COMPLEXO LINGÜÍSTICO

93 opiniones sobre “COMPLEXO LINGÜÍSTICO

  1. Xosé Anxo, non creo que as paguemos se somos nos mesmos quen facemos iso, e o de centro lingüístico eu creo que quere dicir que aínda que os actores ou actrices sexan galegas/os a forma na que se fai a publicidade e en castelán cousa que me parece fatal, se poñen actrices e actores galegos por que non poñer tamén o texto en galego, digo eu que non somos tan burros como para non entender a nosa propia lingua.

    Gústame

  2. Eu penso que como Marineda City está en Galicia o cartaz debería estar en galego porque maioritariamente os que van ir son os galegos, pero isto débese á vergonza que senten algúns galegos da súa propia lingua, algo que me parece fatal.

    Gústame

  3. A M arineda City chamanlle o maior complexo lingüistico polo desprezo que o centro comercial lle fixo á lingua galega por usarse soamente o castelán en todas as súas campañas de publicidade en medios galegos . É que todos os seus clientes son casteláns?

    Gústame

  4. O maior complexo lingüístico escríbeno en castelán porque a xente pensa que o galego e para andar pola casa e o castelán é para faser cousas importantes.

    Gústame

  5. Eu penso que debería de estar en galego este cartaz, pero tamén penso que está en castelán para que toda España saiba o que temos en Galicia e a nosa publicidade¡

    Gústame

  6. Eu creo que o cartaz de marineda city pon o de complexo lingüístico porque aparecen un actor e dúas actrices que son de Galiza no que o anuncian en castelán lle pón o cartaz á lingua galega, paréceme moi mal.

    Gústame

  7. Eu penso que este cartaz non é adecuado, pois ese centro é galego, polo tanto a publicidade debería estar escrita en Galego. Da a entender que prefiren o castelán para informar a xente dese centro.

    Gústame

  8. Chámaselle complexo lingüistico polo feito de que para dar a coñecer este establecemento, os actores galegos fixeron a publicidade en castelán, cousa que non entendo porque o centro comercial está en Galicia non en Madrid.

    Gústame

  9. Se estamos en Galicia non teñen por que facer o anuncio en castelán, ademais creo que o entenderiamos mellor en galego , xa que é a nosa lingua, e ademais seguro que o anuncio quedaría mellor.

    Gústame

  10. Na miña opinión o, cartaz debería estar en galego, xa que ó ter unha lingua propia deberiamos usala, e aqui van vir máis clientes galegos que casteláns.

    Gústame

  11. Eu penso que todos somos libres de falar a lingua que cada un queira, pero a min gustaríame que xa que vivimos en Galiza falaramos todos en galego pero sigo dicindo que somos libres

    Gústame

  12. Eu penso que se Marineda City está en galicia o anuncio que o representa tiña que estar escrito e feito en galego e non en castelán xa que temos todo o dereito a anunciar os lugares galegos na nosa propia lingua e xa nos tiñamos que ter dado de conta antes de todo isto que me parece unha tontería que por intentar parecer máis cultos ou máis educados non a usamos xa que non seremos menos ou máis cultos por usar a nosa lingua

    Gústame

  13. O que penso é que cren que por poñer o cartaz en galego van crer que van facer máis ventas ou algo polo estilo. Cando é un error. Vale que o centro comercial é un dos mellores dos que se dispoñen actualmente, pero onde esta? En Galicia. Por iso se debería promocionar en galego, xa que quen vai facer as compras máis habituais? Os galegos. O que eu vexo é que seguen asimilando o galego como algo despreciativo, e iso é o que hai que cambiar!

    Gústame

  14. Eu penso que o cartaz debería estar en galego, porque está en Galicia. Pero penso tamén que debería estar traducido ao castelán para que os que veñen de Madrid,etc..
    puideran entendelo.Por iso me parece mal.

