NUNCA MÁIS

Hoxe martes 16 de Outubro comeza na Coruña o xuízo polo afundimento do petroleiro Prestige (Novembro 2002), que sumiu nunha marea negra as costas galegas, pero que encheu coa marea branca dos voluntari@s a sociedade galega. Nunca se vira unha mobilización social de tales dimensións. Fagamos memoria…

O CARRABOUXO

Advertisements

51 opiniones sobre “NUNCA MÁIS

  1. Creo, Edu, que non liches adecuadamente o meu comentario. En ningún momento exculpei ao capitán, nin moito menos á compañía. Pero engadín unha serie de preguntas ás que , tampouco desta volta, deches resposta. E engado máis… Era o primeiro que pasaba perto nosa nesas circunstacias? Foi o último? Deixaron de pasar? Por que seguen a pasar por determinados sitios, mais non pasan por outros? Somos donos do noso litoral? Por que?
    Catástrofes naturais hainas e terribles. A do Prestige non foi unha catástrofe natural. Pero, mesmo no caso das catástrofes naturais, se se poñen os medios, se hai prevención, as consecuencias e, polo tanto, as perdas, redúcense considrablemente.
    Ou non?

    Gústame

Comentarios pechados.