega, pois é grazas a esa herdanza común a todo o pobo galego que eu podo chamarme galega.

Hoxe utilizamos habitualmente a palabra patrimonio, mais seguramente ninguén é consiciente do seu significado. Ou, cando menos, esqueceu o significado relativo á comunidade, o que vai máis alá dunha herdanza persoal.

En Rianxo parece que o patrimonio que excede os límites da leira propia ou da horta da casa, xa non interesa. Levamos desde comezos de ano asombrándonos coas novas que a prensa nos cuspe cada día, todas elas relativas á perda do patrimonio deste Concello. Primeiro foron os EUCALIPTOS DE TARAGOÑA, despois o HÓRREO DE ASADOS, logo veu o CRUCEIRO DE DIESTE, máis tarde a PRAIA DAS CUNCHAS e agora, como non, tocoulle á RIANXEIRA!

Non é algo novo. Non hai tanto que o director da banda de Vilagarcía traducira unha peza, por certo dun músico de Rianxo, a Homenaxe aos heroes do Orzán, ao castelán, porque en galego non se entendía… E que fixeron os de Vilagarcía: NADA!

E vós tampouco ides facer nada? Vanvos traducir a RIANXEIRA e non ides sequera erguer a voz, facervos escoitar, defender o que é voso?

Non. Xa non podedes erguer a vosa voz para defender o voso patrimonio porque xa non tedes voz galega, xa perdestes o dereito a chamarvos así porque non cumpristes coas vosas obrigas, porque ignorastes os deberes que adquiristes como posuídores dun patrimonio. Agora entendo o que pasa coa lingua!

Adeus ao patrimonio artístico, adeus ao patrimonio arquitectónico, adeus ao patrimonio cultural, adeus ao patrimonio histórico, adeus ao patrimonio paisaxístico, … adeus ao patrimonio inmaterial da canción popular!

Por que non ADEUS AO GALEGO?

5 opiniones sobre “TOCOULLE Á RIANXEIRA!

  1. Persoalmente esta noticia pareceme indignante como galega que son e como rianxeira tamén. A Rianxeira sempre foi en galego e así debería seguir sendo, xa que se alguén non entende as cancións en castelán ou en inglés non no las van a traducir o galego. Canta discriminación co noso idioma non? Estas cousas non se poden permitir.

    Gústame

  2. Esta noticia pareceme realmente indignate! Estamos perdendo a nosa lingua,isto é, a nosa identidade como galegos. Non facemos máis que discriminar a lingua, discriminar a nosa terra. Non me parece ben que vaian a traducir a letra da Rianxeira, pois é nosa e polo tanto é galega. Fagan o que fagan eu seguirei a falar o galego ata que morra, pois foi a lingua que me inculcaron dende pequerrecha, e non penso perdela !

    Gústame

  3. A traducción da Rianxeira é unha noticia indignante. Se as cancións en outros idiomas non se traducen ó galego, por qué as cancións en galego teñen que estar traducidas ó castelán? É unha noticia pésima, xa que é a nosa lingua e se alguén quere entendela que a fale, xa que a obra é traducida debido ós castelán falantes que hai en Galicia.
    Isto só axuda a que haxa máis prexuízos contra o galego, xa que así os castelán falantes poden seguir falando castelán.

    Gústame

  4. Pensei que non volvería a oir unha animalada igual despois da obra sobre os heroes do Orzán pero si, queren levarnos a nosa rianxeira. A música é un deses praceres da vida que deben de ser escoitados tal como o fixo o autor. Non coñezo a ninguén que traducise cancións inglesas de moda.
    Aparte suporía ainda mais prexuizos contra a nosa lingua e iso que xa temos de abondo.

    Gústame

  5. Este tipo de noticias parécenme totalmente vergonzosas. Por primeira parte, o titulo que foi colocado no periódico, que a Rianxeira se vai traducir ao castelán para entendelo mellor?, é un dos prexuízos que moita xente reten cara a súa lingua, neste caso o galego.Este e un dos casos que me da asco que a xente pense isto do galego, parece que están dicindo que o galego so o entende catro pelagatos do monte, pois NO. Con isto fágome unha pregunta a cal, porque non traducen as cancións de outros idiomas aos nosos?.
    Por outra parte referido que me parece unha total humillación cara a tradición dun pobo e da propia xente. Creo que si se leva a cabo o castelán conseguirá unha gran pegada cara a sustitución do galego .
    GALEGOS E GALEGAS LUCHADE POLO QUE É NOSO PROPIO, O PROPIO DE GALIZA.

    Gústame

Comentarios pechados.