País, país…

Advertisements

29 opiniones sobre “País, país…

  1. Isto é unha inxustiza porque se para o inglés hai opcións como mandar o alumno a Inglaterra ou poñerlle un reforzo, para o galego tiña qe ser igual porque ten o mesmo dereito ca o inglés e non é culpa do galego que a un alumno lle vaia mal a materia e por iso ter qe quitala…

    Gústame

  2. O galego é propio de Galiza, así que se se lle dá mal o galego, que vaia a unhas clases e se non quere ir que vaia para Inglaterra!!!

    Gústame

  3. Non hai ningún alumno ao que se lle dean ben todas as materias, así que teríamos que quitalas todas, sobre todo porque o galego non é menos importante que o inglés.

    Gústame

  4. Aínda que o inglés sexa a lingua internacional, non ten que ocupar todo o mundo deixando de lado as linguas orixinais do proipio lugar.

    Gústame

  5. Eu creo que todas as linguas existen por algo, e que todas son necesarias.Creo que en Galicia deberiamos impartir as asignaturas en Galego xa que temos a sorte de ter esta lingua.

    Gústame

  6. É unha vergoña. Isto é retranca galega. Pretenden que falemos e escribamos noutro idioma, tendo os galegos un idioma e cultura propia. Non se pode renegar das raíces.

    Gústame

  7. Non a todo o mundo se lle dan de igual maneira as asignaturas nun idioma.
    Porque se lle dean mal as asignaturas en galego non teñen que quitar o Galego, en todo caso o que debería facer é sacar o seu fillo de colexio/instituto e o metelo nun colexio que só impartise clases en castelán.
    Aínda que o máis lóxico sería que se esforzase máis…

    Gústame

  8. Creo que a única asignatura que se debería dar en inglés é a de inglés. Porque se xa nos custa estudar as outras en galego ou en castelán, como para estudalas en inglés co pouco que sabemos…

    Gústame

  9. Eu non vexo ben que quiten o galego dun instituto só porque o inglés está máis valorado.
    Tampouco me parece ben porque é a nosa lingua
    e hai que conservala. A moitas comunidades xa lles gustaría ter unha lingua propia!

    Gústame

  10. Eu penso que porque o ingles o haxa que aprender non nos temos que desfacer do galego, porque é a nosa lingua e quen lle dera a moitas cmonuidades ter unha lingua propia.

    Gústame

  11. Paréceme moi inxusto que dúas linguas sexan tratadas de tan distinta maneira, no caso do inglés para ben, e no do galego para mal. Calquera lingua ten que ser tratada en igualdade e, ademais, o galego non ten a culpa de que ao neno lle vaian mal os estudos!

    Gústame

  12. O galego non teñen por que eliminalo de Galiza: é o noso idioma!. Así que, que quiten outros como o castelán,inglés etc.

    Gústame

  13. Creo que isto é unha inxustiza e ata pode chegar a ser unha falta de respecto para os galegos. Que o inglés estea máis valorado a día de hoxe e que en moitos países se considere unha segunda lingua, non quere dicir que teña que pasar iso en todos. E se as materias xa son difíciles nas linguas que coñecemos e cas que nos comunicamos, non falemos xa de ter que estudar en inglés!!

    Gústame

  14. Creo que isto non se pode tratar así, todas as linguas teñen que ser tratadas por igual.
    Penso que temos que defender o Galego, xa que non todas as comunidades teñen un lingua propia.

    Gústame

  15. Non pensades que independentemente do idioma en que o/a rapaz/a reciba as materias vaille ir igual de mal? Porque se cadra o problema non é do idioma, senón da materia en si. E se fose do idioma, por que motivo o galego non goza dos mesmos privilexios que o inglés (neste caso)? Por que non reforzan tamén o galego (ou mandan o/a rapaz/a a Galiza)?
    O peor de todo (e concordando con Sofia) é que isto se permita. Por que? Igual por descoñecemento do tema, por IGNORANCIA (repetindo a Sofia). E esta é un maior problema, fainos manipulables, non deixa que pensemos por nós mesmos e favorece que sigamos, sen cuestionala, a opinión maioritariamente publicada. Por iso tamén, a diversidade lingüística, para min é unha riqueza, é coñecemento.
    Saúdos!

