8 de marzo cada día do ano

Hoxe non é 8 de marzo, pero as mulleres seguimos a ser borradas da Historia. Deberíamos agardar ao vindeiro 8 de marzo para denuncialo, para reclamar os nosos dereitos, a nosa condición de iguais ao home, a nosa condición común de seres humanos, de persoas, independentemente do noso sexo ou da nosa orientación sexual; teremos que agardar ao 2013 para loitar?

A canle arxentina, Canal Encuentro, presentou un ciclo  no que Eduardo Galeano, xenial escritor uruguaio, expón a súa particular visión do mundo. Galeano relata textos seleccionados da súa obra para mostrar a súa ollada sobre a Historia, os Homes, as Mulleres, os Nenos, a Arte, os Amores… o Fútbol.

A pregunta á que debemos responder, ou sobre a que Galeano nos propón que reflexionemos é que futuro estamos a construír?

Ollade este vídeo do ciclo LA VIDA SEGÚN GALEANO, correspondente ao capítulo 1º, MULLERES

 

Reflexionade agora sobre as seguintes cuestións…

  • Quen dixo que foran homes os que realizaron as pinturas rupestres nas cavernas prehistóricas, e non mulleres?

Os Homes que escribiron a Historia! Pero, que pasaría se a Historia a tivesen escrito as Mulleres?

  • Quen dixo que fora Eva a que nacera dunha costela de Adán? Quen dixo que Eva collera a mazá que lle ofrecera a serpe no Paraíso? Quen dixo que Eva tiña que parir con dor? Quen dixo que Eva debería someterse ao dominio do seu home?

Adán, contou desde a súa perspectiva! Pero que tería contado Eva?

  • Quen dixo que San Xosé quería ter un neno e non unha nena?

Os evanxelistas que escribiron a Biblia! Pero que contarían sobre o nacemento de Cristo as santas cristiás, se tivesen elas escrito a Biblia?

  • Quen dixo que a muller estaba suxa polo sangue da menstruación?

Os homes que mandaban no mundo cristián. Se puidesen falar e cantar, as mulleres dirían (como Hildegarda) que o sangue suxo é o das guerras (que fan os homes…).

  • Por que non falamos de  mulleres na Historia? Por que case non falamos de artistas femininas até a Idade Contemporánea?

Porque foron os homes os  que escribiron esa Hitoria a imaxe e semellanza deles mesmos…

GRAZAS, MANEL, POLA FONTE!

95 opiniones sobre “8 de marzo cada día do ano

  1. Os homes e as mulleres temos os mesmos dereitos. Ningun sexo e superior o outro, ainda que alguns homes (casos de machismo) creense superiores as mulleres. Por eso deveriamos de vivir todos nunha sociedade igual para os dous sexos

    Gústame

  2. Tanto homes coma mulleres deberiamos ter os mesmos dereitos e pareceme que temos que cambiar esto que está a suceder porque todos somos exactamente iguais.

    Gústame

  3. O machismo non é nada novo xa que ven de moi atrás e aínda que xa non é o que era, case cada día sae na televisión, xornais, etc. violencia de xénero e agresións ás mulleres. Por suposto todos estamos en igualdade de condicións e temos os mesmos dereitos, por moito que algúns digan o contrario.

    Gústame

  4. A miña opinión é que os homes e as mulleres temos os mesmos dereitos e deberes en igualdade.Como todos somos iguais deberiamos facer algo para cambiar esto que está sucedendo.

    Gústame

  5. Opino o mesmo que a maioría e non penso que nadie debería ser discriminado polo sexo ou orientación sexual (de feito, nadie debería ser discriminado por nada).
    Parécenme interesantes as cuestións que propós, e penso que o motivo é que a discriminación sexual reducíuse un montón dende fai, por exemplo, un século; xa que antes, eran incluso algunhas mulleres quenes discriminaban a outras mulleres e tratábanse coma esclavas elas mesmas.
    Avanzouse moito nese tema, pero non o suficiente, porque inde se ven nas noticias, telediarios ou periódicos os numerosos casos de violencia de xénero.

    Gústame

  6. Eu penso que todos somos iguais, pero algunha xente trata as mulleres diferente cos homes.Deberiamos tratarnos igual.Da igual o sexo.

    Gústame

  7. As mulleres poden facer o mesmo que os homes e os homes o mesmo que as mulleres. Acaso os homes non pasan o ferro a roupa e laban a roupa moitas veces e as mulleres conducen grandes camións? Pos aí queda demostrado que calquera traballo pode ser feito tanto por homes coma por mulleres.

