24 de Febreiro, día de Rosalía

Se Rosalía de Castro vivise, hoxe cumpriría 175 anos. Non parece que sexan tantos anos, mais percibimos a súa vida como dunha época lonxana e moi diferente á nosa; porén Rosalía, como muller, como poeta e como galega, foi unha adiantada ao seu tempo e, mesmo hoxe, segue a estar na vangarda.

A  imaxe interesadamente terxiversada que nos chegou de Rosalía foi a dunha muller resignada, enfermiza, chorosa, nai abnegadísima e amantísima esposa, saudosa e folclórica. Durante moito tempo mesmo se chegou a cuestionar a autoría dos seus poemas, asignándolle ao culto cronista que era o seu home, M. Murguía, a súa creación, pois Rosalía foi considerada habitualmente na historiografía como muller de escasa formación cultural. Non se estudaba realmente a obra de Rosalía, analizábase a súa vida. Aínda hoxe podemos comprobalo a través dos numerosos blogues e páxinas webs (en español) que adicadas a ela surcan a rede. Case todas comezan do mesmo xeito: nacemento ilexítimo, figura paterna ausente que se transloce na “negra sombra”, formación  aldeá, descoberta da súa condición de ilexítima e trauma para toda a vida…

Rosalía, lonxe de ser unha muller resignada foi, en palabras de Francisco Rodríguez, un exemplo de feminismo, da concepción práctica de que a muller é igual ao home, máis ca ningunha escritora europea da súa época. Algo impensable nunha muller de formación aldeá. A nosa autora foi unha muller de grande cultura. Lera os clásicos greco-latinos, era boa coñecedora da literatura europea da súa época e especialmente das obras dos filósofos. Manexábase en francés e participaba, entre homes, nas tertulias literarias do Liceo de la juventud, en Compostela, onde mesmo fixo representacións como actriz afeccionada. Non podería ser doutra maneira, pois da intuición espontánea para a versificación non nace o nihilismo, nin o existencialismo, nin a concepción da irracionalidade do mundo que latexa fondamente en Follas Novas e na súa obra posterior en castelán, encadrándose con voz propia entre os “poetas malditos” (revolucionarios, bohemios, iconoclastas, decadentes e profundamente críticos coa sociedade do seu tempo).

Eis a modernidade de Rosalía! A razón de que hoxe a súa poesía siga viva e feraz (producindo novos creadores que, como lectores, beberan nas súas páxinas) é esa profundidade de fonte inesgotábel  que posúe, mais tamén o xeito de estar e de ser da súa autora. Rosalía resulta moi atractiva para un lector/a de hoxe, pola súa actitude revolucionaria, pola súa bohemia, porque saltaba por riba dos tabús mesmo coa súa relixiosidade (panteísta, ao estilo tradicional galego) e contraria ao dogma, o que lle valeu o enfrontamento co Arcebispado de Santiago, que lle negou a homenaxe pública cando o seu corpo foi trasladado ao Panteón dos Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.

Talvez por todo isto hoxe reclámase que o 24 de febreiro sexa declarado DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO ou, cando menos, que regalemos neste día un libro en galego e unha flor…

Para que a nosa máis universal escritora deixe de ser…

Estranxeira na súa patria

Na xa vella varanda
entapizada de hedras e de lirios
foise a sentar calada e tristemente
frente do tempro antigo.

Interminable precesión de mortos,
uns en corpo nomais, outros no esprito,
veu pouco a pouco aparecer na altura
do direito camiño
que monótono e branco relumbraba,
tal como un lenzo nun herbal tendido.

Contemprou cal pasaban e pasaban
collendo hacia o infinito,
sin que ó fixarse nela
os ollos apagados e afundidos
deran siñal nin moestra
de habela nalgún tempo conocido.

I uns eran seus amantes noutros días,
deudos eran os máis, i outros amigos,
compañeiros da infancia,
sirventes e veciños;
mais pasando e pasando diante dela,
fono os mortos aqueles prosiguindo
a indiferente marcha
camiño do infinito,
mentras cerraba a noite silenciosa
os seus loitos tristísimos
en torno da estranxeira na súa patria,
que, sin lar nin arrimo,
sentada na varanda contempraba
cal brilaban os lumes fuxitivos.

(Follas Novas, 1880)

Advertisements

96 opiniones sobre “24 de Febreiro, día de Rosalía

  1. Rosalía merecese este día,xa que foi unha muller segura e que sempre velou polos dereitos da muller e sobretodo foi un símbolo para o galeguismo e para o galego. Parabéns Rosalía!!!!

    Gústame

  2. O día 24 de febreiro reclámase como o día de Rosalía porque faría 175 anos do seu nacemento. Pero o máis importante non e iso, senón que Rosalía significou unha revolución literaria na súa época e incluso se pensou que estaba adiantada.

