8 de marzo cada día do ano

Hoxe non é 8 de marzo, pero as mulleres seguimos a ser borradas da Historia. Deberíamos agardar ao vindeiro 8 de marzo para denuncialo, para reclamar os nosos dereitos, a nosa condición de iguais ao home, a nosa condición común de seres humanos, de persoas, independentemente do noso sexo ou da nosa orientación sexual; teremos que agardar ao 2013 para loitar?

A canle arxentina, Canal Encuentro, presentou un ciclo  no que Eduardo Galeano, xenial escritor uruguaio, expón a súa particular visión do mundo. Galeano relata textos seleccionados da súa obra para mostrar a súa ollada sobre a Historia, os Homes, as Mulleres, os Nenos, a Arte, os Amores… o Fútbol.

A pregunta á que debemos responder, ou sobre a que Galeano nos propón que reflexionemos é que futuro estamos a construír?

Ollade este vídeo do ciclo LA VIDA SEGÚN GALEANO, correspondente ao capítulo 1º, MULLERES

 

Reflexionade agora sobre as seguintes cuestións…

  • Quen dixo que foran homes os que realizaron as pinturas rupestres nas cavernas prehistóricas, e non mulleres?

Os Homes que escribiron a Historia! Pero, que pasaría se a Historia a tivesen escrito as Mulleres?

  • Quen dixo que fora Eva a que nacera dunha costela de Adán? Quen dixo que Eva collera a mazá que lle ofrecera a serpe no Paraíso? Quen dixo que Eva tiña que parir con dor? Quen dixo que Eva debería someterse ao dominio do seu home?

Adán, contou desde a súa perspectiva! Pero que tería contado Eva?

  • Quen dixo que San Xosé quería ter un neno e non unha nena?

Os evanxelistas que escribiron a Biblia! Pero que contarían sobre o nacemento de Cristo as santas cristiás, se tivesen elas escrito a Biblia?

  • Quen dixo que a muller estaba suxa polo sangue da menstruación?

Os homes que mandaban no mundo cristián. Se puidesen falar e cantar, as mulleres dirían (como Hildegarda) que o sangue suxo é o das guerras (que fan os homes…).

  • Por que non falamos de  mulleres na Historia? Por que case non falamos de artistas femininas até a Idade Contemporánea?

Porque foron os homes os  que escribiron esa Hitoria a imaxe e semellanza deles mesmos…

GRAZAS, MANEL, POLA FONTE!

95 opiniones sobre “8 de marzo cada día do ano

  1. Somos todos iguais, non polo feito de ser home ou muller hai diferenza entre nós, xa que eu se caio vaime doer igual que a unha muller polo tanto somos iguais en todo e incluso temos que ser iguais en dereitos coma en deberes.

    Gústame

  2. Eu estou dacordo co meu compañeiro de aula Raúl! Todos somos iguais sexamos homes ou mulleres! A muller sempre tivo o papel do traballo na casa…fregar,cociñar,coidar os nenos…etc. E ainda que iso cambiou moito ainda deberia cambiar mais porque temos os mismos dereitos e deberes

    Gústame

  3. Ate hai un pouco e ainda agora en algunhas pequenas cousas a muller nunca tivo o mesmo dereito ca o home, xa fora por traballos pesados ou mesmo por traballos forzosos, pero as mulleres podemos tanto coma os homes, ou en algunhas cousas podémonos superar máis. Na miña opinión, as diferenzas entre homes e mulleres non se deberían de tratar nin pensar tal sequera, xa que todos podemos máis ou menos traballar en todo o que se nos presenta, tanto ser amo/a da casa como carpinteiro/a.

    Gústame

  4. Ollando esta entrada e lendo as cuestión que formulas sobre Adán e Eva, acordeime do “Diario de Eva” de Mark Twain (http://www.edicionspositivas.com/web/index.php?option=com_content&view=article&id=10&Itemid=12) que recomendo encarecidamente aos teus alumnos.
    Twain exponnos outra visión da vida no Paraíso, a de Eva. Neste caso, Adán é medio trenco e pouco curioso, mentres que Eva é quen descubre os sentimentos, o valor da natureza…

    Remontándonos ao presente tamén… No mundo do deporte, que resalta? Fúltbol. Quen xoga ao fútbol? Homes. E onde fican as mulleres? E no tenis? E en F1? E en Moto GP? A curiosidade é un bo camiño para indagar…

    Gústame

  5. Estou dacordo con todos os que xa comentaron, as mulleres somos iguais os homes, temos os mesmos dereitos e os mesmos deberes, e somos capaces de facer as mesmas cousas que os homes, igual ou incluso mellor. O que ocorre e que aínda que pareza que non, vivimos nunha sociedade moi machista, dende pequenos vemos películas de princesas que viven en castelos e que teñen que ser salvadas polo príncipe, ou nos que a muller queda na casa limpando agardando a chegada do seu marido, e mesmo nos anuncios na maior parte dos de limpeza a protagonista é unha muller,se esto cambiase un pouco a sociedade iría mellor, e a mente de moitos cambiaría.

