MORREU ISAAC DÍAZ PARDO, O DERRADEIRO GALEGUISTA QUE EMPEÑOU A SÚA VIDA EN LEMBRAR OS MORTOS E LEVAR A CABO OS SOÑOS POLOS QUE OS MATARAN.

O ano 2012 estreouse coa perda dun dos máis grandes intelectuais galegos do século XX, Isaac Díaz Pardo, o derradeiro galeguista adicado en corpo e alma a lembrar aos mortos ( o primeiro deles, o seu propio pai, Camilo Díaz Baliño) e obstinado na tarefa de levar a cabo os soños polos que os mataran. Adicouse a preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia a través de toda a súa obra, en especial a fundación de Cerámicas do Castro e, xunto con Luís Seoane, do Laboratorio de Formas de Galiza; ademais do seu labor precursor á fronte de Cerámica de Sargadelos, do Museo Carlos Maside, do Instituto Galego da Información, da editorial Edicións do Castro ou do Seminario de Estudos Galegos. O seu labor empresarial sufriu nos últimos anos o acoso dos especuladores alleos a valores culturais e aos ideais galeguistas que de xeito incansable defendeu sempre este home inasequible ao desalento. O seu legado ficará custodiado na Cidade da Cultura.

SE QUERES SABER MÁIS, PULSA AQUÍ: GALIPEDIA, EL PAÍS, LA VOZ DE GALICIA, CULTURAGALEGA.ORG


http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=4199591202711649930&hl=es

 

Advertisements

PREMIO AO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN (ENDLG) DO NOSO IES

Política Lingüística premia cinco centros educativos polo seu traballo innovador en dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística premiou no ano académico 2011-2012 as iniciativas do CPI Dr. López Suárez do Saviñao e dos institutos Félix Muriel de Rianxo, Rodeira de Cangas, Perdouro de Burela e As Bizocas do Grove

Os traballos foron seleccionados entre as 75 propostas que participaron nos premios aos proxectos de innovación en dinamización lingüística que convoca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ:

XUNTA DE GALICIA

SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA