TRANSMIGRACIÓN. Lois Pereiro, contra o esquecemento!

Esta enerxía xa non vai ter fin,

non foi creada nin será destruída.

Irá ocupando diferentes vidas,

transformándose en emocións alleas

tatuadas noutros corpos paralelos,

en simultáneas procesións

sen pausa.


Nun cálido universo apaixonado

voume dosificando con usura,

ata que chegue a hora de voltar,

canso e feliz,

ó punto de partida.

DECLARACIÓN. Na voz de Xurxo Souto, en youtube