    Gústame

  15. Só polo simple feito de estarmos en Galicia teriamos que ter os carteis tamén en galego. No resto das linguas non cambian o idioma, xa que non se avergoñan del e nós tamén deberiamos de facer o mesmo, xa que somos galegos con dereito a manifestarnos coa nosa lingua!

    Gústame

  16. Non me parece axeitado este cartaz para un centro comercial galego, ademais de que presumen de ser de Galicia e ser un complexo lingüistico polo menos que falen en galego que non lle costa nada e axudan a que o galego colla forza que lle fai moita falta.

    Gústame

  17. Non me parece normal que o cartaz publicitario de marineda city estea en castelán, porque sendo un establecemento que está en Galiza, onde o normal sería falar o galego, aínda que moitas persoas non o fan, polo menos que os establecementos poñan os seus anuncios en galego, eu creo que seria o mais normal.

    Gústame

  18. Eu penso que os da xunta poderían aplicar máis o galego nas aulas e tamén nos centros comerciais como o de Marineda e daixarse de tanto castelanismo que cada vez o número de galego-falantes está a baixar e estase a impoñer cada vez máis o castelán.

    Gústame

  19. Eu penso que o cartaz debería estar en galego e non en castelán porque marineda city esta en Galicia e non se deberian avergonzar da súa propia lingua.

    Gústame

  20. Eu penso que debería de estar en galego xa que fai referencia a un centro de Galicia, e nos outros lugares seguro que os seus anuncios están no idioma do seu lugar.

    Gústame

  21. No cartaz anúnciase un centro comercial galego,con actores galegos, pero en castelán.Eu penso que é unha contradición.
    Creo que cando se fala de “complexo lingüístico” refírese
    a vergoña e complexo que algúns galegos senten polo seu idioma.

    Gústame

  22. Neste cartaz, no que ase nuncia un centro comercial galego, representado con actores galegos, e escrito en castelán fai pensar que os galegos sentimos complexos por expresarnos na nosa propia lingua.

    Gústame

  23. Se eu vou a París e non entendo o francés, en que idioma tería que estar a publicidade dun centro comercial en París?
    Se eu vou a Madrid e non entendo o español, en que idioma debería estar a publicidade dun centro comercial en Madrid?
    É necesaria a existencia dunha única lingua para podérmonos entender todos?
    Deberíamos eliminar todas as linguas do planeta para mellorar a nosa comunicación? Ou é ao revés, deberíamos coñecelas todas?
    E logo como nos entendemos até agora?

    Gústame

  24. Non me parece normal que o que pon neste cartel o poida pensar algunha xente.Porque o galego é unha lingua coma outra calquera e igual que noutros lugares o poñen no seu idioma,por que en galicia non o poñen en galego?

    Gústame

  25. Por unha parte sería mellor que, anunciando un centro galego con actores galegos, estivera escrito en galego. Pero, por outra parte, á xente de fóra que non entenda o galego seralle máis doado que estea escrito en castelán.

    Gústame

  26. O cartel intenta explicar a situación de desprestixio que sofre o galego ante o castelán. Aínda que eu creo que xa que estamos en Galicia deberiamos falar Galego,comprendo que cada quen queira falar no seu idioma nai sexa o galego ou o castelán (así como non se lle pode obrigar a ninguén a que escriba ca dereita porque haxa máis destros que zurdos)
    E, facendo referencia ao que dicías ti no teu último comentario, pois claro que non se deberían eliminar os idiomas para quedar cun só, iso sería a fin de moitas culturas e sería un grandísimo erro que iso chegase a ocorrer algún día por iso eu penso seguir gritando: Viva Galicia, viva o galego!

    PDT: Son eu a únca que se emociona cos anuncios de Gadis?

    Gústame

  27. Xa que no cartaz aparcen tres actores galegos o bocadillo debería estar en galego e non ser manipulado e escrito en castelán para que todos o entendan.

