GALEGO, TODO O QUE BUSCAS!

Hoxe, 2 de Maio, comeza a famosa carreira pola lingua. Podes consultar o calendario , o manifesto, as bandas deseñadas, os grupos do Cantalingua, a presentación deste ano… Mesmo seguilo no facebook!

Sabías que o Correlingua lévase celebrando desde hai 29 anos? A que non dás averiguado quen fixo a entrega, en Vigo, do manifesto no segundo ano de celebración, en 1985, desta popular carreira pola lingua?

Advertisements

5 opiniones sobre “GALEGO, TODO O QUE BUSCAS!

  1. Eii!! Resolve a cuestión, que agora estou intrigada e non dei coa resposta. A ver, quen fixo a entrega do manifesto?

    Gústame

  2. Ooo.. Esperarei logo.
    Aínda que… non sería Anxo Lorenzo? Ese mesmo Anxo que buscaba amante galegofalante, e que agora… En fin… Sen comentrios? Non botei contas cos anos eh, asi que asumo a burrada no caso de que a sexa.. Hehe!

    Gústame

Comentarios pechados.