PRENSA GALEGA, EXISTE?

Advertisements

18 opiniones sobre “PRENSA GALEGA, EXISTE?

  1. É certo que Galicia tivo e ten bos diarios pero non os tivo en galego xa que sempre están en castelán. Temos que deducir por iso que en galego non se escriben os bos diarios ou que en galego ninguén os le. Deixémonos de tonterías e empecemos a facer as cousas ó dereito como galegos que somos

    Gústame

  2. Os diarios galegos sempre foron moi bos. Moi poucos están escritos en galego, pero eu penso que os que están escritos en castelán é para que toda España se entere que os galegos tamén existimos e tamén do que sucede na nosa comunidades autónoma.

    Gústame

  3. Antes había moitos xornais en galego, pero, non sei por que cerráronos, se non ían adiante por separado deberían xuntarse todos e facer un só e moi bo.

    Gústame

  4. Non entendo como La Voz ou Faro de Vigo non poden estar en galego, xa que son xornais galegos como non van estar en galego? É de parvos que un periódico galego estea en castelán aínda que tamèn podían facer dúas edicións, unha en galego e outra en castelán.

    Gústame

  5. Creo que, como galegos que somos, deberíamos ter os nosos xornais de éxito en galego, xa que é o idioma que falamos; claro que para os que falan o castelán lles sería difícil de comprender o galego, entón a mellor solución sería que todos os xornais galegos tivesen unha edición en galego e outra en castelán, así acabaríanse os problemas!

    Gústame

  6. O de facer dúas edicións non o fan xa que lles saen máis económicos facelos en castelán. Como por algunhas partes de Galicia fálase o castelán, pois prefiren facelo en castelán e así tamén o poden ler os de fóra de Galicia

    Gústame

  7. Concordo con “a.marzoa” en que ADRIÁN vai polo bo camiño, mais hai comentarios aquí de 3 “adriáns” distintos e os tres propoñen tres solucións absolutamente diferentes:
    1. Os xornais galegos, para selo, deben estar en galego!
    2. A creación dun grande grupo editorial galego (a unidade fai a forza!)
    3. Os xornais galegos, para aforrar e para que os castelán-falantes os lean, todos en Castelán!
    Con cal concordades? cal é o bo camiño para a PRENSA GALEGA?

    Gústame

  8. Eu creo que os xornais de Galiza deben estar en galego, porque se temos unha lingua propia é para usala, non para escondela. E o problema é que o resto de España non entende? E se veñen ingleses e non entende a solución sería ter os xornais en inglés porque así entenderían os de Galiza, España e o resto do mundo? Deberíamos empezar a darlle máis importancia á nosa lingua e a querela máis, porque se seguimos así o galego vai desaparecer.

    Gústame

  9. Eu penso o mesmo que Sarela, todos ou case todos os xornais de Galicia están escritos en castelán, e iso non debería ser así, porque somos unha das Comunidades Autónomas de España que temos unha lingua propia e, se non queremos que desapareza, teremos que darlle máis importancia e usala máis.

    Gústame

  10. Iso de que están case todos os xornais en galego era antes, xa que agora eu non coñezo ningún en galego. Pode haber un ou dous pero case ninguén os le. Eu repito e sempre o vou dicir, que imos terminar co galego; polos xornais e polo número de falantes, que cada vez somos menos!

    Gústame

  11. Estes xornais levan o nome de Galicia, Vigo, etc. pero todos están en castelán. Este ano pecharon moitos xornais en galego, pero de momento aínda nos queda Mundo Galiza, que é bilingüe e Sermos Galiza, que é un proxecto novo.

    Gústame

  12. Creo que Sarela deu no cravo. Como ben afirma Adrián e explica Abel, xa non hai xornais en galego, só levan nomes galegos. Certo é que temos un novo proxecto en marcha, Sermos Galiza, pero e no quiosco, que mercamos?

    Gústame

  13. Iso de que a unidade fai a forza, ben certo é, mais a diversidade tamén enriquece. As noticias son comúns pero a súa exposición, redacción, contido informativo… é diferente segundo o xornal que se lea.
    Contrastar información evita a manipulación…
    Así, que é o mellor?

    Gústame

  14. En Galicia sempre houbo vos xornais escritos en galego uns eran máis ou menos importantes, mellores ou peores pero sempre houbo, e sempre seguirá sendo así.

    Gústame

  15. A maioría dos xornais de Galicia están escritos en castelán e non debería ser así, xa que se estamos en Galicia e temos dereito a ler noutras linguas pero sobre todo na nosa que para iso é a que falamos e na que nos expresamos.

    Gústame

  16. Creo que como galegos que somos non deberiamos de deixar de falar galego e que deberiamos ter xornais propios en galego,pro como eso sería complicado para os que non falan galego,que tubera algunha sección en castelán pra que os demais o entenderan.

    Gústame

Comentarios pechados.