NUNCA MÁIS

Hoxe martes 16 de Outubro comeza na Coruña o xuízo polo afundimento do petroleiro Prestige (Novembro 2002), que sumiu nunha marea negra as costas galegas, pero que encheu coa marea branca dos voluntari@s a sociedade galega. Nunca se vira unha mobilización social de tales dimensións. Fagamos memoria…

O CARRABOUXO

Advertisements

51 opiniones sobre “NUNCA MÁIS

  1. Pois si! hai 10 anos todo o mar se tenguiu de negro polo trozamento do buque do PRESTIGE.Eu recordo que só tiña seis aniños e aínda non era moi grande, pero era consciente de todo o que pasaba. Eu vino cando cheguei a casa porque eu estaba na escola xogando como calquera dia normal e como outro dia calquera. Pero cando chequei a casa eu recordo de entrar pola porta berrando e contenta de cheghar e estaba meu pai sentado a carón da mesa oíndo a noticia e dixerame que estivera calada un momento que partira un barco no medio do mar cerca das costas galegas e que todo o chapapote que vertera ía tenguir todo o mar de negro e pricipalmente afectarialle ás nosas costas, iso afectaría ao mar e especialmente aos mariñeiros. Entón eu díxenlle: papá, e logo vai estar todo o mar negro? El respondeu: todo non, pero moita gran parte del si; e morrerán moitas especies de peixes e tamén gaivotas.
    Na miña casa a desgraza viviuse mal xa que todos os da casa son mariñeiros e iso é do que vivíamos, pero a pesar de todo houbo moita participación das persoas para acabar con toda esa desgraza.
    No noso colexio, fixeramos unha exursión polo paseo marítimo de Rianxo para ver o chapapote, como estaba polas pedras, mar, praias, etc.. tamén nos ensinaron algunhas especies de animais mortos e despois tiveramos que facer un debuxo do que vimos e colgámolo polo colexio xunto cos carteis que poñían NUNCA MÁIS.
    En min pervive unha imaxe desastrosa por ver todo o mar negro e moitas gaivotas e peixes mortos, pero tamén me queda o bo recordo de ver aquela marea de xente con traxes blancos limpado sen descanso todo e sacando o chapapote para que aquela manta negra se fora do noso mar e das nosas preciosas costas.

    ¡NUNCA MÁIS!

    Gústame

  2. Eu tiña cinco anos.. e bueno, nonme acordo moi ben.
    Só que moita xente se volcou coa desgraza que supuxo eso para os mariñeiros. Pois Rianxo é unha vila mariñeira, e claro…
    Só espero que esto non se repita, como ben din, nunca máis!

    Gústame

  3. Cando sucedeu iso eu tiña 5 anos máis ou menos.A verdade xa non me acordo moi ben, xa que era moi pequena, pero sei que me chamara moito a atención.
    Na miña casa non afectou moito xa que ningún de meus pais non traballan de mariñeiros. Ainda así, é un terrible suceso para as nosas fermosas costas.

    Gústame

  4. O único que deberíamos pedir, é xustiza. Miles de persoas sufriron por culpa dese ”Incidente”, e a nosa costa como a nosa terra tamén. Movilizacións e demais para intentar remendar ese suceso. Confío en que habrá xustiza.

    Gústame

  5. como eposible que co afundimento dus petroleiro e e derrame de petroleo no mar, cos abances tecnoloxicos ke abia e wsegue abendo, non se poidera controlar a fuga do barco petroleiro Prestige, e impedir ke a maria negra chegara as praias galega. o unico en positivo que se pode sacar deste desastre, foi a solidaridade dos cidadan galegos, presentandose boluntarios para limpar e controlar este desastre, e previrnos para que NUNCA MAIS bolba a pasar.

    Gústame

  6. Eu non me acordo moito desto do PRESTIGE, xa que era moi pequena e non prestaba atención a ese tipo cousas… Pero cando medrei un pouco mais e comezaron a falarme dese terríbel suceso comezei a razoar sobre todo o mal que probocou o petróleo soltado por ese gran buque, tanto tempo os mariñeiros sen ir ao mar, e os pobres peixes mortos a causa da contaminación que probocou.
    ¡ NUNCA MÁIS !

    Gústame

  7. Como eu só tiña 5 anos cando pasou pois non me acordo moi ben do que pasou, só me acordo de que a xente axudou moito xa que o único que saia na televisión era a xente vestida de branco axudando a limpar as costas para que non morreran todas as especies mariñas e as gaivotas.

    Gústame

  8. Non me lembro moito deste acontecemento que manchou as costas galegas, pero si me acordo de ver días e días na televisión a noticia, e as pegatinas que nos repartían no colexia poñendo: NUNCA MÁIS!
    A todo o podo galego nos deixou marca este acontecemente, e só esperamos que xamais volva a pasar algo así.

    Gústame

  9. Eu tiña 6 anos non me acordo moi ben pero sei que moita xente axudou a limpar praias e espero que non volva a pasar como din “nunca mais”

    Gústame

  10. Isto, como acorreu fai dez anos e por tanto, eu tiña catro anos, non me lembro de gran cousa, so me lembro de que miña nai estaba menos na casa, xa que foi de voluntaria a limpar as costas, manchadas con ese veleno negro, que extingiu a vida de numerosas vidas animais.

    Gústame

  11. A verdade e que o do PRESTIGE ocorreu cando eu tiña só cinco anos, e a esa idade, non pensamos nas contaminacións e nos grandes desastres, solo nos interesa se a nosa muñeca nova lle queda mellor o vestido rosa ou o azul. Ao pasar o tempo, funme dando de conta do gran desastre que ocorreu, miles de mariñeiros sen poder pescar, familias enteiras dedicadas a iso que se viron prexudicadas,a nosa gran fauna e flora destrozadas, só pido dende aqui que “NUNCA MÁIS”!

    Gústame

  12. Eu cando pasou tiña 5 anos; non me lembro moito pero saía en todas as noticias o petroleiro “PRESTIGIE” que afundira e soltara chapapote. Esto ensuciara e contaminara praias, gaivotas e animais, e esto non pode ser.
    NUNCA MÁIS!!!

    Gústame

  13. Daquela eu tiña 5 anos e estaba na escola cos meus amigos como un día calquera e cando cheguei a casa atopeime a meus pais sentados no sofa e mirando para o televisor con cara de asombro. Eu preguntei o que pasara e eles dixeronme que un barco naufragara nas costas galega ensuciando todo o litoral e arruinando a fauna e a flora de toda a costa. Foi un acontecemento que afectou a todo o país e que fixo que xente de todos os lugares de Galicia se xuntaron para un obxectivo común, limpar as costas galegas para volver a devolverlles o seu anitgo aspecto e conseguir recuperar a beleza do seu territorio

    Gústame

  14. Penso que non se debeu de tardar tanto en facer o xuízo, xa que morreron moitos animais, destruiu o paisaxe mariñeiro e afectoulle moito a Rianxo por ser unha vila mariñeira

    Gústame

  15. Fai dez anos o mkar colleu un escuro cor negro azabache, eu daquela so tiña cinco anos e non creo ni que me enterara do que era o PRESTIGE, ahora que pasaron dez anos tanto para ese suceso coma pra min doume conta da importancia dese feito. Posiblemente na miña casa a noticia dera coma un “shok”, nadie se esperaba que sucedera eso, nin sequera o mar que foi contaminado ese día.
    POr eso 10 anos despois o seguimos recordando e lamentando de esta maneira.

    Gústame

  16. Cando sucedeu esta catástrofe, eu só tiña 5 anos, aínda que a esa idade eu non era consciente da gravedade do asunto, agora doume conta de que ese “ACCIDENTE” perxudicou a moitas familias mariñeiras, incluida a miña, e tamén a nosa terra. E por iso pido xustiza e digo NUNCA MÁIS!

    Gústame

  17. Eu non me lembro moito deste suceso xa que soamente tiña 5 anos pero sei que que foi un terrible suceso para Galiza e que por mor diso as costas galegas e sobre todo a mariña quedaron manchadas e milleiros de persoas de distintos lugares de España viñeron a Galiza para axudar a quitar o chapapote das costas galegas.

    Gústame

  18. Cando todo isto ocorreu, eu tiña tan só cinco anos e non me afectou moito. Pero cando comecei a ser consciente do accidente, afectoume porque non me parece xusto que por un fallo estean os pescadores sin poder facer o seu traballo e haxa tantas familias afecatdas.

    Gústame

  19. Cando sucedeu isto eu só tiña cinco anos, polo que non podo contar moito, pero aínda conservo algúns recordos…
    Recordo que mo dixeran na casa e ao día seguinte no colexio fixeramos actividades con respecto a ese tema. Tamén teño lembranza de cando meus pais me dixeran que morrían moitos animais e que a auga quedara parcialmente negra.

    Gústame

  20. Non teño moitos recordos dese incidente xa que só tiña cinco anos, e non me preocuba dese tipo de cousas, ademais na miña casa non se falou moito dese tema.
    Pero desde logo deberiase facer xustiza polo gran desastre que provocou.

    Gústame

  21. eu de aquela só tiña seis anos. estaba ceando cando me enterei da traxedia eu non entendia moi ben o que pasaba xa que ainda era moi pequena para enterarme moito desas cousas. Teño na memoria esa imaxe do buque partido en dous e como as praias se estaban enchendo dese cor negra do chapapote e os animais mortos mortos e varados nelas. Son imaxes que non me gustaria volver a ver.

    Gústame

  22. Fai dez anos, unha marea negra asolou as costas galegas dañando a nosa fauna mariña e a nosa paisaxe. Entón eu tiña 5 anos e escoitaba como miles de voluntarios galegos e estranxeiros chegaban ás nosas costas limpándoas, entre eles meu pai. Agora as augas parecen limpas e os culpables desa catástrofe pronto serán axustizados, pero o prestige aínda está ahí, contaminando o fondo mariño e reducindo o número de peixes das nosas rías. Por iso todos esperamos que isto non volva ocorrer nunca máis.

    Gústame

  23. Daquela eu tiña 5 anos e lembro que no meu colexio saíramos polas rúas vestidos cada curso dun animal mariño. Eu pesno que o xuizo deste acontecemento, de hai dez anos, chega un pouco tarde.

    Gústame

  24. Cando ocorrera a desgraza do PRESTIGE eu só tiña 5 anos, pero recordo ver o telexornal todos os días con meus pais para saber máis novas e se o chapapote seguía estendendose. Recordo que no colexio espuxeran milleiros de fotos sobre os animais que faleceran e sobre como quedaran as costas galegas. Os profesores intentaban explicarnos o que ocorrera, xa que ao ser tan pequenos non entendiamos o que sucedera.
    O que máis gardo na miñ memoria é que meu pai xunto a miña irmá e unhas compañeiras dela foran de voluntarios a limpar as praias afectadas.
    Espero que se faga xustiza con este suceso e NUNCA MÁIS!

    Gústame

  25. Eu non me lembro moito do ocurrido porque era moi pequena, tampouco sei como se viviu aqui en Galiza a desgraza do Prestige porque residia en Castro Urdiales (Cantabria). Do que si me lembro e de que o verán seguinte a desgraza despois de volver da praia tiñamos que ir diretos a ducha para sacar o chapapote da pel. Aínda ahora nalgunhas pedras da praia hai chapapote.