    Se o que queren é que todos o entendan teñen que escribilo en varios idiomas, estilo aeroporto!!!; xa que cando saimos de Galicia témonos que adaptar para entender o que hai escrito noutros idiomas.

    Gústame

  28. Isto é ironía pura, un centro comercial en Galicia, cun cartaz en castelán e, aínda por enrriba,” o maior complexo lingüístico”… En Galicia débese falar Galego, por moito que intenten cambialo, os que fixeron o cartaz, se foran un pouco cultos, poñeríano en Galego.

    Gústame

  29. Os anunciantes escriben o cartaz no idioma que máis vende, parece mentira que a estas alturas aínda nos sintamos inferiores por falar en galego.
    É curioso e tamén triste que estes artistas cando falan en castelán intentan disimular o acento galego.
    COMPLEXO GALEGO LINGÜISTICO

    Gústame

  30. O cartaz está en castelán para que os de fóra de Galicia o poidan entender, pero xa que estamos en Galicia, podían poñelo en galego xa que pensan que poñéndoo en castelán van gañar máis visitantes, aínda que a maioría dos seus visitantes sexan galegos.

    Gústame

  31. Este cartaz é moi irónico xa que o que intentaron foi coller tres actores galegos para facer propaganda pero para que o entenderan todos modificaron os bocadillos e puxéronos en castelán.
    Se o que querían era que o entenderan todos, por que non o poñen en varios idiomas estilo aeroporto???
    Eu penso que cando mínimo, xa que estamos en Galicia, tería que haber algunha publicidade en galego.

    Gústame

  32. Este cartel non debería estar en castelán porque estamos en Galiza e o que nos están demostrando é que nos avergonzamos da nosa propia lingua e iso non é así porque a nosa lingua é como outra calquera. Deberíamos sentirnos orgullosos/as dela. O que poden facer é poñelo en varios idiomas para que todo o mundo o poida entender, pero o que non me colle na cabeza é por que poñen uns actores galegos falando castelán estando en Galiza!!!

    Gústame

  33. O cartel por unha parte ten que estar escrito en galego porque é un centro comercial galego, pero por outra parte como é un dos centros comerciais máis grandes de Europa debería estar escrito en castelán porque o ten que entender máis xente.

    Gústame

  34. Significa iso que os centros comerciais de Londres deben estar en castelán? Para que os entendamos tod@s!
    Ou, como o inglés é a lingua internacional, significa iso que os centros comerciais de París deben estar en inglés?
    E por que, se imos a Letonia (país da UE)temos que aguantar os cartaces, os anuncios, a publicidade, a tv… mesmo AOS SEUS HABITANTES (letóns) expresarse en LETÓN, cando ten menos falantes que o galego e unha historia literaria bastante menos brillante que a nosa????????????? TAL VEZ POR QUE ESA É A SÚA LINGUA!?

    Gústame

  35. Que sería de nós en Grecia? ou en Rusia? ou en China? Ou, sen ir tan lonxe, aquí ao lado, en Marrocos? Teñen mesmo un alfabeto distinto!!!!!!!!!!!! Como imos facer para andar polo mundo???????????????
    Tal vez deberíamos comezar a ollar a realidade desde un prisma máis aberto,como cidadáns do mundo! Talvez son horas de non filtralo todo a través do español ou da cultura española. O mundo é moi moi grande e realidades lingüísticas, culturais, sociais e políticas semellantes á galega abundan no planeta. Tal vez deberíamos entender dunha vez o significado do nome dese programa televisivo de tanto éxito…DESDE GALIZA PARA O MUNDO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Gústame

  36. Non vexo ben esto de se publicitaren en castelán, xa que estando onde está o centro…
    Pero todos sabemos o que se fala na Coruña (castelán) e non o vexo nada ben. Así que eu estou en contra de que se publiciten en castelan xa que tamen o deberían facer en inglés, francés, etc…
    E sobre todo isto en GALEGO.

    Gústame

Comentarios pechados.