Cen chaves de sombra (1979)

Canto ao catro de Nadal

 

Galiza abría os ollos despois da negra sombra

que murchara no cedo as roseiras de abril.

De novo puña os pés no camiño de volta

ao de forzas circiais dentro de si.

 

As rúas eran ríos de peitos xa rimados,

na arela de facer unha patria coas mans,

desxugar cabezallas que esmagan os destinos

devolvendo aos galegos a imaxe do seu chan.

 

A pulsación do pobo a devalar no asfalto

reinzou as calzadas de latexos votivos,

de calcañares firmes na fe remanecida

de que non máis seremos os decote vencidos.

 

A voz autonomía cobrou azas de pomba

que os sonos arrolara do pobo a camiñar,

A voz autonomía quente de pulsos ledos

debullou a súa mensaxe no sangue popular.

 

 ANTOLOXÍA

PODES DESCARGALO EN SCRIBD

VALENTÍN PAZ-ANDRADE. CEN CHAVES DE SOMBRA, 1979

 

Advertisements