    Gústame

  26. Fai dez anos ocurriu unha grande desgraza nas costas galegas tinguindo o noso fermoso mar dunha cor negra, que destriu parte da nosa fauna. Este triste acontecemente debeuse a un gran buque petroleiro, chamado prestige, que se afundiu diante dos nosos propios ollos. Toda Galiza estivo pendente deste acontecemento, pero isto tivo unha parte positiva pois todos os galegos se uniron na loita contra esta desgraza recibindo axuda de milleiros de persoas que de forma voluntaria se desprazaron ata as nosas costas.

    Gústame

  27. Eu só tiña 5 anos, viña do colexio toda contenta contandolle a miña nai o que fixeramos aquel día. Cando cheguei a casa meu pai estaba vendo o telexornal e senteime na mesa para comer entón foi cando vin fotografías e pregunteille a meu pai que pasará e dixome que un barco cargado de chapapote partira a metade e que ahora o mar iva a estar negro. Ao día seguinte no colexio a profesora tamen nos dixo o que pasará contounos que ivan a morrer moitos peixes e gaivotas foi entón cando fixemos un dibuxo para decorar o colexio logo en carnavais tamen nos vestimos de gaviotas para recordar as tantas que morreron. Isto e do que eu me acordo, supoñome que haberá moitas máis lembranzas.

    Gústame

  28. No momento do suceso desta catástrofe eu somentes tiña cinco anos, polo tanto non era consciente de todo o que tiña que ver co suceso. Algúns dos recordos que teño son ver a meus pais e meus avós sentados fronte ao televisor, vendo como esa capa de chapapote tinguia as nosas costas, esas costas que tan ricas en fauna eran. Tamén teño recordos de meus tíos, mariñeiro, como a meirande parte de Rianxo, desacougados pola marea negra que se nos veu enriba. Pareceme lamentable que, dez anos despois comece o xuízo dunha catástrofe como esta, e máis, creo que di demasiado de como está o noso sistema xudicial.
    Pero toda parte negativa posúe unha parte positiva. A parte positiva deste asunto é: a cantidade de xente que se viu involucrada neste suceso. Grazas a esa ‘marea branca’ as nosas praias quedaron menos afectadas, ainda que o suceso foi salientabel. Moita xente que non acudeu a limpeza das praias si dou o seu apoio. Este é o caso do grupo cántabro ‘La Fuga’ que fixo unha canción adicada a este desgraciado ‘accidente’.

    Gústame

  29. Vai facer agora dez anos do afundimento do Prestige. Cando isto ocorreu eu tan só tiña catro anos, polo que non teño ningún recordo do accidente. O único que sei é que o vertido dese barco provocou un gran desastre ecolóxico nas costas galegas e que a industria pesqueira se viu moi afectada. Hai que destacar a gran solidariedade de voluntarios que viñeron a Galicia a limpar as nosas praias.

    Gústame

  30. Recordo que en novembro do ano 2002 ao chegar a casa do colexio estaban a falar no telexornal de que o petroleiro Prestige acaba de verter 77.000 toneladas de petroleo ao norte da costa de Galicia. Unha semana despois amosaban as primeiras imaxes de como o vertido chegaba a costa matando a centos de especies de peixes e aves mariñas.
    Tamén recordo haber tido visto cos meu propios ollos esta catástrofe en Muxia.
    A día de hoxe sei que o petroleiro procedente de Letonia sufrira unha rotura no seu casco, debido a que outro buque perdera a súa carga de troncos de case 20 de largo e un deles golpeou o casco do Prestige e furouno. O capitán grego do Prestige negouse a ser remolcado e fondeou durante unha semana propoñendo pasar a carga a outro barco, pero debido o mal tempo o barco acabou partindose a metade e soltando toda a carga. O capitán foi condeado por desobediecia as autoridades e delito bioloxico.
    O xuizo celebrase dez anos despois e o capitán do Prestige, Apostolus Mangouras, enfrentase a terceira catástrofe mais cara da historia por detrás de Chernovil e a desintegración do Columbia, xa que o sellado do barco e a limpeza das costas costou mais de 10.000 millóns de euros.
    Non teño duda de que o capitán do Prestige vai ser condeado de unha vez por todas a pesar de que afortunadamente hoxe en día todo volveu a normalidade.