    Gústame

  8. Eu creo que as mulleres e máis os homes teñen que ter os mesmos dereitos, condicións e obrigas, xa que todos somos iguais.

    Gústame

  9. Estou de acordo con todos os meus compañeiros ,as mulleres temos os mismo dereitos que os homes,porque sexamos mulleres non temos que quedar encerradas nas casas para facer os labores,xa que nos tamen temos dereito a traballar do que a nós nos guste,porque todos somos iguais ,da igual do sexo que sexas todos deberiamos ter todos os mesmo dereitos.

    Gústame

  10. Eu opino que as mulleres son tan iguais coma os homes,que deven de ter as mismas obrigas,que non por ser muller tes que facer os traballos mais humildes ou non desexados polos homes,todos somos iguais e aino que demostrar.

    Gústame

  11. Eu penso que as mulleres deben ter os mesmos dereitos que os homes xa que todos somos iguais tamén non poden discriminar as mulleres por ter de diferente sexo que os homes

    Gústame

  12. Na miña opinión, os homes teñen máis vantaxes, por asi decilo, na nosa realidade.
    A muller é privada de moitas cousas, cousas que os homes non teñen problemas pa conseguir.
    E en conclusión, isto debería cambiar, a muller debería estar en igualdade de ocndicións os homes.

    Gústame

  13. para min creo que hai demasiado machismo nesta sociedade e creo que esto non e xusto ,
    pero seguira asi moito tempo coma agora

    Gústame

  14. Estou dacordo con todos os meus compañeiros, as mulleres deberían ser tratadas igual que os homes, e por que no?
    Antes as mulleres “só traballaban na casa” por que non lle deixaban traballar nos traballos “normais”, pero a partir da lei que sacaron a muller debería ser igual de tratada cos homes pero aínda asi estes cobran máis cas mulleres co mesmo traballo.
    Eu penso que todos somos iguais, e que deberían tratarnos da mesma forma.

    Gústame

  15. Unha muller ten os mesmos dereitos ca os homes, e temos que ser respetadas coma todo ser humano, os mesmos traballos que poden facer os homes tamén os podemos facer as mulleres.
    E penso que agora xa mellorou o conto porque antes non so valamos para os traballos da casa…

    Gústame

  16. eu penso que tanto as mulleres como os homes somos
    todos iguas e que non teria que haber diferencias entre nos e seguira pasando todo esto si non intentamos cambiar as cousas e que non deberia de haber tanto machismo no mundo entre as mulleres e os homes

    Gústame

  17. eu creo que os homes non somos superiores as mulleres eu diria que somos iguais e debemos respetarnos uns aos outros e ter os mismos dereitos

    Gústame

  18. Non hai dereito, as mulleres somos coma os homes temos os mesmos dereitos e se fósemos nos, as mulleres as que escribiramos a historia e o mellor non era igual ca que escribiron os homes, nos teriamos a nosa propia visión dos feitos… nos temos os nosos dereitos e ninguén nos pode dicir o contrario

    Gústame

  19. Non sei por que os homes se cren mellores ca as mulleres por que todos e todas somos iguais e ninguén e superior nin iferior homes e mulleres todos iguais

    Gústame

  20. As mulleres somos tan iguais como os homes,o problema e que desde fai décadas fomos desperdiciadas polos homes pensando que non eramos capaces de facer as mesmas cousas que eles e ainda hoxe hai xente que ainda segue pensando o mesmo, pero por sorte, agora temos case a mesma igualdade en condicions e deberia ser a mesma igualdade entre os dous sempre.

    Gústame

  21. Na miña opinion as mulleres deberian ter os mismos dereitos xa que esta escrito na constitucion española pero en galicia e en españa todavia oxe qedan machistas que descriminan os dereitos das mulleres.

    Gústame

  22. Eu opino o mesmo que todos os meus compañeiros,as mulleres teñen o mesmo dereitos que os homes por que sexan mulleres eso non é motivo para non ter o mesmo dereito. As mulleres poden facer moitas cousas mellor que os homes, e eso que se está a facer é machismo. Na miña opinión deberíamos ser tratados todos por igual.

    Gústame

  23. A min non me parece ben que as mulleres estén valoradas así, deberiamos ter os dereitos que teñen os homes, e todo iso da historia que foi escrita por homes estou de acordo, solo contaban o que facían eles e o das mulleres nada, as cousas deberían cambiar e non seguir sendo así.

    Gústame

  24. Na miña opinión, penso que se están a facer progresos, pero non os suficientes para lograr a igualdade entre sexo, raza… etc. do que eu por suposto estou a favor. Pero tamén hai que comprender que non é facil cambiar o que se fixo durante toda a historia da humanidade en 50 anos, xa que tal como se opinou arriba, a igrexa leva dende que existiu fomentando a machismo e influenciando á xente de antaño, asi como moitas outras organizacións de poder, das que aínda non logro a comprender os seus motivos, pero bueno, o bó e que se está a loitar a favor da igualdade, e estase progresando, e eso e o que importa.

    Gústame

  25. Na miña opinión, é moi inxusto que a día de hoxe siga habendo esa discriminación por ser muller e siga existindo ese machismo. Todos somos iguais e debería tratarse a todos da mesma forma sen discriminar o sexo ou calquera outra cousa. As mulleres non só serven para as labores da casa, o coidado dos fillos e moitas outras cousas, tamén serven para realizar os mesmos traballos que os homes que seguramente o fagan tan ben ou mellor que eles. Eu só espero que se comece a estar en igualdade de condicións e que si antes eran as mulleres as que tiñan que traballar na casa e os homes fóra….Por que a partir de agora non o facemos ó revés?

    Gústame

  26. Tantos os homes como as mulleres terian que ter os mesmos dereitos que deberes, pero polo momento non e asi e teria que selo, pero dentro de pouco irase igualando.

    Gústame

  27. Según as cuestións plantexadas no artigo , dá a supoñer, que todas as ideas de que “as mulleres somos menos” danse dende fai anos, tal vez pola cultura ou pola relixión. Dende fai anos os nosos antepasados tiñan ideas machistas, que perduran, as ideas non cambiaran, índa que iso non é razón para que as mulleres sexamos menos que os homes, e tampouco deberiamos esperar para denunciar esta idea.

    Gústame

  28. Hoxe en día, por desgraza, os homes están considerados que son mellores cas mulleres. Pode que non tanto como hai 50 anos, pero segue habendo unha situación de machismo. Por exemplo: Cando hai unha comida familiar, quenes son as primeiras persoas que se levantan para recoller a mesa? As mulleres, mentres os homes seguen sentados…Deberíamos poñer fin a esta situación, xa que dende o meu punto de vista, as mulleres somos seres humanos, como os homes, e temos os mesmos dereitos.

    Gústame

  29. Todos temos os mesmos dereitos,non esta ben que os homes poidan facer máis cousas cas mulleres porque todos temos dereito a todo.
    As mulleres temos que seguir loitando polos nosos dereitos e non parar hasta conseguilo.

    Gústame

  30. Os homes e mulleres case teñen os mismos
    dereitos.
    Ainda hoxe algunhas mulleres seguen ganando menos que os homes en algúns determinados postos de traballo
    se seguen descriminando.
    Dentro de pouco xa se solucionara

    Gústame

  31. Os dereitos dos homes e mulleres son casi iguais.
    Hoxe en día seguen ganando máis os homes que as mulleres pouco a pouco vaise ir solucionando.

    Gústame

  32. O machismo é unha acción que debe ser erradicada xa que somos todos semellantes sen distinción do noso sexo ou raza.
    Se os homes non foramos tan machistas moitas mulleres e, polo tanto, as súas familias terían moitas máis posibilidades laborais e máis oportunidades de vivir mellor coo seres humanos.

    Gústame

  33. Ainda que esto sexa así, hoxe en día a cousa comeza a cambiar polo ben de todos, porque todas as mulleres merecen o mesmo trato que os homes, tanto laboral como socialmente.

    Gústame

  34. Eu penso que a actividade machista está moi presente na nosa sociedade… Eu teño moitas amigas e algún que outro home.. ( Pero poucos ) , un tercio das miñas amigas , esto vai polo tema que se vía arriba sobre a orientación sexual son bis e os meus amigos , moitos son gays… Por eso eu non son machista e encantame estar con eles por que son como a familia a que lle podo contar todo e encantame estar con eles… e si algunha vez me din que non ande con eles podedes estar seguros de que non os vou deixar por que son o mellor que me pasou na vidaa… e como eles hai poucos.

    Saúdos sen prexuizos.

    Xosé Anxo

    Gústame

  35. Penso que agora as mulleres xa non están tan infravaloradas como antes na época dos nosos avós, nos que as mulleres non podían ir traballar, ou se ian o seu soldo era incriblemente inferior o de un home.
    Ainda que esto se sigue sucedendo (o do soldo) cada día penso que vai a mellor, e algún día todo esto será unha utopía, na que todos viviremos en harmonía. Ou eso espero…

    Gústame

  36. Penso que todos somos iguais, tanto mulleres como homes e que todos debemos ter os mesmos dereitos, e respetarnos uns aos outros por igual. En canto ó traballo, o realizado por un home pódeo facer unha muller e viceversa.
    + o comentario de Cristian♥

    Gústame

  37. Opino coma a maioría dos meus compañeiros, pero por que non dicilo, as mulleres moitas veces son as que marcan a diferenza en si mesmas. Un exemplo que se me ocorre é que moitas veces se sorprenden cando un home maltrata a unha muller e din que non é xusto, que polo menos debería ser home contra home. Por que sucede isto? Porque moitas das mulleres caen no victimismo e elas mesmas acaban por creer que os homes “son superiores”, por así dicilo. Hoxe en día parece que se vai progresando no tema da igualdade de condicións en canto ao sexo, pero temos a desgracia de vivir entre xente que aínda mantén estes ideais.

    Gústame

  38. Para min todos debemos saber que os homes teñen os mesmos dereitos que as mulleres, pero para que isto se iguale moitas persoas deberian cambiar ainda que eles non o pensen estan discriminando as mulleres, pero creo que este mundo cambiou moito pero deberian aida cambiar moito mais a maneira de mirar a vida.

    Gústame

  39. Como se di no artigo, a sociedade actual aínda segue sendo moi machista, aínda se segue desprezando a muller e séguese transmitindo a imaxe de que o home é superior á muller. Transmítese a través da relixión, de contos populares, da cultura, da política, mesmo a historia se conta dende unha perspectiva machista. Aínda que a xente diga que os homes e as mulleres somos iguales, esta idea non se leva a cabo na práctica, aínda segue vivo ese pensamento machista polo que inconscientemente separamos á xente polo seu sexo sen ter en conta a igualdade de dereitos e deberes. Debemos loitar para cambiar isto e conseguir de verdade a igualdade.

    Gústame

  40. Na miña opinión ,pareceme que e moi inxusto que no día de hoxe sigua habendo esa descriminación , porque eu penso que as mulleres poden facer os mesmos traballos cos homes gañando o mesmo diñeiro ou incluso mais.

    Gústame

  41. Eu penso que todos os homes e mulleres temos que ser tratados da mesma forma xa que se, por exemplo, sangramos, todos sangramos vermello. E creo que deberiamos ter a mesma liberdade de opinión e de acollemento entre uns e outros.

    Gústame

  42. Este problema ven desde hai moito tempo atrás, os homes creeronse por riba das mulleres moito tempo e aínda ahora sorprendenos ver comportamentos machistas contra mulleres. Estes comportamentos están moi presentes na nosa sociedade aínda que se notan menos con respeto a anos atrás. Hai problemas que seguen estando en pé, como a redución dos salarios das mulleres con respeto aos homes, faise o que se pode para podelo evitar pero aínda queda moito para que vivamos nunha sociedade sen machistas.

    Gústame

  43. No texto falase das diferencias qeu existen entre os homes e as mulleres e de que todos os días deberían de ser 8 de marzo porque a muller debería vivir en igualdade de condicións que home, xa que ambos son seres humanos.
    Nel plantexase unha seria de preguntas acerca de como os homes foron construindo a historia, nela os protagonistas sempre son masculinos e na maioria dos casos a muller non se menciona.
    Eu creo que na actualidade as mulleres están acadando igualdade de condicións tanto nos traballos como nos estudos ou a hora de expresar as suas opinións. Estes avances foron conseguindose ao longo do tempo pois antes as mulleres non podían estudar nin traballar etc. E ainda que ao longo da historia foron moitas mulleres as que destacarn como os homes sempre estaban por riba de elas nunca lles deron importancia. ata que elas se decidiron a loitar polos seus dereitos e chegaron a conseguir a situación de igualdade que temos agora.
    Ainda que as cousas cambiaron moito, mulleres e homes non viven en igualdade ao 100% e eso é algo polo que as mulleres deberían seguir loitando todos os días do ano.

    Gústame

Comentarios pechados.