Pardeconde

Bótadelle unha ollada a este temazo de GRAN PURISMO, nome musical de Carlos Abad, músico de Hip Hop galego nado en Suíza. O tema está adicado á aldea do Val de Esgos na que naceu, Pardeconde.

Esto vai para a miña aldea, Pa que vexas Pardeconde.
Cando era neno sempre iba eu pa alí,
tiña un abuelo que sempre me quixo tanto a min,
solo cunha bicicleta era feliz,
con cadelo e escopeta de balís,
éche así, foi un tempo, ben,
ben entretido como as pelexas do Valiente co Malvino,
como pasaron da segunda,
e comprar Phoskitos,
e xogar con Himan,
Javier tiña o castillo,
os vellos sempre estaban para botar partidas,
e o meu vello sempre me pingaba calderilla,
tomaba sete cocacolas, ai miña barriga,
e chorei cando morreu o can da Guillermina,
eramos outros, xogábamos no souto,
xogabamos no couto,
xogabamos cos outros,
xogamos ó balón e si rebota contra a pedra,
vai parar ó pozo ou ó corral da Campecha,
ó corral do Cesáreo ou á véntana da Amalia,
ó poleiro abaixo onde o José das sandalias,
e date conta que os balóns sempre baixan lanzados,
se te descuidas tes que ir pas da fonte buscalos,
sempre fumos algo brutos eiquí,
sempre levo de recordo máis unha cicatriz,
sempre fomos todos guapos e que poido dicir,
que máis de unha moza pudo ser actriz, éche así,
nada inventado, todo verdadeiro,
a nosa nave era un castiñeiro,
xúroche rapaz que a súa madeira aínda cheiro,
e o que non quería subir era un pildeiro.
Somos de Esgos, non somos modernos,
sei que houbo un tempo no que non había telefono,
e ¿para que queres tal cacharo do demo?,
si aquí toda a xente sábeche falar a berros “cago en Díos”.
E si vacilas pola calle non che teño medo,
cos de aquí sómosche duros tal coma penedos,
que vaian de malotes, chulos, ou locos, Fuck you,
eiqui a xente limpa o cu con toxos.
Xa veras cando chegan festas do S Pedro,
e as orquestas e os gitanos que venden enredos,
xuntaranse todos os vellos e os nenos,
e os da comisión pasan para pedir po peto,
e ten cuidado si a túa moza baila,
que aquí roubámosche a cadela coma o cura en Niñodaiga,
eiquí celebran festas por todo e por nada,
pero tés dereito a telas se traballas, rapaz.
O conxuro recitado polo Amado,
e todos van a barra coma un raio,
que esta festa éche súper-fertil do carallo,
se contas nove meses moitos nacemos en maio.
E os domingos ir a misa a aguantar,
que digo que os que che saben beber tamén che saben rezar,
unha resaca do carallo do rapaz que nunca deu polas didiante e as detrás, que va,
noites inolvidables no alto da Cruz,
unha pandilla de rapaces chea de espiritu,
saber quen lle gusta quen, charlas de tu a tu,
E apagar os cigarriños cando vías unha luz.
Este é o meu sitio a miña terra,
unha casa na aira de arriba onde vive a miña abuela,
son o fillo doAamado, o neto da mai Celia,
o meu primeiro cego serio pilleino en Maceda.
E sei que moitos pensan que esto xa está olvidado,
eu seguirei ladrando como o can do Lauréano,
que son autentico, único e original, coma a callada do Carranchá.

Ei, ei… que pasa oh, esta merda xa acabou, ponme esa instrumental outra vez que aínda lle hai que facer un refrán a esta xente, ostia, veña, aí está moitas grazas

Ei, ei Pardeconde, estades preparados para o estribillo

E xa fai tanto tempo que non paso por alí, e cada fun nunca me arrepentín, este en donde este, eu sei ben de donde, ¡que carallo! ¡po! ¡po! Son de Pardeconde.
E xa fai tanto tempo que non paso por alí, e cada fun nunca me arrepentín, este en donde este, eu sei ben de donde, ¡me cago en Dios! Son de Pardeconde.(bis)

Esto foi todo, falándoche do meu pueblo, da miña aldea, nunca me olvidarei de naide, escoita ben:

Javi Ferreño, Javi Blanco, Ana, Susana, Abel, Claudio, Bruno, Montse, Joseciño, Diego, Daniel, Dani, Iván, Severino tamén, Gloria, Manolito, Carmén, e toda a mafia da aira de arriba tamén, Tamara, Mari Carmen, Sito, Javi, Antonio, Amelia, Rosa, Sebe Agustina, tío Antonio, Amalia, Tía María, tamén, Odilo, e o Eliseo e a Isabel, tamén o José a Milagros, Eladio, María Belén e a Maruja tamén e o Juan Carlos, e a Beatriz e o Ricardo, e o Alberto e o Toño e o Roberto, a Venita o Lauréano, o Pepe e a Merecedes, todos volo merecedes, e para non olvidar o Juan e a Pilar, e todos os que son do outro lugar, o tío Amado, a tía Antonia, Alyes, Amadora, a xente de Babilonia, todos os meus primos de Lisboa, un hora, e o Chaparro e o Gandolas, todos na miña mente, nunca me olvidei, xa nos vemos cando pasarei, que estedes vivos ou mortos eu sempre me recordo, oh, Granpurismo, conocido como Carlos Abad Garridos, a familia dos Abades, esta éche a merda, si, un verdadeiro gallego, que descanse en paz José Garrido Pequeño,

BLOGUE: PONTE LOUCO

FONTE DE INFORMACIÓN: AS GABARRAS

GRAZAS, MARÍA E CRIS!

Advertisements