O MURO

Onte actuaron na Sala Capitol de Compostela os PINK TONES, unha banda española que interpreta en directo os temas de PINK FLOID, un grupo de rock británico que naceu nos 60, que arrasou nos 70 e que pasou da música psicodélica ao rock sinfónico. Nunca unha banda experimentou tanto co son, polo que moitos críticos musicais aseguran que: “despois de Pink Floid, nada novo baixo o sol!”. Os seus temas contiñan reflexións filosóficas e protestas contra o sistema establecido. O seu álbum THE WALL foi un dos máis vendidos da historia da música. Aquí vos deixo un tema mítico dese album, Another brick in the wall, porque ninguén que ame a música pode vivir sen coñecer esta marabilla. Un tema imperecedeiro, de plena modernidade agora, en plena crise económica, política, institucional, social, ideolóxica, identitaria… cunha nova Lei de Educación ás portas e en plena campaña electoral, a ver se alguén consegue derrubar  “outro ladrillo do muro”…

Podedes ademais ver:

 

Advertisements