SERMOS GALIZA: o regreso da información en galego!

A iniciativa social Sermos Galiza impulsará a creación dun grupo de comunicación

Busca o compromiso da sociedade máis activa para botar a andar un diario dixital e un semanario en galego.

Un grupo promotor de trece persoas de distintos ámbitos sociais presentou en Santiago a  iniciativa social para a creación do Grupo de Comunicación Sermos Galiza, un proxecto que parte coa vontade de se converter en referente da información en galego. De partida, o grupo  promotor anuncia a intención de botar a andar un diario dixital e un semanario en papel, substentado fundamentalmente nos subscritores e nun accionaraido amplo e plural.

As escritoras Marga Romero e Teresa Moure e o profesor da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato actuaron como portavoces da iniciativa Sermos Galiza, un proxecto que consideran “urxente e necesario” nun momento de abafamento dos medios en galego. O obxectivo de Sermos Galiza é ofrecer á cidadanía un producto informativo novo e distinto, ao dicir dos seus promotores, “que defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e que sexa, en definitiva,  un proxecto colectivo que nace e se desenvolve pola forza e o entusiasmo dos e das que cremos neste país e no seu futuro”.

PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: SERMOS GALIZA

Advertisements