Alalá da noite, a mellor canción en galego!

Berrogüeto recibiu onte o premio á mellor canción en Galego do ano, na XV edición dos Premios da Música.

A canción foi composta por Berrogüeto, pero a letra pertence a un poema de Manuel Rivas.


Eu non sabía que había
tanta alegría nas bágoas
nin neve nas
bidueiras
nin esperanza nas mágoas.


Eu de noite iría de noite,
no medio do temporal.
Ir de día á luz do día
dáme medo, miña nai.


No fondo do teu
ollare
unha gamela abanea.
Quen se poidera afogare
na ardora dunha misteira.


O que eu soño é verdade
como o silencio é un
falare.
Se roubei o teu retrato
foi pra aprender a mirare.


Advertisements

4 opiniones sobre “Alalá da noite, a mellor canción en galego!

  1. Cómo me gusta Berrogüetto! E canto me alegrei con esta noticia!
    Alalá da noite. Esta é a canción da que eu che falara, aquel día de non sei que mes… hehe! A min, é unha das que máis me gustan de Kosmogonias.

    Gústame

Comentarios pechados.