QUE ESTÁ A OCORRER NAS AULAS?

Que opinión che merece esta imaxe? Que ves aquí? Que nos quere contar?

MÁIS INFORMACIÓN:

GRAZAS, LU, POLA IMPRESIONANTE FOTO!

Advertisements

12 opiniones sobre “QUE ESTÁ A OCORRER NAS AULAS?

  1. Represión. Volvemos os tempos grises. Fóra o de protestar. Empezan outra vez os tempos de “oír, ver e calar”, senón… cada un que imaxine. De golpe estamos perdendo os nosos dereitos.

    Gústame

  2. Eu non sei o motivo desta folga. Non sei se é polos recortes na educación ou é en favor ós alumnos do instituto de Valencia, que foron golpeados polos antidisturbios.
    Se é polos alumnos de Valencia, non estou a favor, porque podían protestar doutra maneira, xa que eles non poden poñerse a parar o tráfico dunha rúa facendo que os coches teñan que esperar. Con isto non é que estea a favor dos antidisturbios, xa que estes tiñan que actuar doutra forma.

    Gústame

  3. As vosas reflexións, Alex e Abel, parécenme moi atinadas, pero cales son eses “tempos grises” ou “de antes”?
    Adrián, a ti gustaríame preguntarche como cres que deberían ter realizado as súas protestas os estudantes. Por outra banda, deixaches a resposta a medias, pois non opinaches sobre os recortes…

    Gústame

  4. Eu opino como Álex e Abel, ver esas fotos semella volver os tempos de antes, cando o que non pensaba coma os demais, era marxinado, rexeitado ou incluso, en política asasinado ou torturado, e isto non parece mais que o principio. Os nosos compañeiros de Valencia, manifestáronse bloqueando unha estrada, e para algunhas persoas pode parecer incorrecto, o bloquear o paso dos coches. Pero cos recortes os políticos tamén están bloqueando a educación pública e de calidade a que todos temos dereito e nadie os bloquea a eles, isto lévame a pensar que os que non actuaron correctamente foron os que utilizaron os antidisturbios

    Gústame

  5. Desa forma non porque a maioría das persoas que estaban aí non só querían protestar senón que máis ben querían facer “ghaleo”.
    A min paréceme que a mellor forma non é parar o tráfico dunha rúa. Para moita xente un día de folga é quedar na casa a rascala falando en termos xerais.
    HAI MÁIS FORMAS PARA FACER FOLGA!!!!!!

    Gústame

  6. A ver, a min a opinión de Adrián tampouco me parece adecuada, se ti non queres ser nada nesta vida, darache ighual, pero ten en conta que con estes recortes porcos que están facendo o único que conseguen é que o noso futuro sexa máis porco aínda. A foto dío claramente, que cada vez temos menos dereitos. Cousas así quitanche as ghanas de loitar por algho que necesitas, sabendo que a cambio non vas ghanar nada máis que unha malleira.

    Gústame

  7. Por fin atopo comentarios que refliten verdadeiras opinións persoais e non tópicos para quedar ben!
    Quixera preguntarche, Adrián, como debería ser un día de FOLGA? Xa que nin é para quedar na casa a “rascala”, nin para paralizar o tráfico, que cres ti que poderíamos / deberíamos facer os que imos algunha vez á folga? Como podemos protestar para que non mexen por nós e digamos que chove? Sabes que A FOLGA É UN DEREITO DOS TRABALLADORES?
    Outra cousa:
    Ao día seguinte da “super mani” en Barcelona (como resposta a este atropelo das “forzas de seguridade” sobre os estudantes de Valencia, a portada de THE NEW YORK TIMES ocupouna unha foto desa mani. A foto retrataba a un xove encapuchado, cunha navalla na man, fronte a un traballador do banco no que entraran pola forza algúns xoves durante a mani. A foto causou polémica e pronto todos os medios comezaron a falar da violencia dos xoves españois nas súas protestas. Que se eran unha panda de salvaxes, de vagos violentos, mesmo de terroristas chegaron a calificalos.
    Nun programa da radio deron co autor da foto ( un fotógrafo catalán que traballa por libre e vende as súas fotografías a quen mellor llas paga). O home estaba feliz por ter colocado unha foto súa na portada dun dos máis prestixiosos xornais do mundo.
    Ao entrevistalo, preguntáronlle como sacara a foto. Preguntáronlle se non tivera medo. Preguntáronlle se realmente os xoves estudantes españois eran así. Preguntáronlle se non lle preocupaba a imaxe que (grazas á súa foto) se ía estender de España e da súa xuventude polo mundo.
    As súas respostas deixáronme aterrorizada: Sacara a foto entrando detrás de dous ou tres violentos que se colaran na mani para rebentala. Ese xove non era un estudante da mani que protestaba pacificamente contra os recortes. Í a outra cousa, por iso levaba navalla. Pero a foto tampouco dicía toda a verdade, porque segundo o propio autor da mesma contou, non estaba completa: fronte ao xove encapuchado e con navalla había un segurata con pistola… Pero iso non interesaba sacalo na foto. A imaxe perdía poder demagóxico se fronte ao xove encapuchado se colocaba un segurata armado.
    Cal é a verdade? A que nos contan?
    Hai que ter moito coidado con ler, ver ou escoitar unha única versión dos feitos. Toda realidade pode ser ollada sempre desde varias perspectivas. E toda realidade ten sempre varias interpretacións: a de quen a conta, a de quen a olla, a de quen a protagoniza e a túa, a miña, a nosa…

    Gústame

  8. Sofia, isto último que contas sobre a imaxe do THE NEW YORK TIMES, pódese ver a imaxe e escoitar a entrevista? É dicir, cando teñas un respiro, é posible que facilites os enlaces? Porque gustaríame velo, quero comprobar que esta info que estás a dar non a inventaches (e que eu póñome no teu lugar, e sería quen de inventala). Pregúntocho tamén porque estráñame que ningún d@s teus/túas alumn@s se cuestionasen isto despois de ler o teu comentario, xa que…: “Hai que ter moito coidado con ler, ver ou escoitar unha única versión dos feitos. Toda realidade pode ser ollada sempre desde varias perspectivas. E toda realidade ten sempre varias interpretacións: a de quen a conta, a de quen a olla, a de quen a protagoniza e a túa, a miña, a nosa…”.
    Beixos!

    Gústame

  9. GRAZAS, LU! Grazas por ver, ler, que os demais non len, ven…
    Aí vai a resposta a túa demanda:

    Podes ver a noticia nas seguintes portadas:

    http://www.catalunyapress.cat/es/notices/2012/03/the_new_york_times_se_hace_eco_de_las_protestas_estudiantiles_en_espana_61688.php

    http://www.abc.es/20120301/espana/abci-barcelona-protestas-nytimes-201203011225.html

    http://lacrimaseca.wordpress.com/2012/03/01/la-violencia-estudiantil-de-barcelona-llega-a-la-portada-de-the-new-york-times/

    A explicación foi escoitada na cadea Ser, no programa de Gemma Nierga, ao día seguinte da publicación da foto no xornal amaericano. Podes buscar a gravación na páxina web da Cadea Ser.

    http://www.cadenaser.com/

    Si señor, esta é a miña Lucía de sempre!

    Gústame

Comentarios pechados.