Lois Pereiro, contra o esquecemento!

Déixate devorar por quen te escolla

agora que es unha luz evadida

da escuridade que te tiña capturado.


Déixate devorar

e impide feramente

que te volva habitar e te contaxie

a túa latente sombra irrevocable.

Lois Pereiro. Poesía última de amor e enfermidade.

Advertisements

“Tuits” en galego!

Lois Pereiro foi onte un dos principais temas de conversación en Twitter en toda España. Convertiuse desde pola mañá no  que se denomina trending topic. Son temas ás veces forzados entre os internautas a base de mobilización, pero “Lois Pereiro” xurdiu sen calzador. Houbo quen, como @tmaricah, fartou do tema: “Sáeme Lois Pereiro polas orellas”.

SE QUERES SABER MÁIS, CLICA AQUÍ: ElPAÍS.com