A EVOLUCIÓN TRAS-CONTINENTAL DA LINGUA GALAICO-PORTUGUESA. VALENTÍN PAZ-ANDRADE, 1968.

Lingua do pobo e dos trobadores era o galego que no século XIII Dom Diniz, Rei labrador, plantador e poeta, converteu en idioma oficial do seu Reino. Daquela, Galiza e Portugal mantíñanse aínda en certa unidade de espírito.  De tan nobre orixe sobreviven realidades sociais cheas de fecundidade. As que fixeron posíbel, a despeito de diferenciacións raciais, de continentes e de hemisferios, paralelos e meridianos… que un labrador de Castroverde poida parrafear cun “facendeiro” de Rio Grande do Sul, que un mineiro de Silleda poida entenderse mao a mao cun “garimpeiro” que arrinca diamantes en Rochedo ou Corguiño (Matto Grosso); unha regateira do Berbés ou do Muro da Coruña cunha varina de Peniche ou de Porto Alegre; un intelectual luso-galaico cun “bugre” dos Campos Gerais.

O mapa da lingua de Camões e Rosalía abrangue terras de catro continentes. Atendendo ao censo dos que a usan, clasifícase no terceiro posto entre as linguas neolatinas. Despois do inglés e o castelán, é tamén a terceira das Américas. Hoxe o cómputo anda polas beiras dos cen millóns de falantes. Todos se entenden, ou pódense entender, nas mesmas voces.

Con conciencia do mal, ou sen ela, mantense aínda hoxe, envolto nun senso reverencial de reliquia, ao idioma galego. Dunha banda, polo fenómeno de marxinación, que xa leva durado máis de catro séculos. Resulta, quéirase ou non, da presión asimilista que exerce o castelán oficializando. Doutra banda, polo complexo de inferioridade, que ao redor da fala propia aquela marxinación provocou na área de nacenza. A proscrición do uso nas escolas, no culto, nas relacións administrativas, etc., tiña que carrexar ao longo termo, cando menos, esta pauliña serodia da auto-subestimación. Máxime na poboación monolingüe, que aínda hoxe chega ou pasa dos tres cuartos da total.

Temos diante de nós un “status” posicional vicioso e falaz, que algún día entrará no desxeo. Mais para conquerir tan lexítimo obxectivo, non abonda coa denuncia isolada e teórica. Cando menos se se exerce como deica agora, arrequecida nos sentimentos reivindicativos e pouco máis. (…) Mais a cousa podería mudar de vez, se fósemos homes dabondo para ligar o problema do idioma a un pensamento social moito máis que á reacción sentimental.

         Fai falla escomenzar poñendo en destaque, entre os valores que a nosa lingua conserva, a súa capacidade como “medio de comunicación”. Chegou o intre de cifrar a importancia do idioma ­─mais que na súa orixe e os seus servizos á creación literaria ou histórica­─, no censo das persoas que valéndose da ferrramenta verbal recibida no lar, poden entenderse polo ancho mundo. Ao mesmo tempo compre ter en conta a evolución previsible das magnitudes demográficas que veñen avencelladas, na comunidade lingüística, resultante dun arriscado proceso histórico.

Galiza pode progresar, sobre todo na economía, se acredita no seu idioma e tende pontes co sistema internacional que orixinou.

VALENTÍN PAZ-ANDRADE, LETRAS GALEGAS 2012.

Advertisements

77 opiniones sobre “A EVOLUCIÓN TRAS-CONTINENTAL DA LINGUA GALAICO-PORTUGUESA. VALENTÍN PAZ-ANDRADE, 1968.

  1. Desde o meu punto de vista, o que Valentín Paz Andrade intenta dicir neste artigo, é que non consigue entender porque se discrimina tanto a lingua galega; xa que o galego é unha lingua que a través do galego-portugués se formou, coma moitas outras variantes que están presentes en países como Portugal, Brasil…, por iso se lle debería de ter máis aprezo ao galego.

