Himno Galego

Os pinos

¿Que din os rumorosos,
na costa verdecente,
ó raio trasparente
do prácido lüar…?
¿Que din as altas copas
d’escuro arume harpado
co seu ben compasado,
monótono fungar…?

“Do teu verdor cingido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso clan,
non des a esquecemento
da injuria o rudo encono;
desperta do teu sono,
fogar de Breogán.

Os boos e generosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son;
mas sós os ignorantes
e férridos e duros,
imbéciles e escuros,
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades,
qu’as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois donde quer, gigante,
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Pondal, Eduardo (2001) Poesía galega completa II. Poemas impresos; edición de Manuel Ferreiro (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco)

Milladoiro
Coral El Eco
Versión beatbox de Carlos Gende nova pestana ou xanela

FONTE: SON DE POETAS

El Puto Coke En

Advertisements

2 opiniones sobre “Himno Galego

  1. Esta canción esta been xa que estamos acostumados a oír o hinmo galego co son das gaitas e en bandas así que nunca e tarde para descubrir unah nova cousa

    Gústame

Comentarios pechados.