    Gústame

  3. Eu creo que este día debía ser especial para todos os galegos, debido á morte dunha muller que se rebelou contra a sociedade, que reivindicou o seu dereito como muller e defendeu o Galego, xa que nesta sociedade críase que o Galego era unha lingua para “paletos”. Esta gran muller merecía que se lle dedicara o 24 de Febreiro.

    Gústame

  4. É bonito que se recorde a unha grande poetisa, defensora dos dereitos das mulleres, rebelde da lingua galega e sobre todo adiantada ó seu tempo. Aínda hoxe sería unha moderna, por iso sería bo mantela na memoria de Galiza.

    Gústame

  5. Este día ela meréceo, porque ela apoiou e loitou por Galicia e polo galego, cambiou a literatura galega. Se lle dedicásemos este día ela agradeceríanolo.

    Gústame

  6. Quérenlle dedicar este día a Rosalía de Castro porque é o seu cumpreanos, pero non só por iso senón para conmemorala como poeta, persoa e escritora; xa que foi unha muller moi loitadora pola súa terra, xa que no tempo no que o galego era unha lingua de “paletos” ela atreveuse a escribir na súa lingua cando non sabía nin escribila.

    Gústame

  7. Creo que se merece este día porque é unha escritora galega moi salientabel e se opuxo ao machismo e escribiu en galego de todas as maneiras posibels.

    Gústame

  8. Eu penso que este día tiña que adicarselle a Rosalía De Castro porque foi unha muller loitadora e que sempre defendeu o galego.
    Hoxe aínda que é o seu cumpreanos pódenlle adicar este día a ela, se ela estivese viva neste intre gustaríalle que llo adicasen. Con Rosalía e as súas obras SEMPRE!

    Gústame

  9. Na miña opinión , deberiaselle adicar o día 24 de febreiro
    xa que foi unha muller que loitou polo galego como nunca ninguén o fixera antes .

    Gústame

  10. Debemoslle adicar este día a ela xa que foi unha revolucionaria da lingua galega, ademais de defender a propia lingua galega e deixarnos os mellores versos da poesia de Galicia.
    Por iso considero que se merece o día 24 de Febreiro

    Gústame

  11. Rosalía, ademais dunha gran poeta foi unha galega que reendivicou a súa lingua e se rebelou contra a sociedade na que vivía para a defensa do galego considerada entón unha lingua de palurdos.
    Loitou polos dereitos dos galegos, sobre todo polas clases máis marxinais (viúvas, mulleres, etc.)
    Hai diversos motivos polos que o 24 de febreiro debería ser para esta poeta adiantada á súa época, como galega, como muller e como poeta, xa que é considerada un modelo a seguir para moitos escritores da nosa época.
    Un saúdo.

    Gústame

  12. Creo que o 24 de febreiro se lle debe adicar a Rosalía de Castro, porque, sendo muller, fixo grandes apartacións a literatura galega, nunha época na que se facía crer que as mulleres eran inferiores aos homes. Rosalía reivindicou os seus dereitos, non só como muller, senón como galega, xa que foi a primeira que publicou un libro completamente en galego. Eu desexo de verdade que a AELG lle entregue este día, o día do seu aniversario como conmemoración a unha das máis fies defensoras da nosa lingua.

    Gústame

  13. Creo que se lle dedica este día a Rosalía porque, aparte de que é o seu aniversario, segue a ser unha gran influencia para cantidade de escritores, tanto hoxe en día como de xa fai ben de tempo. Ademais, foi a primeira en escribir un libro totalmente en galego na etapa contemporánea.

    Gústame

  14. Creo que este día se lle debe dedicar a Rosalía porque marcou un antes e un despois coa súa poesia.Tamén foi unha gran protectora do galego. E porque é o seu aniversario.

    Gústame

  15. Eu creo que temos que dedicarlle este día a Rosalía porque ela trouxo a fama á poesía galega e grazas a ela somos máis coñecidos no mundo.

    Gústame

  16. Xa que considero que Rosalía de Castro é un exemplo a seguir tanto como escritora como persoa, paréceme moi ben adicarlle canto menos un día.

    Gústame

  17. Eu penso que se lle adica este día porque e especial para ela xa que é o seu aniversario, e ademais foi unha persoa que defendeu moito o galego como boa galega que foi, sen importarlle nada

    Gústame

  18. Quereselle adicar o día 24 a Rosalia xa que foi o día do seu nacemento, ademáis foi unha das poetas máis importantes de Galicia, e mereceo.

    Gústame

  19. Penso que todos os galegos deberíamos recordar a esta muller polo grande labor que fixo por Galiza! o mínimo que se pode facer por ela é adicarlle un día como é o 24 de febreiro.

    Gústame

  20. Creo que este día ten que ser adicado porque ela e un modelo a seguir, como foi o seu aniversario estaría ben que se lle adicase.