    Gústame

  2. Na miña opinión, o galego segue estando sometido ao dominio do castelán. Aínda que a situación foi mellorando ao longo do tempo, hai moitos ámbitos nos que segue estando infravalorado e se prefire o uso do castelán.
    Por outra banda, o complexo de inferioridade dalgúns galegofalantes paréseme totalmente absurdo. A nosa lingua é tan válida coma o castelán para o seu uso en calquera situación, xa sexa política, cultural, familiar, etc.

    Gústame

  3. Valentín Paz-Andrade foi un dos grandes defensores da lingua galega naquel tempo. Como vemos na imaxe está presentando unha carreira en defensa da lingua. Naquel tempo fixo moito por ela e, agora que el non está, temos que devolverlle ese favor defendéndoa nos.

    Gústame

  4. Valentín Paz Andrade quere dicir que o galego non só se fala en Galicia, tamén se fala en moitos outros lugares de todo o mundo, aínda que non sexa o galego que falamos nós son variantes del, e teñen unha mesma raíz: como o portugués ou o brasileiro.

    Gústame

  5. Valentín Paz-Andrade xunto con outros grandes escritores galegos defendeu a nosa lingua como o seu maior tesouro, para que agora nós nos avergoncemos dela. Nós, como cidadáns do noso territorio galego, deberíamos usar a nosa lingua para todo e non nos avergonzar dela para iso é a nosa lingua
    SEMPRE GALEGO!

    Gústame

  6. O Galego e o Portugués descenden da mesma lingua, o galego medieval.
    O que quere dicir Valentín Paz Andrade é que o pasado que temos en común cos portugueses aínda se ve reflectido nalgunhas situacións cotiás e que non podemos deixar que iso morra porque o feito de poder entendernos sen ter que aprender outra lingua xa é un punto ao noso favor, aínda que siga habendo xente que teña complexos e se sinta inferior por falar galego, non deberiamos deixar que isto nos afecte, porque senón o galego podería chegar a desaparecer.

    Gústame

  7. Penso que temos que valorar mais o galego xa que a maioria das persoas quitanlle importancia dicindo que é unha lingua minoritario, o que é mentira xa que é un idioma dos máis falados.

    Gústame

  8. Valentín Paz Andrade levou o galego a todos os sitios onde estivo e el facía todo por Galiza , nós tamén deberiamos facer o mesmo por Galiza , colaborar no seu propósito xa que el máis non puido facer. Porque como ben dixeron os meus compañeiros, temos que falar galego en todas as partes e onde esteamos non como agora que só o falamos nalgunhas partes.

    Gústame

  9. Estou de acordo cos meus compañeiros/as, creo que debeíamos de usar o galego tamén nos lugares de traballo e en calquera lugar porque senón acabarase perdendo esta lingua polos prexuízos qua hai.

    Gústame

  10. Na miña opinión persoal,non entendo por que seguimos desprezando o galego, porque se Valentín o defendeu tanto sabendo que naquela época era prohibido e penalizado coa morte,n on entendo por qué nós agora que podemos falalo,escribilo, facer todo aquilo que antes non se podía,non o facemos, por que se el o fixo e non se podía, agora que se pode non se fai?.

    Gústame

  11. O texto fálanos da situación do galego no século XIII, durante o reinado de Dom Diniz. Daquela o galego era o idioma “oficial”. Hoxe, visto como galego-portugués, está no terceiro posto entre as linguas neolatinas máis usadas. Fálanos do fenómeno de marxinación (ante o castelán) e do complexo de inferioridade a que se veu sometido. Para rematar fala da súa situación, da importancia do idioma como instrumento para o progreso de Galiza.

    Gústame

  12. Non entendo como podemos os galegos despreciar a nosa propia lingua e non falala, aínda por riba sendo unha das máis faladas, se a ollamos desde a perspectiva do galego-portugués. Porque eu non vexo que os portueses non falen a sua lingua (portugués) nin os brasileiros. E logo, por que nós a despreciamos e a cambiamos polo castelán?
    Creo que deberiamos seguir os pasos de Valentín Paz-Andrade, e defender o galego e falalo.

    Gústame

  13. Temos que valorar máis o galego xa que non é unha lingua minoritaria como pensa moita xente.
    Nós deberiamos seguir o exemplo de Valentín Paz Andrade e defender o galego.

