NÚÑEZ SINGALA: EN GALEGO, POR QUE NON?

O vindeiro luns 16 de Xaneiro visitaranos M. Núñez Singala, responsable do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Segundo as súas propias palabras…

Nacín en Lugo en 1963 aínda que só vivín nesa cidade os meus tres primeiros anos, despois meu pai foi traballar a Vilalba e alí transcorreu a miña infancia e adolescencia. A Terra Cha é a miña primeira patria.
     Despois vin estudar a Santiago a aquí me quedei. Compostela é, pois, a miña segunda patria. Rematei filoloxía galega e traballei no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, desde hai xa bastantes anos, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixo o Servizo de Normalización Lingüística.
     Teño publicadas unha obra de teatro e unha novela, ademais doutra obra miúda espallada en libros colectivos e revistas. Tamén o ensaio e os traballos de investigación sobre cuestións relacionadas coa normalización do idioma ocuparon boa parte do meu tempo. Non vivo da literatura, iso permíteme tomar con calma a miña carreira literaria… quizais con demasiada calma. (BVG)

Núñez Singala é autor da obra EN GALEGO, POR QUE NON? , que leva por subtítulo: Contra as simplificacións e os prexuízos sobre a lingua galega.

É un libro para pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes fronte á lingua. A través de exemplos moi concretos e doados de entender, asistiremos a un exercicio de derruba dos prexuízos e das simplificacións que seguen tendo, arredor da lingua, un eco notable na opinión pública. Un libro para entendermos que optar polo galego non é algo antigo, nin errado, nin minoritario, nin rural, nin, desde logo, algo propio de radicais ou de intelectuais desconectados da realidade social. (Ed. Xerais)

SE QUERES PODES IR BOTÁNDOLLE UNHA OLLADA AO INICIO DA OBRA…

http://static.issuu.com/webembed/viewers/style1/v1/IssuuViewer.swf?mode=embed&layout=http%3A%2F%2Fskin.issuu.com%2Fv%2Flight%2Flayout.xml&showFlipBtn=true&documentId=101104125104-fa2bfb62c5704efd923581afad1a5c17&docName=en_galego_por_que_non.singalaweb&username=socri&loadingInfoText=En%20galego%2C%20por%20que%20non%3F&et=1288876911273&er=68

.
SE QUERES TAMÉN PODES IR REFLEXIONANDO SOBRE OS PREXUÍZOS RECOLLIDOS NA OBRA A TRAVÉS DAS SEGUINTES ACTIVIDADES…

Prexuízoshttp://static.slidesharecdn.com/swf/doc_player.swf?doc=prexuzos-120111170230-phpapp02&stripped_title=prexuzos&userName=Socri

View more documents from Marlou.
PARA DERRUBARES PREXUÍZOS, PODES OLLAR ESTES VÍDEOS:
  • CONTRA O PREXUÍZO 1: O GALEGO SOA MAL!
  • CONTRA O PREXUÍZO 2: APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO!
  • CONTRA O PREXUÍZO 3: FALAR GALEGO, CANDO ALGUÉN NON O ENTENDE, É DE MALA EDUCACIÓN!
  • CONTRA O PREXUÍZO 4: O GALEGO NON O DAMOS FALADO BEN!
  • CONTRA O PREXUÍZO 5: O GALEGO É UNHA LINGUA MINORITARIA!
  • CONTRA O PREXUÍZO 6: O GALEGO É UNHA LINGUA IMPOSTA!
  • CONTRA O PREXUÍZO 7: O GALEGO NON O FALA NINGUÉN!
Advertisements

2 opiniones sobre “NÚÑEZ SINGALA: EN GALEGO, POR QUE NON?

  1. Gustaronme moitos os videos representan moi ben os prexuízos… Mágoa que do último video nada máis que puiden ver o principio porque o resto non me ía….
    O primeiro video foi máis ou menos o que dixestes ti na clase, Sofía, o que nos imaxinos a estrada de 5Km….
    Pero en definitiva gustáronme os videos!!

    Gústame

Comentarios pechados.