O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras

Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.

Queremos Galego recorreu hoxe mesmo nos tribunais e mantén a convocatoria “con máis razóns que nunca”.

Carlos Callón: “Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos”.

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: A MESA

GRAZAS Á NAI DE ABEL POLA INFORMACIÓN!

DEZ PASOS PARA REVITALIZARMOS O GALEGO… (9)

9. Se tes como lingua habitual o castelán e aínda non te ves capaz de falar en galego de forma frecuente, interésate pola lingua de Galiza. Loita contra as inxustizas que padece quen quere vivir en galego en Galiza, pois a represión dunha lingua é un acto de barbarie. Comeza escollendo o galego como idioma no teu caixeiro, nas túas redes sociais, no teu telemóbel, etc. E, o máis importante, tenta falalo e escribilo, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso. Non te cortes! Verás que, se te soltas, es capaz de falar en galego moito mellor do que imaxinas!

FONTE: Artigo de Carlos Callón en Galicia Hoxe