«Moitos pais falan galego cando ven como o fan os seus fillos»

A USC e a Xunta resaltan o proxecto educativo da escola infantil

O modelo educativo da escola infantil Raiola é destacado nun recente volume editado pola USC e a Consellería de Educación sobre planificación lingüística nos centros de ensino non universitarios. «Todas as actividades as facemos en galego; tamén a tramitación administrativa e os recursos didácticos que usamos co alumnado, pois cada vez hai máis na nosa lingua», afirma Rita Iglesias, que coordina o proxecto lingüístico e leva 24 anos no centro.

PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: LA VOZ DE GALICIA

Advertisements