    Gústame

  6. Antes as mulleres e aínda ahora había e hai mulleres que só servíán para coidar dos nenos,estar na casa e pouco máis. Todos teñen os mesmos dereitos e a decidirse sen ter que preguntar ó home e ter pensado con claridade o que querer ser: condutora de autobús, enfermeira…
    A non pensar no que pense ó home e sobre todo non ter medo cando che intenta facer algún tipo de dano.

    Gústame

  7. Pareceme unha noticia degradante para a muller posto que o concepto que antes se tiña da muller era a que quedaba na casa limpando e esperando a que chegara o seu marido, a que non podía realizar esforzos nin dar a súa opinión. Ao longo do tempo esta idea foi cambiado pero aínda oxe en día moitas persoas seguen tendo a misma idea retrogada e machista, aínda que por sorte non todos somos iguis. Cada vez a muller pode realizar máis traballos e ao mesmo nivel cao home pero sen recibir o mesmo salario. Esperemos que co paso do tempo estas ideas segan avanzando e poidamos ter unha sociedade donde homes e mulleres seamos iguais.

    Gústame

  8. Tanto as mulleres coma os homes teñen os mesmos dereitos, non esta ben o que pasaba e, por que non dicilo, segue a pasar.
    Pouco a pouco isto pode deixar de pasar e chegar a o punto que debería alcanzar.

    Gústame

  9. As mulleres e os homes teñen os mismo deberes e dereitos, as mulleres poden realizar os mesmos traballos ca os homes, pero neste mundo a xente ten una mentalidad bastante machista, e por eso poñen as mulleres en inferioridad, co tempo a idea foise asimilando un pouco máis pero por moitos anos que pasaran a mentalidade non cambiou o suficiente.

    Gústame

  10. Non é xusto que traten ás mulleres como se fosen diferentes dos homes, desde a miña perspectiva non se debería consentir tanto menosprezo á muller, porque si se segue por ese camiño acabaremos co machismo como principal modo de vida.

    Gústame

  11. As mulleres e os homes son iguais, temos os mesmos dereitos e deberes, e somos tan capaces de facer as cousas tanto os homes coma as mulleres.

    Gústame

  12. Tanco as mulleres como os homes son iguais, deberían ter as memas igualdades de condiciones. Xa que se infravalora as mulleres.

    Gústame

  13. Coma ben expresaron os meus compañeiros, os homes e as mulleres somo iguais e non debería de esístir ningunha barreira entre nos, xa que todos somos seres humanos iguais cos mesmos dereitos e deberes.Aínda así as mulleres
    estamos infravaloradas en moitos aspectos como na ciencia e na cultura.

    Gústame

  14. Creo que nin sequera temos que esperar ao 2013, que cada dia temos que loitar pola igualdade de sexo!!!
    As mulleres son iguais que os homes, temos os mismos dereitos e deberes.

    Gústame

  15. Eu estou dacordo cos meus compañeiros,as mulleres temos os mesmos dereitos e deberes que os homes xa que somos iguais!somos mulleres pero temos os mesmos dereitos e deberes!

    Gústame

  16. todos temos os mesmos dereitos, tanto homes como mulleres. Debemos seguir progresando neste territorio, para que todos poidamos ter a mesma forza de palabra. teremos que esforzarnos mais para lograr un proposito que se igual para todos.

    Gústame

  17. Somos todos iguais, non polo feito de ser home ou muller ten porque haber diferenza entre nós, xa que si eu levo un golpe vaime doer tanto como a unha muller, polo tanto somos iguais.

    Gústame

  18. Eu creo que todo o que pon neste artigo se resume no que pasaba até agora porque había un gran prexuízo contra as mulleres como o dos traballo. Decía que os homes valían para unhas cousas e as mulleres para outras. Este prexuízo reduciuse pero ainda hai xente que vive no mundo antigo e mira mal as mulleres en determinados traballos. Isto e un desprezo porque non habería homes sen mulleres, se as mulleres non sufren a poboación extinguese.