    Gústame

  31. Cando ocurreu o afundimento do Prestige eu aínda tiña 5 anos e non o recordo moi ben.O único que recordo e que todo o vertido dese barco foi a acabar as costas galegas e eso perxudicou moito o medioambiente.

    Gústame

  32. Cres, Edu, que o único culpable desa terrible catástrofe foi exclusivamente o capitán do barco?
    Quen decide a distancia da costa á que deben pasar os barcos? É o capitán?
    Quen decide quen entra e quen sae das nosas costas? É o capitán?
    Quen decide canto tempo fondea ou cando debe partir un barco accidentado das nosas cosatas? É o capitán?
    Quen decide se unha carga se traspasa a outro barco? É o capitán?
    Sería bo averiguar as respostas a todas esas preguntas. Pois só así poderíamos poñer os medios=leis para evitar e/ou previr outra catástrofe semellante.
    Para min, o máis terrible é que, dez anos despois, se outro Prestige volvese afundir, os resultados serían os mesmos…
    A nosa memoria é tan fráxil que tan pronto como a catástrofe deixou de ser noticia na tv, esquecémonos dela. Non damos aprendido dos nosos erros, simplemente borrámolos, como se non tivesen sucedido, e así estamos condenados a volver a equivocarnos.
    Non temos desenvolvida adecuadamente a competencia para aprender a aprender

    Gústame

  33. Unha auténtica desgraza, que por culpa das nefastas decisións dun grupo de persoas sucedera semexante desastre.
    Pero eu quedome, sobretodo, coa axuda que brindaron persoas de todas as partes da península, porque non fai falla nacer aquí para sentir apego por esta terra.

    Gústame

  34. Fai exactamente unha década, o afundimento do petroleiro Prestige provocou unha “marea negra”, dando á nosa fauna mariña e á nosa paisaxe un terrible momento. Foi unha boa noticia saber que miles de voluntarios extranxeiros colaboraban connosco limpando as nosas costas, e por iso hoxe podemos disfrutar das nosas fermosas costas… É algo tarde, pero alegra moito escoitar que por fin se fará xustiza.

    Gústame

  35. Fai dez anos, vivimos un acontecemento tráxico, do cal aínda non estamos recuperados de todo e que tardaremos aínda en recuperarnos. Esto ten que servir para concienciarnos, o buque o “Prestige” afundeu nas nosas costas, manchando os nosos ríos e rías o noso mar, facendo que miles de especies se puxeran en perigo de extinción. Temos que dar grazas a comunidade que se solidarizou con nós e nos axudaron a intentar limpar a nosa terra. Non debemos deixar que esto volva a suceder.
    NUNCA MAIS!

    Gústame

  36. Fai dez anos,a marea denominada prestige cubriu as praias deixándoas negras,matando todos os peixes ,por onde pasaba arrasaba con todo,eu daquela tiña 6 anos,e estaba na escola,pero cando chegara a casa da miña avoa,vía como mulleres,homes,rapaces e rapazas acudían as praias con pás,cubos,calquera cousa que puidera axudar a retirar o prestige.

