O Estado pagará escola privada aos nen@s que queiran estudar só en castelán.

 O Goberno central rebenta o modelo lingüístico das comunidades bilingües. O Ministerio de Educación busca garantir que todos os alumnos do Estado poidan ser escolarizados en castelán e que as as dúas linguas oficiais nas autonomías con idioma propio sexan ofrecidas “nas distintas materias e en proporcións equilibradas”. Así o vén de adiantar a Cadena Ser, que tivo acceso ao borrador da polémica reforma educativa que prepara o ministro Wert, que xa adiantou que será aprobada “con ou sen consenso”.

Segundo a información, a nova lei educativa establece catro condicións coas que se intenta garantir nun futuro inmediato a ensinanza do español en calquera materia escolar de calquera comunidade autónoma do Estado, algo que chocaría con modelos lingüísticos como o galego, o vasco ou o catalán, así como con diversas sentenzas xudiciais e especialmente coa inmersión lingüística. Ademais, e tal e como conta a SER, e mentres o novo sistema non se asenta, se os pais que desexan unha educación íntegra en castelán non atopan un colexio público que permita esa posibilidade, o Goberno facilitaralles a escolarización nun centro privado que si o garanta e cuxos gastos serán sufragados polo Estado. Xa que logo, permitirá pagar con fondos públicos a escolarización en centros privados daqueles alumnos que queiran recibir educación en español.

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUí: PRAZA PÚBLICA