As memorias de Neira Vilas

Advertisements

Agasallo para axudar a vestir o dó

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identidade en tránsito. Pedro Cano

 

EN TRÁNSITO


Onte Nacho soñou con cabalos negros,

cabalos de longas crines negras

que voaban na noite.

 

Hoxe voa Nacho na noite negra.

As luces pequenas aos pés,

as luces pequenas ao carón,

manteñen o seu equilibrio,

asisten a súa orientación.

 

Ás veces os cabalos tornan mel

                    e andan os prados!

Ás veces os cabalos son atropelados

          nas autoestradas do Atlántico!

 

(Talvez alguén teña soñado, sen dor,

cabalos con ás que voen o mar.

Nacho, non!)

(A dor sempre fica do lado real.

Nacho, non!)