    Gústame

  37. Fai 100 anos afundiuse o Titanic. Fai 10, o Prestige. Os dous afundíronse entre outras cousas, por pecar de codicia.
    O Titanic era un barco futurista feito con miles de fallos e materiais inadecuados. O Prestige era un petroleiro monocasco corroído, da época das grandes chatarras petroleiras, construído con restos de chatarra por unha empresa de dubidosa legalidade e que desaparecía en caso de necesidade, tal e como fixo cando se afundiu o máis antigo e barato dos seus barcos. Ao cargo deste barco puxeron a un capitán grego cunha experiencia considerable e a 27 mariñeiros, todos eles filipinos e sen preparación co salario máis baixo posible de adxudicar. Tamén cabe destacar que fora recentemente reparado, xusto na zona pola que se partiu, por un dubidoso asteleiro no porto de Wan Souk, en China. Pero soldar un pouco de chatarra a un gran montón de chatarra non é facer nin moito menos unha reparación.
    Como digo e dixen, o barco afundiuse por facelo o máis barato posible. A empresa e o capitán eran conscientes de todo isto e aínda así decidiron transportar 77.000 toneladas de fuel pesado (a escoria dos combustibles cun 2.58% de azufre) pasando a 250 km de Fisterra.
    Sinto dicircho “Marlou”, pero sigo mantendo a miña opinión con respecto a que a responsabilidade é do capitán e máis da Mare Shipping Inc., a compañía dona do petroleiro.
    É certo que daquela había unha completa falta de medidas de seguridade na costa atlántica, pero débese de ser consciente de que se transportan 77.000 toneladas nun petroleiro monocasco cunha grande fisura tapada por un trozo de chapa.
    O capitán sabía que esa sería unha viaxe suicida e aínda así subiu a bordo.

    Gústame

  38. -Eu tería 7 anos máis ou menos, e recordo que me enterara polas noticias do telexornal da galega, foi unha catástrofe ambiental enorme, perxudicando gravemente, non só a paisaxe das costas galegas, senon tamén a economía da mesma, posto que moitos dos residentes das costas dedican a súa vida a traballar no mar, e iste suceso perxudicáraos gravemente. Só me cabe dicir que esperemos todos que iste acontecemento non se volva repetir.

    Gústame

  39. Recordo ter 5 anos, e estar comendo, cando cando nas novas da TVG emitiron a nova de que un petroleiro rompera nas costas galegas, e estaba vertindo todo o seu contido polas nosas costas, sendo Muxía a “zona cero”. Recordo tamén que miña avoa estibera nas labores de limpeza, polo que apenas estaba na casa. Foi un golpe durísimo para o medio ambiente, aínda que 10 anos despois, os biólogos, din que o ecosistema xa se está a recuperar.
    Non logo entender comoo xuízo comezou tan só hai unha semana.

    Gústame

  40. Eu tiña 5 anos cando ocorreu isto. Estaba comendo e interromperon os Simpsons para botar esa noticia, á miña familia afectoulle bastante porque o meu pai e o meu avó traballaban no mar e non puideron ir traballar.

    Por que o xuízo foi 10 anos despois do afundimento?!

    Gústame

  41. Recordo que tiña cion anos, e cando chegei do colexio miña nai estaba vendo a TVG, o afundimento do barco, cousa que a meus pais non lle gustaba moito porque lle afectaba ás bateas e aos mexilóns, aos peixes…
    Non entendo como aínda fan agora o xuizo.

    Gústame

  42. Eu non recordo moito cando pasou esta catástrofe porque só tiña 5 anos, eu entereime porque mo dirían meus pais. Penso que todo isto que pasou non e moi xusto porque a causa dese naufraxio morreron moitas especies e todos os pescadores quedaron sen traballo por bastante tempo.

    Gústame

  43. Non recordo gran cousa xa que só tiña 5 anos,o que si recordo e que o PRESTIGE aínda tardara uns días en afundir… e que fora con meu pai e miña nai ver os restos que deixara o petroleo, e parecerame moi triste ver asi o mar.

    Gústame

  44. Eu tiña cinco anos cando ocurriu , por ese motivo non me acordo de moito , solo de toda a costa chea de chapapote , esperemos que non volva ocurrir
    ¡NUNCA MÁIS!

    Gústame

Comentarios pechados.