LOIS PEREIRO SEGUE LOITANDO CONTRA O ESQUECEMENTO (…despois do 17 de maio!)

(Demasiado tempo entre dúas vidas, sen ti e a nosa dor achegándose día a día á porta despois de oír como se abría a porta do elevador… E o meu corpo, o meu espírito, o soño, definitivamente soltou lastre…)

Explórote cos ollos
descúbrote por dentro
profanando o teu sangue que levo ó meu desexo
paséome por ti
examino os teus procesos
orgánicos
mátote e morro en ti
máis docemente

ou mellor
inocúlame ti a min
veleno dos teus dentes
mergúllate no meu sangue
inxéctate nas veas
que te observan

e xa doente dóeme
a túa dor no teu desexo
berrando en cada óso
e a túa morte
mátame e resucítame
para ó final
morrerme

morre en min
sobrevive
letal amor
que nunca perde
o alento
coa súa sede de amor
e os seus cinco
sentidos.

Pereiro, Lois (1995). Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) (Santiago de Compostela: Edicións Positivas)

PODES ESCOITAR O POEMA AQUÍ: Fanny + Alexander (1994)

FONTE: SON DE POETAS

Advertisements