A banda de Vilagarcía traduce unha obra do galego ao castelán «para que se entenda»


O músico rianxeiro, Antón Alcalde, ex-alumno do IES Félix Muriel e autor da peza, explica que o director da banda de Vilagarcía, Suso Nogueira, decidiu traducir a peza ao castelán “para que se entendese mellor”.
A peza fora encargada pola banda de música da Coruña a Antón Alcalde, coa fin de homenaxear aos tres policías que hai un ano perderan a vida no Orzán tentando salvar un mozo. Os heroes do Orzán estreouse o 4 de Novembro no Palacio da Ópera de A Coruña, respectando escrupulosamente o orixinal galego.
Cando Suso Nogueira, o director da banda de Vilagarcía, foi interrogado sobre o asunto, sinalou que na súa opinión “só se estaba a buscar polémica de forma gratuíta”. Posteriormente explicou que a súa intención ao traducila ao castelán era “adaptala ao tipo de público que asistía a estas representacións”, pois el distingue entre dous tipos de público: os “familiarizados co galego”, para os que valen pezas como Pedro e o lobo, e os “non familiarizado co galego”, aos que vai destinada unha sinfonía narrada como a de Os heroes do Orzán.

FONTE: LA VOZ DE GALICIA

  • QUE PROBLEMÁTICA (desde unha perspectiva Sociolingüística) PARA A NORMALIZACIÓN DO GALEGO TRANSLOCE ESTA NOVA?
  • QUE OPINIÓN CHE MERECE TAN PINTORESCO SUCESO?

POR FAVOR, DEIXA O TEU COMENTARIO…

Advertisements

8 opiniones sobre “A banda de Vilagarcía traduce unha obra do galego ao castelán «para que se entenda»

  1. Iughuuuu!!!!!!
    Por fin nos van traducir as pelis e os seus subtítulos!? E os anúncios!??? E o teletexto!? E os libros de mates!? Por non dicir os de FP? E os xornais? E os manuais de instrucións? E… E… E o mellor de todo, por fin nos van traducir a Janis Joplin, a Silvio Rodríguez, a Sabina, a Queen, os Doors, os Beatles, os Rolling, a Jacques Brel, a Pink Floyd, a Chuck Berry, a Leonard Cohen, Buddy Guy… para que se entendan!!???? Pero que gran noticia!!!

    Gústame

  2. As primeiras declaracións de Suso Nogueira arredor dos motivos da tradución da peza ao castelán podería comprendelas até certo punto (tratando o tema con bastante indulxencia…) se consideramos como distintivo de prestixio a tradución dunha obra a outras linguas, ao igual que ocorreu cos grandes best-séllers da historia da literatura (gozando os orixinais dunha indubidable superioridade). Mais a polémica deixa de ser “gratuita” cando Suso Nogueira expón a finalidade da tradución como un verdadeiro clasista e un magnate dos prexuízos contra o galego e os seus falantes ao facer esa absurda distinción entre o público ao que (segundo el) estaría ou non dirixida a obra.
    Poderíamos axustizalo tachándoo de inculto, pois prexuízos coma istes so poden ser fruto dunha escasa formación ancorada no século pasado, e polo tanto, o director da banda de Vilagarcía entraría dentro do grupo de non aptos para comprender e desfrutar de Os Heroes do Orzán.

    Gústame

  3. A traducción de esta obra é unha ofensa, xa que os grandes temas escritos e cantados en español non se traducen ó galego para “entendelo”, xa que os galego falantes comprendemos totalmente o castelán, e os casteláns falantes de galiza tamén son capaces de comprender totalmente esta obra en galego, polo tanto a traducción desta é unha mostra de desprestixio contra o galego.

    Gústame

  4. Despois de ler o texto quero, en primeiro lugar, mostrar a miña admiración e respeto pola xenialidade como músico de Antón. En segundo lugar, quero darlle o meu máis sentido pésame a un home chamado Suso Nogueira que os seus escasos 40 anos quizais pola falta da brillantez que a Antón lle sobra traduce unha obra para que alguén fale del, non como músico, que é o que debería, senón como benfeitor dos vilagarciáns “non familiarizados co galego”.
    Recoméndolle a aqueles vilagarciáns “non familiarizados co galego” que se familiaricen con el escoitando música galega en versión orixinal e lendo galego para que Suso Nogueira poida adicar o seu tempo a música e non a adaptar as obras o seu público.

    Gústame

  5. As declaracións do director da banda de Vilagarcía, Suso Nogueira, sobre as razóns polas cales decide traducir a peza de Antón Alcalde ao castelán son, ao meu parecer, unha mostra de prexuízos contra o noso galego, porque este tipo de enunciado, “para que se entendese mellor”, provoca unha volta atrás na normalización do galego. Por último, quero comentar que a peza foi escrita na memoria de tres heroes GALEGOS, ¿ por que motivo a peza ten que estar en castelán? Para min non existe ningún motivo a favor de que a obra se traduza, porque esta obra foi escrita por un galego, que honra a uns galegos e feita para os galegos.

    Gústame

  6. Nesta noticia sobre todo podemos observar os prexuízos que hai sobre a nosa lingua xa que según Suso Nogueira só vale para o medio rural, na miña opinión o galego é unha lingua igual que o castelán e unha obra en galego vai a ter a mesma repercusión en galego que en castelán, esta mentalidade provoca un paso atrás no proceso de normalización lingüística, estes son os prexuízos que fan que o galego sexa unha lingua que sufra un proceso de opresión do castelán, se os propios galegos non usamos e defendemos a nosa lingua nadie o vai a facer, se nos non cantamos, falamos e escribimos en galego o galego acabara quedando renegado aos medios rurais e eso o que queremos?

    Gústame

  7. Gustaríame saber que pensaría un dos grandes como Mozart ou Beethoven das actitudes que tomou o señor Suso Nogueira cara a composición de Antón Alcalde. Xa só a nivel musical está desprestixiando ó compositor traducindo a súa peza, modificándoa ó seu gusto por puro capricho. Estou segura de que se un compositor máis coñecido a nivel mundial ou incluso nacional decidise facer unha peza escrita en galego (e en especial para uns galegos) ninguén poñería pegas ó seu traballo (e con isto non quero quitarlle mérito a labor de Antón, todo o contrario). Cada compositor ten dereito a elixir na lingua na que quere facer o seu traballo, Antón usou o galego que é a súa lingua nai e que posiblemente tamén o fose dos falecidos e das súas familias nas que se debería pensar máis antes de tomar decisións só por razóns ideolóxicas.
    Por outra banda os argumentos que Suso Nogueira expón só nos mostran a serie de prexuízos que ten cara o galego, porque non son máis que iso, prexuízos. Vivimos en Galiza, somos galegos, e polo tanto sexamos ou non galegofalantes estamos familiarizados dabondo coa nosa lingua sen necesidade de que nos fagan traducións das pezas musicais. Vai sendo hora de modernizar algo máis que o exterior, que o que está dentro da cabeza debe ir madurando co tempo e os prexuízos tan absurdos que se mostraron con este tema deberían ter desaparecido xa. Porque o que importa da obra de Os heroes do Orzán é o que homenaxea e é o que se está tendo menos en conta.

    Gústame

  8. Nesta nova, critícase un dos prexuizos sobre a nosa lingua que é que a nosa lingua é unha lingua para paletos. en realidade os paletos son eles ao desprestixar a nosa lingua, e coa historia que ten. E se é unha obra moi boa creo que non só se debería de traducir ao castelánn senon que tamén a mais idiomas, pero como o orixinal non hai nada.

    Gústame

Comentarios pechados.