NUNCA MÁIS

Hoxe martes 16 de Outubro comeza na Coruña o xuízo polo afundimento do petroleiro Prestige (Novembro 2002), que sumiu nunha marea negra as costas galegas, pero que encheu coa marea branca dos voluntari@s a sociedade galega. Nunca se vira unha mobilización social de tales dimensións. Fagamos memoria…

O CARRABOUXO

As voces baixas

  O vindeiro mércores 17 de Outubro, Manuel Rivas presentará nunha libraría da Coruña a súa nova novela, As voces baixas. En palabras de Manuel Bragado, responsable de Xerais, empresa que edita o libro: A obra é o relato dos afáns dos membros dunha familia traballadora –un albanel, unha leiteira e catro fillos, que constrúen a súa vida, primeiro na rúa da Marola do Monte Alto e logo en Castro de Elviña, onde rolan os ventos– é a novela da vida de todos os humildes e todos os anónimos.

Aí queda a presentación que o propio autor, Manuel Rivas, fixo dela…

O MURO

Onte actuaron na Sala Capitol de Compostela os PINK TONES, unha banda española que interpreta en directo os temas de PINK FLOID, un grupo de rock británico que naceu nos 60, que arrasou nos 70 e que pasou da música psicodélica ao rock sinfónico. Nunca unha banda experimentou tanto co son, polo que moitos críticos musicais aseguran que: “despois de Pink Floid, nada novo baixo o sol!”. Os seus temas contiñan reflexións filosóficas e protestas contra o sistema establecido. O seu álbum THE WALL foi un dos máis vendidos da historia da música. Aquí vos deixo un tema mítico dese album, Another brick in the wall, porque ninguén que ame a música pode vivir sen coñecer esta marabilla. Un tema imperecedeiro, de plena modernidade agora, en plena crise económica, política, institucional, social, ideolóxica, identitaria… cunha nova Lei de Educación ás portas e en plena campaña electoral, a ver se alguén consegue derrubar  “outro ladrillo do muro”…

Podedes ademais ver: