CORRELINGUA 2012

Un ano máis chega o Correlingua. Outra vez para sumar un día máis na memoria dos adultos futuros que un día lembrarán que participaron nunha festa en que a música, o teatro, a maxia… falaban galego, un día en que se xuntaron con outros miles de mozos e mozas e percorreron as rúas da cidade ou da vila con franxas nas que reivindicaban o seu desexo de vivir en galego.

 

PARA SABER MÁIS: A MESA

Advertisements

4 opiniones sobre “CORRELINGUA 2012

  1. Este ano non podemos ir ao Correlingua!
    Temos tomada a decisión, en claustro, de non facer actividades fóra do centro, como medida de presión para que a Consellería deixe de impoñernos tarefas que non nos corresponden (como a garda de transporte) e que impiden que realicemos outras tarefas absolutamente imprescindibles dentro do sistema educativo. As actividades extraescolares son unha desas tarefas imprescindibles, que algúns levamos toda a vida facendo “por amor al arte” e, agora, é hora de reivindicar ese traballo, até o momento invisible para a sociedade… Estamos fartos de que se traslade á sociedade a idea de que todos os “profes-profas” somos uns vagos!

    Gústame

Comentarios pechados.