    Gústame

  16. Estou encantada co que está sucedendo neste blogue!!!!!! Como todos e todas vós, penso que cada lingua é un tesouro, poder posuír unha é unha riqueza, pero se podemos (por sermos galegos!!!) ter acceso directo a dúas das sete linguas máis faladas no planeta (español e portugués) COMO PODEMOS SER TAN PALETOS COMO PARA RENUNCIARMOS Á PROPIA!!!! A protagonista da viñeta pertence a ese grupo de xente que sofren do prexuízo do “DISCO DURO CHEO”, é dicir, pensan que o noso cerebro é como o disco duro dun ordenador: cantos máis coñecementos lle metamos, menos espazo lle queda. No caso do noso cerebro é MENTIRA! Sucede xustamente ao revés: canto máis, mellor! Porque o noso cerebro é coma unha esponxa que se expande con cada novo coñecemento adquirido. Cada lingua aprehendida fai máis doada a aprendizaxe doutra nova lingua, e así sucesivamente.
    Vaia discurso acabo de largarme!
    Desculpade, esquezo que é un comentario breve nun blogue!
    Pero non esquezades que se somos galegos é por obra e arte da nosa lingua. Desprezala e desprezarnos a nós mesmos.

    Gústame

  17. É certo que o Inglés é unha lingua moi importante, e que se non a sabes falar pode que che sexa mais complicado atopar un bo traballo, pero para aprender Inglés non é necesario deixar de estudar o Galego.
    O máis importante de todo isto é que está a desaparcer unha riqueza cultural moi importante, que xa lles gustaría ter a moitas outras comunidades autónomas, e que dentro dalgúns anos o Galego (espero que non sexa así) xa se deixará de usar debido a que non sé estudará nas aulas.

    Gústame

  18. Dende o meu punto de vista penso que mentalidades coma esas son un atentado contra a nosa lingua e a nosa cultura. Fai algún tempo inculcaron que o castelán era a lingua máis adecuada e que o galego era de brutos e de parvos, e hoxe en día aínda quedan restos desa mentalidade na sociedade actual. Temos moita sorte de ter unha lingua propia e tan fermosa como é o galego e deberíamos coidala para que non se perda e para que nunca nunca nadie a esqueza.

    Gústame

  19. Pareceme algo horrible, pero
    que por desgracia pasa… O galego despreciase e comparase con cousas insignificantes, cando en realidade e un idioma, e un idioma non se pode despreciar porque e unha forma de comunicacion como calquer outra.

    Gústame

  20. Estou ao favor ca xente que comentou, o galego non ten porque ser despreciado, pero tampouco as outras linguas que nos dan a coñecer, todo é unha grande e importante oportunidade para un futuro! O galego ata agora sobreviveu grazas a que a xente tanto na rúa como nos seus fogares, falaban o galego coa familia e compañeiros, e por moito que o intenten censurar, se non o conseguiron non o van a conseguir agora!
    VIVAAMOOOS COMOOOO GAAALEEGOOOOOS!!!!!

    Gústame

  21. Dende os Séculos Escuros, o galego pasou a ser un idioma que non lle importou a ninguén e chegouse a un punto, no que aínda estamos agora, de avergonzarnos do galego (como pasa sobre todo en cidades grandes).
    Eu, persoalmente, penso que é o que ocorre nesta viñeta. Ningún galego se debería avergonzar do seu idioma nin desprestixialo, xa que é un idioma tan ou máis bonito que outro calquera.

    Gústame

  22. Eso que esta dicindo e unha tonteria porque non serve de nada, na primeira viñeta pon que non entende o inglés, eso pasalle a todo o mundo pero o galego e facil de aprender e non fai falta decir burradas como esa

    Gústame

Comentarios pechados.