    Gústame

  21. Na miña opinión está ben que se faga o día de Rosalia, e paréceme moi boa idea que se lle adique o día do seu nacemento. Está ben que se lembre xa que foi unha figura moi importante para a literatura galega e para as mulleres.

    Gústame

  22. Creo que Rosalía de Castro foi unha das grandes influencias da poesía galega ata hoxe, tivo unha gran mostra de valentía e galeguismo sendo ela a que creou o primeiro libro completamente en galego, xa que fixo todo iso polo galego o mínimo sería darlle un día propio.

    Gústame

  23. Foi unha gran poetisa galega, causou unha gran influencia na poesía e o mínimo que poderíamos facer pola súa memoria sería darlle un día en conmemoración dela, dos seus poemas e do gran labor que fixo polo galego.

    Gústame

  24. Creo que deberíase de ter un día só para Rosalía xa que loitou moito polos dereitos das mulleres e é unha moi boa poetisa. A parte estaría ben porque naceu ela ese día e sería un bo agasallo para recordala.

    Gústame

  25. Para min o 24 de febreiro tiña que ser adicado a Rosalía non só porque sexa o seu aniversario, senón porque foi unha das mellores poetas e escritoras en galego ademais de ser valente e defenderse ante todo o que se lle puxo diante.

    Gústame

  26. Debeselle adicar o 24 de febreiro a Rosalía de Castro xa que é o día do seu nacemento e é unha persoa importante para a literatura galega

    Gústame

  27. Eu penso que llo deberíamos adicar a ela non só porque sexa o día do seu cumpre senón por todas as cuosas que fixo por nós, os galegos!

    Gústame

  28. Paréceme ben que lle adiquemos este día a Rosalía de Castro, xa que é o día do seu nacemento e foi unha gran poeta, escritora….. e por suposto unha gran loitadora a pesar da época na que vivía.(:

    Gústame

  29. Estou de acordo con que se lle adique este día a Rosalia de Castro , xa que foi unha das mellores escritoras en galego da súa epoca e unha gran galeguista.

    Gústame

  30. Quéreselle adicar a Rosalía o 24 de febreiro porque é un exemplo de feminismo,unha gran escritora e defensora do galego e da independencia de Galiza.

    Gústame

  31. Eu creo que o 24 de febreiro se lle debería adicar a Rosalía, non só porque sexa o seu aniversario senon porque foi unha das mellores poetas que tivemos e foi unha das mellores defensoras dos dereitos das mulleres e de que temos os mesmos dereitos as mulleres que os homes.

    Gústame

  32. Este poema fala da situación da lingua galega nesa época, como unha lingua propia dun lugar era desprezada, e considerada a lingua do pobo. Fala tamén de todo o prestixo e toda a importancia que tiña antes, cando era a lingua da lírica e da nobreza.

    Gústame

  33. A min paréceme que está adicado a Roslía porque fixo moito pola nosa lingua nunha época moi dicil para que as mulleres se expresasen libremente, e por iso se lle quere adicar este día.

    Gústame

  34. Quéreselle dedicar o 24 de febreiro a Rosalía porque este é o día do seu nacemento e Rosalía foi a 1ª gran poeta galega e conseguiu na súa época e sendo unha muller loitar por defender a súa patria e a súa lingua, o GALEGO!!!

    Gústame

  35. Penso que o día 24 de Febreiro debería ser adicado a Rosalía porque foi unha das mellores poeta en galego e unha defensora da que creo que debería ser lingua única en Galicia.

    Gústame

  36. Eu creo que o 24 de Febreiro tiña que ser o día de Rosalia de Castro porque ela fixo moito por nós e escribiu en galrgo de todas as formas posibles,opúxose ao machismo e mesmo en Cataluña se regala un libro e unha rosa e eso tamén debería de pasar aquí,xa que nós tamén queremos un libro dela e unha flor, e xa que ela foi unha grande poeta e escritora galega, da nosa terra, e é galega coma nós e porque queremos lembrar a súa memoria sempre, ese día todos os anos, por iso creo que o 24 de Febreiro debería de ser oficialmente o día de Rosalía de Castro.

    Gústame

  37. Na miña opinión creo que se merece o 24 de febreiro para recordar a súa memoria xa que foi unha gran escritora e poeta en Galiza, que defendeu sempre os galegos e os poñía por diante e porque ese é o día que se celebra o seu aniversario.

    Gústame

  38. Eu creo que se lle debería adicar este día a Rosalía de Castro porque é un gran exemplo de literatura galega, e porque foia a primeira persoa en conseguir editar un libro enteiramente en galego.

    Gústame

  39. O poema trata dunha lingua que a xente fai que non ve, que a ignora e que pretende pasala a un segundo plano, o galego na época de Rosalía de Castro.

    Gústame

Comentarios pechados.