CAMPAÑA DE NADAL NA CORUÑA…

O grupo local de A Mesa pola Normalización Lingüística da Coruña considera “propia do esperpento” a clamorosa irrelevancia da lingua galega na campaña de Nadal posta en marcha polo goberno municipal coa intención, segundo o propio executivo, de fomentar as compras no comercio local.

A deturpación da toponimia propia de Galiza nalgunha das mensaxes da campaña municipal de Nadal está a ter, ademais, importante repercusión en redes sociais como facebook ou twitter; especialmente no caso do lema “Yo soy de merluza del pincho. Pues yo de capón de Villalba”, onde xerou desde indignación a mofa e mesmo a todo tipo de brincadeiras e réplicas cheas de retranca.