    Gústame

  14. Deberiamos valorar máis o galego. E si é unha lingua “minoritaria” como din, o que habería que facer seria falala, para que deixase de selo.

    Gústame

  15. Valentin Paz-Andrade fala da riqueza que supuxo o galego no seculo XIII, que xunto co portugues unironse e fixeron posible un unico idioma, que estuvese por riba de moitas outras cousas.
    Pero agora polo contrario o galego mantense marxinado e condenado a desaparecer se non cambiamos a nosa forma de pensar.
    Hai que valorar máis o galego, xa que e un idioma que se fala en moitos paises, e deixar de sentir complexo de inferiorade o falalo. Como alguns pais galego falantes que lles ensenñan dende pequenos a falar en castelán, porque din que co galego non vas a ningun lado.

    Gústame

  16. Aínda que o galego é a terceira lingua máis falada do mundo, considérase como unha lingua minoritaria e marxinada.
    E nos, os galegos, somos os únicos que podemos facer algo para cambialo….¡¡Que o camiño faise andando!!

    Gústame

  17. Na miña opinión deberiamos falar galego e deixar os prexuízos que temos da nosa terra e da nosa lingua como dí neste artigo Velentín Paz Andrade, xa que sin eles deixariamos de ser os mesmos. Nós somos Galicia!!!

    Gústame

  18. Valentín defendeu o galego e atreveuse a facelo a naqueles intres.Aínda que se diga que o galego é unha lingua minoritaria non é verdade. Xa que Valentín a defendeu para canto máis nós temos que ser quen de falala e non tirala como se non valese nada.Tamén se fala noutras partes fóra de Galicia…

    Gústame

  19. Os galegos deberíamos defender e valorar a nosa lingua como fixo Valentín Paz Andrade. Temos que deixar atrás todos os prexuízos que hai contra o galego, para que así se deixe de dicir que é unha lingua minoritaria.

    Gústame

  20. Os galegos temos que deixarnos de parvadas,e seguir o exemplo de Valentín Paz Andrade, un home que sempre defendeu a nosa lingua nos malos e nos bos momentos …

    Gústame

  21. Valentín Paz-Andrade foi todo un exemplo para todos os galegos e deberiamos mostrarlle o respeto que merece falando e facendo que progrese o galego, porque somos nós quen temos este deber, e ao mesmo tempo este privilexio.

    Gústame

  22. Todos deberiamos coidar a nosa lingua e valorala, dado que moita xente loitou e morreu por ela. Fagamos que a nosa lingua volva a ser grande, como foi na Idade Media!

    Gústame

  23. Neste artigo falase do desplazamento do galego pola presión exercida do castelán. Neste artigo podese ver que nos intenta avisar do perigo que corre a nosa lingua pola sua perdeda.

    Gústame

  24. A pesar de toda a marxinación que sufriu o galego ao longo da nosa histiroa non debemos esquecer que é a lingua que tantas veces foi defendida por ilustres escritores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal… servenos para comunicarnos con milleiros de persoas de todo o mundo e non só do noso ámbito máis cercano como é Galiza. Unha lingua tantas veces desprestixiada merece ser recoñecida pola súa importancia e presencia no mundo actual.

    Gústame

  25. Valentín Paz Andrade, defensor do pobo galego, foi un dos mais grandes homes que esta nosa terra dou, e con estas palabras demostrao, xa que nel residia un espirito galeguista que nin o réxime franquista logrou afogar. Así hasta a sua morte, Andrade, defendeu o galego como a sua patria.

    Gústame

  26. Valentín di neste artigo que o galego que no século XIII Dom Diniz converteu en lingua do seu pobo é a mesma lingua que hoxe en día se fala ao outro lado do océano. Se os galegos seguisemos a falar o antigo galego que nos quitaron, a nosa literatura e a nosa cultura quedaría espallada por medio mundo. De todas formas temos que falar galego e evitar todo tipo de prexuicios da nosa gran lingua e da nosa longa historia.

    Gústame

  27. Todos os galego deveriamos falar galego, xa que si non pareceria que temos medo a falar a nosa propia lingua ke e o ke di Paz Andrade

    Gústame

Comentarios pechados.