    Gústame

  19. Os homes e as mulleres deberíamos de ser iguais xa que todos temos os mesmos dereitos e obrigas. Así as mulleres segimos sendo infravaloradas en moitos aspectos.

    Gústame

  20. Dende sempre se dixo que os homes eran o sexo fuerte e as mulleres o débil, por iso o home era o encargado de loitar en guerras e traballar mentres que a muller quedaba na casa a facer as tareas.
    Por iso ao as mulleres quedar na casa dase por obio que eran os homes os encargados de facer as cousas importantes e que permaneceron na historia, cando en realidade as mulleres son capaces de facer tantas ou mais cousas.
    Por iso na sociedade actual ai case tantas mulleres coma homes traballando.

    Gústame

  21. As mulleres temos todos os mesmos dereitos e deberes e hai cousas que as mulleres fan moito mellor que os homes, ainda que na actualidade segue habendo persoas machistas que din que as mulleres non son que de facer alguns traballos que os homes considran moi duros e neso eu non estou deacordo.

    Gústame

  22. Moita xente, entre estas homes , din que as mulleres e os homes somos iguais, pero eso aínda non o vexo reflexado de todo na actualidade.A muller ainda non está no mesmo peldaño que os homes, e verdade que nos últimos anos subiron moitos peldaños,pero ainda lle queda un, un moi pequeno, que teñen que facer as mulleres para subilo??
    Si en todas as cousas as mulleres poden facer as cousas igual que os homes ou incluso mellor!!!

    Gústame

  23. As mulleres e os homes son iguais, cos mesmos dereitos e deberes. Debería de haber igualdade, xa que o que pode facer un home tamén o pode facer unha muller.

    Gústame

  24. Eu tamen estou de acordo con todos.Tanto as mulleres como os homes temos os mesmos dereitos para todo e somos iguais, polo que deberíamos de ser tratados con igualdade e nnn deixarnos, como se so os homes valesen para todo e as mulleres na mais que valen para certas cousas como limpar a casa,coidar dos filllos e facer a comida mentres que os homes podían traballar e as mulleres non.

    Gústame

  25. Tanto homes como mulleres temos os mesmos dereitos e deveres, o triste é que algunhas persoas non se decaten diso e sigan infravalorando as mulleres como se facia fai 50 anos.

    Gústame

  26. Homes e mulleres todos somos persoas, temos todos as mismas obrigas e os mismos dereitos, debese tratar por igual a todos. IGUALDADE SEMPRE!

    Gústame

  27. Eu opino que as mulleres deberían de ser tratadas coma os homes, as diferencias de sexo non son importantes, os homes e as mulleres son todos seres humanos e deberíanse tratar igual. Eu apoio a Igualdade Total, pero non podo facer que ppine a xente da mesma maneira ca min.

    Gústame

  28. Creo que tanto as mulleres como os homes deberían ter os mesmo dereitos.
    Non deixar que a sociedade impida que as mulleres teñamos os mismos dereitos que os homes.
    IGUALDADE!!

    Gústame

  29. Como muller que son paréceme indignante que se trate mellor aos homes que ás mulleres, porque todos somos persoas e todos deberíamos de ter os mesmos dereitos. As mulleres tamén podemos facer os mesmos traballos que os homes, polo que nos deberían de tratar igual.

    Gústame

  30. As mulleres son totalmente iguais ca os homes, só cambia o físico, e por iso non debería de haber discriminación de ningún tipo, e moito menos nos tempos tan adiantados nos que estamos.

    Gústame

  31. Estou dacordo con todos os comentarios , as mulleres somos iguais os homes, temos os mesmos dereitos e os mesmos deberes , e ambos podemos facer as mesmas cousas.

    Gústame

  32. Eu tamén estou de acordo cos meus compañeiros, xa que as mulleres e os homes son iguais e deberíannos que tratar como tal xa que aínda cos adiantos que tivemos as mulleres aínda estamos infravaloradas xa que por exemplo na maioría dos postos de traballo os homes siguen cobrando mais facendo o mesmo traballo que as mulleres e ata algunhas veces menos so por o feito de ser homes.

    Gústame

  33. Tanto homes como mulleres temos os mesmos dereitos e obrigas. Ambos poden facer o mesmo traballo nas mesmas condicións.

    Gústame

  34. As mulleres temos os mesmos dereitos ca os homes, e podemos facer os mesmos traballos ca eles.Eu penso que esto da discriminación a muller é unha parvada porque si eu quero ser albañil, porque non o vou ser? non hai ningunha lei que mo impida verdade? o mellor facíao mellor ca eles!!!!

    Gústame

  35. Paréceme que tanto os homes como as mulleres deberíamos ter os mesmos dereitos e deberes, o problema é que en algúns lugares aínda non todas as persoas teñen os mesmos dereitos, e habería que solucionar ese problema canto antes.

    Gústame

  36. As mulleres deberíamos ter o mesmo dereito que os homes,porque o sexo non importa nas condicions de sociedade.Todos debemos poder realizar as mesmas tareas en diferencia de que sexamos homes ou mulleres,algunhas persoa polo de agora miran mal as mulleres que realizan traballos que nunca realizaron antes,pero iso non é nada malo moitas veces as mulleres saben realizar un traballo dun home mellor que el.
    A miña opinión é que vivimos nunha sociedade moi machista ,é as mulleres valen máis que os homes en moitas ocasións .

    Gústame

  37. Eu creo que os homes non deberian estar a mesma altura que as mulleres.Porque non son mellores que as mulleres en nada.E se Deus fora unha muller as mulleres estariamos por riba dos homes.:(

    Gústame

  38. Está visto que ate o de agora as mulleres e os homes non estamos en igualdade de condicións. Non teño nin idea de porque estes prexuízos respecto a nos, as mulleres, pero o que si debemos facer e solucionalo. Na miña opinión as mulleres deben ser tratadas en igualdade de condicións que os homes, xa que en casos son superiores a estes.

    Gústame

  39. Realmente estou de acordo en que as mulleres deverían ter os mesmos dereitos que os homes e mesmo recoñecemento, tamén.
    E a todas as preguntas que se fan no comentario eu respondoche con outra: Por que dis que a historia esta creada polos homes?
    E certo que sempre se valorou máis os homes que as mulleres pero mesmo as mulleres pensaban que eran inferiores aos homes así que pode que a historia si estea escrita por unha muller.

    Gústame

  40. Na miña opinión penso que as mulleres deberían ser tratadas coma os homes, porque non son inferiores a estes por ter un sexo distinto. Finalmente teño que decir que comparto a opinión do escritor deste artigo: o día da muller non debería de ser só un, se non todo o ano!!

    Gústame

  41. Os homes non somos superiores as mulleres, somos iguais inda que moitas persoas non pensan asi.
    O machismo ven dende fai moito tempo, e si non o cortamos, extenderase ate que non se poida para. Por iso estou dacordo con esta noticia, acabemos co machismo.

    Gústame

  42. Todas as persoas, sexan homes ou mulleres, deben ter os mesmos dereitos e obrigacións. Pero non todo mundo está pola labor. A día de hoxe aínda hai violencia de xénero e seguese sen tratar igual as mulleres.
    Esto ten que cambiar xa.

    Gústame

  43. Tanto homes coma mulleres deberiamos ter as mesmas condicions, porque ningun dos dous sexos esta por riva do outro.Todos somos iguais e deberiamos facer algo para cambiar o que esta a suceder na actualidade, ainda que xa non e coma antes, seguese despreciando as mulleres.

    Gústame

  44. A miña opinión é que os homes son tan importantes coma as mulleres. Creo que todos temos os mesmos dereitos e deberes, asique todos deberiamos poder facer o mesmo, pero desgraciadamente segue habendo moito machismo ainda que cada vez menos. Hai que loitar por acabar co machismo pero non creo que iso sea fácil.

    Gústame

  45. Eu tamén penso igual que todos os meus compañeiros, os homes non son superiores ás mulleres, nin ó contrario, somos todos iguais.

    Gústame

  46. Eu estou de acordo con carme, creo que dende pequenos nos foron ensinando o que viña sendo a muller para esta sociedade por medio de debuxos animados ou películas, e creo que así non vamos a ningures. A muller debería ser tratada como os homes, por que non somos menos que eles.

    Gústame

  47. todas as persoas teñen ese er iguais, ter as mimas condiciós e respetar ao sexo contario.Primeiro antes de poñer leis que aprendan a ser persoas os políticos, xa que se sege despreciando as mulleres.

    Gústame

Comentarios pechados.