É o galego unha lingua minoritaria?

Grazas a Asun, responsábel da Biblioteca de Secundaria do CPI Viaño Pequeno de Trazo, por achegarme esta xoia de Singala e Blanco.

Advertisements

“Tuits” en galego!

Lois Pereiro foi onte un dos principais temas de conversación en Twitter en toda España. Convertiuse desde pola mañá no  que se denomina trending topic. Son temas ás veces forzados entre os internautas a base de mobilización, pero “Lois Pereiro” xurdiu sen calzador. Houbo quen, como @tmaricah, fartou do tema: “Sáeme Lois Pereiro polas orellas”.

SE QUERES SABER MÁIS, CLICA AQUÍ: ElPAÍS.com

17 maio. Día das Letras.

Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou en Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo, por iso PODO DECIDIR MILITAR NA MIÑA PROPIA LINGUA

LOIS PEREIRO

(Unidireccional, si, e irreversible. Ou bidireccional, pero imposible. Desde o pasado, cun mísero futuro, no avarento presente compartido, vanme construíndo un pozo de desexos e soños… Son un relato breve. O final está escrito, e todo o que vexo está sentenciado a sobrevivirme.)

Unidireccional, irreal e maino,

circulando nun único sentido,

o amor que me asaltou sen previo aviso

cando eu xa non quería defenderme.


Perverso, inofensivo e altruísta,

foi un placebo inocuo

administrado a un corpo xa vencido.

.

Desprezando o meu tempo en conta atrás,

ábrome e derramo a miña vida

nese amor feroz, calado, sen destino;

e o amor de sempre oculto e prohibido,

selado e transferido

en garantía

a quen xa non podía eternizarse

intentando evitarme inutilmente

nin seguir compartindo unha única sombra

ata o final.

____________

LOIS PEREIRO.

Poesía última de amor e enfermidade.

(Contra a morte!, o amor que vai comigo; contra o tempo que remata!, o voso tempo; contra o loito!, o desexo; contra o mundo!, unha bomba meditada; contra min! ser o mesmo que fun e que non era eu mesmo…)

Dos días que reserva para min o destino

cada unha das súas noites por vir

sería a derradeira

a única esencial

se puidese vivirte a ti tamén

trasnoitado sobre o teu corpo en calma

cohabitando os teus soños

sobrevivido á miña inexistencia

soñado nas túas noites

ou prorrogado en ti.

_____________

LOIS PEREIRO.

Poesía última de amor e enfermidade.

Versión musicada de Alexandro González e Uxía Senlle