O GALEGO SI ATOPA CANCELAS NAS CANCELAS

O curso pasado abordamos a obra e a mensaxe do máis grande empresario galego (galego, non por nacer en Galiza, senón por defender e promover a súa identidade galega a través da súa lingua e do seu facer cotián), Valentín Paz-Andrade.

Na súa obra, Galicia como tarea (1957), V. Paz-Andrade diríxese ao empresariado industrial galego e as elites da burguesía autóctona. Vai aló máis medio século (…) pero o destinatario fíxose o xordo e o cadro diagnóstico deseñado por Valentín hai dez lustros segue a describir aínda hoxe a patoloxía endémica deste país.

Dicía Valentín Paz-Andrade ( o máis grande empresario galeguista que tivo o noso séc. XX) no segundo aniversario da fundación da Caixa Rural do Lérez en 1928, que o feito económico é a base fundamental dos problemas sociais. E repetía en 1959, ante o Proxecto (propositadamente frustrado) de Petróleos de Galicia S.A.: Para min o programa empresarial podería comezar a redimir  positivamente a Galiza do subdesenvolvemento, da incultura, da miseria rural, do éxodo ventureiro, da marxinación secular que ven padecendo.

Para el, Galiza pode progresar, sobre todo na economía, se acredita no seu idioma e tende pontes co sistema internacional que orixinou; por iso non debía haber no noso país xente que tivese opinión distinta que recomendar e esixirlle a todos os galegos que falasen a súa lingua.

Desde 1928 a 2012 transcorreron 174 anos e, por desgraza para o galego e para os galeg@s, nada parace ter mudado no mundo da empresa en relación á utilización do idioma propio de Galiza. Así, tristemente, asistimos máis unha vez á inauguración dunha nova superficie comercial, o ano paso fora Marineda City, na Coruña, desta volta é en Compostela, trátase do novo centro comercial As Cancelas. En ambos os dous casos o complexo lingüístico segue a ser o máis grande de Europa…

A inauguración de As Cancelas non ficou exenta de polémica. Numerosas foron as persoas que se achegaron até o impoñente edicifio de 50 mil metros cadrados a estrear para berrar contra o uso de produtos reclamo como o leite, contra unha política lingüística onde o galego non ten cabida, contra a destrución de postos de traballo no pequeno comercio e contra o modelo de consumo que se promove desde as grandes superficies.

PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: SERMOS GALIZA, A MESA

Advertisements

4 opiniones sobre “O GALEGO SI ATOPA CANCELAS NAS CANCELAS

  1. A inauguración das Cancelas, como o foi a do Marineda City, ao ser en Galiza, deberia empregar máis o galego. Indiferentemente do uso do galego ou non, tamén supon algo perxudicial para os santiagueses/as debido a que a longo prazo suporá o peche de pequenos comercios, e por conseguinte, da economía de Galiza.

    Gústame

  2. A miña opinión é que non se deberían construír tantos centros comerciais nun territorio como Galicia porque o único que fan e perxudicar aos pequenos comerciantes, aparte disto tamén se debería falar galego xa que estamos en Galicia.

    Gústame

  3. Este tema ten dous puntos de vista, o económico e o lingüistico.
    Dende o económico podemos apreciar varias cousas. Achegará beneficios a Galiza? Sí. Destruirá o pequeno comercio? Tamén. Entón, plantexemonos algo, merece a pena traer cartos a cambio de deixar a mais de un galego sen o seu negocio, sen o seu salario, sólo por que uns cuántos tipos con traxe e grabata se queiran enriquecer un pouco mais?
    O lingüistico. Como sempre, o “Na Galiza, en galego” pero vaiamos un pouco mais alá. Por que non usar o galego como reclamo turístico?, como xa se fai en moitos outros lugares, a resposta? Prexuizos.

    Gústame

Comentarios pechados.