O MURO

Onte actuaron na Sala Capitol de Compostela os PINK TONES, unha banda española que interpreta en directo os temas de PINK FLOID, un grupo de rock británico que naceu nos 60, que arrasou nos 70 e que pasou da música psicodélica ao rock sinfónico. Nunca unha banda experimentou tanto co son, polo que moitos críticos musicais aseguran que: “despois de Pink Floid, nada novo baixo o sol!”. Os seus temas contiñan reflexións filosóficas e protestas contra o sistema establecido. O seu álbum THE WALL foi un dos máis vendidos da historia da música. Aquí vos deixo un tema mítico dese album, Another brick in the wall, porque ninguén que ame a música pode vivir sen coñecer esta marabilla. Un tema imperecedeiro, de plena modernidade agora, en plena crise económica, política, institucional, social, ideolóxica, identitaria… cunha nova Lei de Educación ás portas e en plena campaña electoral, a ver se alguén consegue derrubar  “outro ladrillo do muro”…

Podedes ademais ver:

 

Advertisements

5 opiniones sobre “O MURO

  1. Ningún “albanel” do mundo pon ladrillos na nosa sociedade a velocidade que o fai o noso goberno. Agora mesmo o único que nos queda é que antes de que o cemento seque e a parede se faga máis resistente deberemos tentar sacar algún ladrillo, eu mais ben diría lousa, coma o da vindeira reforma educativa. Se todos nos unimos teremos mais forza e a maneira de unirse non é outra que acudir as minifestacións e folgas reseñadas por diferentes asociacións que buscan deribar, xa non só un ladrillo, senón o muro enteiro.

    Gústame

  2. Eu opino que The Wall é a mellor obra de Pink Floyd, e do rock en xeral, xa que son 81,2 minutos de perfección musical na que se narra a vida de Pink, unha superestrela do rock que se encerra no seu propio muro, a causa dos traumas que sofre na súa vida, ata aislarse por completo do mundo exterior.
    Como xa dixen eu opino que esta obra é a mellor de Pink Floyd, a pesar de que Pink Floyd tamén creo outras obras maestras, como “Dark Side Of The Moon”, “Animals” ou “Wish You Were Here”.
    Recomendo a todos escoitala e leer a traducción, xa que a clave da obra está na letra.

    Gústame

  3. Xa sabía eu que non podía faltar aquí un comentario teu, Edu! Imaxinaba que como grande coñecedor da boa música, estes mestres tiñan que estar entre os teus preferidos. Alégrame ter atinado!

    Gústame

Comentarios pechados.