Onte celebrouse o Día da Ciencia en Galego

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamizacion Lingüística organizou dúas videoconferencias coincidindo co II Día da Ciencia en Galego.

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química, comemorándose a concesión do premio Nobel de Química a Marie Curie en 1911. Ela foi a primeira persoa en recibir dous premios nobeis (de Física e Química) e a primeira muller que recibiu un premio Nobel, tamén foi a primeira muller que deu clases na Universidade parisina da Sorbona.

Por iso o Día  da Ciencia en Galego está adicado ao papel da muller no mundo científico e por iso réndese homenaxe a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que deron clase, que fixeron ciencia e que cambiaronn para sempre a maneira de ver o papel da muller no ámbito científico.