Dez anécdotas reais (de Xoán Abeleira) sobre o galego…

Traballo nunha célebre xoguetaría, o catálogo da cal, traducido por min durante un tempo, existe na nosa lingua por iniciativa miña. N’A Cruña hai dúas franquicias. De todos os dependentes que traballan nelas, tan só dous falamos en galego: unha rapaza colombiana, de orixe indíxena, que se namorou de todo o noso após ler a Álvaro Cunqueiro, e máis eu, fillo de emigrantes, nado en Venezuela e criado en Madrid. O resto –rapazas galegas e que estudaron o galego– empregan o español.

-Velaí estou eu. Na tenda. Falando en galego con todo o mundo agás con aquelas persoas que, obviamente, proceden de fóra. Por cortesía cara a elas –cortesía que, cando un viaxa fóra do seu país, rara vez atopa– e porque eu, ende ben, coñezo varias linguas. Un día, unha pequena nada, a todas luces, na Galiza, cun acento claramente cruñés, ó sentirme falar en galego, achégaseme a min, entre pampa e desconcertada, e pregúntame: “Mira… Y tú… ¿por qué hablas en inglés?

– Outro día vexo entrar un cativo. Sorríolle: “Bos días, feituquiño!” O pequeno vólvese cara ó pai que vén tras dil e con innegable acento do país lle berra: “¡Papá, papá! ¡Aquí dentro hay un señor que es gallego!” E o pai retrúcalle, con traza de indignado: “¡Hijo! ¡Aquí todos somos gallegos!

SE QUERES SABER MÁIS CLICA AQUÍ: XOÁN ABELEIRA

Advertisements